NEW
Font size
WorksheetsRepaso de perífrases verbais
Total questions: 25
Worksheet time: 13mins
Indica o tipo de perífrase verbal que aparece en: Chegou a rematar o traballo a tempo
Modal Obriga
Aspectual terminativa
Aspectual perfectiva
Aspectual imperfectiva
Todos os rapaces viñeron a facer a mema pregunta
Aspectual imperfectiva
Aspectual terminativa
Aspectual perfectiva
Aspectual reiterativa
Que tipo de perífrase verbal aparece en:
- Que tal vas Brais?
- Pois...imos tirando.
Aspectual reiterativa
Aspetual perfectiva
Aspectual imperfectiva
Modal probabilidade
As perífrases verbais aspectuais imperfectivas indican
Acción que aínda segue a desenvolverse
Acción rematada
Acción a piques de suceder
Acción que se vai desenvolver nun futuro próximo
As perífrases temporais poden indicar
Acción que se realizará nun futuro.
Acción que se vai realizar agora
Ambas respostas son correctas
Acción que se desenvolveu nun pasado
A perífrase teño ido á súa casa varias veces é ...
Aspectual terminativa
Aspectual reiterativa
Aspectual perfectiva
Aspectual imperfectiva
A perífrase leva traballando nesa empresa toda a vida é...
Aspectual imperfectiva
Aspectual reiterativa
Aspectual perfectiva
Aspectual incoativa
Unha perífrase aspectual incoativa indica sempre:
O inicio da acción expresada polo verbo
O final da acción expresada polo verbo
O desenvolvemento da acción expresada polo verbo
Unha perífrase modal pode indicar
Obriga
Hipótese ou probabilidade
Ambas opcións son correctas
Entre as seguintes perífrases verbais cal non é aspectual perfectiva
Acabar + por + infinitivo
Dar + participio
Ter + participio
Ir + participio
As perífrases aspectuais imperfectivas caracterízanse por levar o verbo auxilado en...
Infinitivo
Xerundio
Participio
“Moitos deles andan a argallar algo estraño” contén unha perífrase
Aspectual imperfectiva
Aspectual terminativa
Aspectual perfectiva
Aspectual reiterativa
Que perífrase aparece en “ o premio foi entregado polo Patronato da Cultura.
Pasiva
Aspectual perfectiva
Aspectual pasiva
Aspctual terminativa
Indica o tipo de perífrase que aparece en. Temos que vernos axiña
Modal de probabilidade
Modal de obriga
Temporal de inminencia
Temporal de futuridade
Cando rompa a ferver a auga bótaslle as verzas!, leva unha perífrase
Aspectual incoativa
Aspectual perfectiva
Aspectual imperfectiva
Aspectual reiterativa
Na frase: deixou de fumar hai un ano, atopamos unha perífrase
Aspectual terminativa
Aspectual perfectiva
Aspectual reiterativa
Pasiva
Cal é a perífrase aspectual terminativa?
Acabar + por+ infinitivo
Deixar(se) + de + infinitivo
Dar + particicpio
Ir + infinitivo
Cal é a perífrase verbal galega temporal por excelencia
Ir + infinitivo
Ir + a + infinitivo
Querer + infinitivo
Saber + infinitivo
Cal non é perífrase verbal
Querer + infinitivo
Saber + infinitivo
Lograr + infinitivo
Todas as opcións son correctas, pois ningunha é perífrase verball
Entre as seguintes frases, hai unha que non leva perífrase verbal. Indica cal é
Vou falar con eles
Quería pedirche un favor
Acabou por confesalo todo
Segue insistindo no tema
Indica cal non é perífrase verbal
Logramos superar o noso propio récord
Estamos traballando no mesmo proxecto
Anda indagando as causas desa enfermidade
Non damos feito con tanto traballo
Nas seguintes frases cal non é perífrase verbal
Hei de velo despois
Andan a argallar algunha cousa
Están organizando unha festa
Dedícase a facer o parvo na clase
Cal non é perífrase?
Non saberá facelo neste momento
Hai que desculpalo sempre
Houbo caer ao río
Parece que quere saír o sol
En que frase a perífrase indica acción a piques de suceder
O mariñeiro houbo afogar no mar
O mariñeiro vai aforgar no mar
O mariñeiro estaba afogando no mar
A perífrase verbal aspectual perfectiva 100% galega é:
Dar + participio
Levar + participio
Ter + participio
Volver + infinitivo
