wayground logo

Free Printable Worksheets

NEW

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Repasamos a Idade Moderna

Total questions: 50

Worksheet time: 17mins

Name
Class
Date
1.

A Idade Moderna iníciase:

a)

Co descubrimento de América

b)

Coa Revolución Francesa

2.

A Idade Moderna empeza no ano 1492 e remata no:

a)

1879

b)

1789

3.

Cristovo Colón pensaba que:

a)

A terra era plana

b)

A terra era redonda

4.

Colón quería chegar a:

a)

Asia

b)

América

5.

América debe o seu nome a:

a)

Un navegante italiano (Américo Vespucio)

b)

Unha relixiosa privilexiada (Amén Rica)

6.

Cando Colón morreu sabía que descubrira América

a)

Verdadeiro

b)

Falso

7.

Os pobos precolombianos eran:

a)

Os que habitaban Asia

b)

Os que habitaban América

8.

Un dos pobos precolombianos son:

a)

Aztecas

b)

Apaches

9.

En América, os españois tardaron pouco en conquistar:

a)

As illas do Mar Caribe

b)

As illas do Mar do Norte

10.

Nos pobos conquistados impuxéronse as leis de

a)

Aragón

b)

Castela

11.

Os conquistadores impuxeron a lei musulmá

a)

Verdadeiro

b)

Falso

12.

O primeiro rei da Idade Moderna foi:

a)

Fernando de Aragón

b)

Filipe O fermoso

13.

Isabel a Católica era nai de:

a)

Carlos I

b)

Xoana A tola

14.

Carlos I foi coñecido como Carlos I de España e:

a)

II de Alemaña

b)

V de Alemaña

15.

As Comunidades e Xermanías foron:

a)

Rebelións

b)

Leis

16.

Carlos I pertencía á dinastía dos:

a)

Austrias

b)

Borbóns

17.

O segundo rei da primeira dinastía gobernante na Idade Moderna foi

a)

Carlos II

b)

Filipe II

18.

Filipe II converteuse tamén en rei de Portugal

a)

Verdadeiro

b)

Falso

19.

Filipe II crea unha armada chamada

a)

Invencible

b)

Inderrotable

20.

A pesar do seu nome, a armada creada por Filipe II foi derrotada.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

21.

As persoas de confianza que gobernaron en nome dos reis eran os:

a)

Vicerreis

b)

Validos

22.

O seu papel era velar polo cumprimento dos valores cristiáns.

a)

Inquisición

b)

Terzos

23.

Filipe III expulsou aos mouriscos que eran:

a)

Musulmáns convertidos á relixión cristiá

b)

Cristiáns convertidos á relixión musulmá

24.

A Guerra dos Trinta Anos prodúcese entre o 1618 e o:

a)

1648

b)

1638

25.

Durante o reinado de Filipe IV, consegue a súa independencia:

a)

Cataluña

b)

Portugal

26.

Carlos II convertese en rei con:

a)

4 anos

b)

18 anos

27.

Ao morrer Carlos II, último rei dos Austrias, o trono pasou ao seu fillo.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

28.

A Guerra de Sucesión produciuse para:

a)

Facerse co trono español

b)

Apropiarse do reinado de Portugal

29.

Os Borbóns instálanse en España despois de:

a)

Unhas vacacións.

b)

Unha guerra.

30.

O primeiro rei da dinastía dos Borbóns foi:

a)

Filipe V

b)

Fernando VI

31.

Filipe V estableceu un goberno:

a)

Aperturista

b)

Absolutista

32.

A lei sálica é a que obriga a falar en castelán.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

33.

Fernando VI impulsou numerosas:

a)

Obras públicas

b)

Guerras entre España e Francia

34.

Carlos III despreocupouse da agricultura, educación, industria e comercio.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

35.

O último rei da Idade Moderna foi

a)

Carlos IV

b)

Fernando VII

36.

Os comerciantes pertencían ao estamento

a)

Privilexiado

b)

Non privilexiado

37.

O estamento da xente común non pagaba impostos

a)

Verdadeiro

b)

Falso

38.

A base da economía na Idade Moderna era:

a)

Agricultura

b)

Artesanía

39.

As secas e inundacións melloraban as colleitas.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

40.

O humanismo é:

a)

Unha forma de pensar

b)

Un movemento artístico

41.

No humanismo o importante era:

a)

Deus

b)

O home

42.

O Renacemento é:

a)

Unha forma de pensar

b)

Un movemento artístico

43.

Nicolás Copérnico demostrou:

a)

A respiración pulmonar

b)

Que a Terra xira arredor do Sol

44.

Os humanistas tamén foron filósofos, astrónomos, médicos, físicos e artistas.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

45.

O Renacemento busca:

a)

Beleza ideal

b)

Beleza real

46.

Os artistas do Renacemento inspíranse:

a)

Na arte xudea e musulmá

b)

Na arte grega e romana

47.

O Barroco busca:

a)

Beleza ideal

b)

Beleza real

48.

O claroscuro é

a)

Contraste do blanco co negro

b)

Contraste das luces coas sombras

49.

En España, este século chámase Século de Ouro porque:

a)

Atopáronse grandes xacementos deste material

b)

Viviuse un grande esplendor artístico e literario

50.

A Ilustración é un movemento cultural que defende:

a)

Un mundo baseado na ciencia e razón

b)

Un mundo baseado na necesidade de debuxar (ilustrar) todo