WorksheetsLiteratura galega (1916 - 1936)
Total questions: 15
Worksheet time: 8mins
No ano 1916 en que fase da política galega nos encontramos?
Rexionalismo
Provincialismo
Caciquismo
Galeguismo/nacionalismo
A nivel estatal, en que situación política nos encontramos en 1916?
Ditadura de Privo de Rivera
II República
Restauración borbónica
Guerra Civil
En que día, mes, ano e lugar se crearon as Irmandades da Fala?
18 de maio de 1916 - A Coruña
17 de maio de 1916 - Lugo
14 de novembro de 1916 - A Coruña
18 de xullo de 1918 - Betanzos
Quen publicou na revista Estudios gallegos de Madrid un chamamento para crear unha organización a prol da lingua?
Vicente Risco
Antón Vilar Ponte
Os irmáns Vilar Ponte
Aurelio Ribalta
En que día, mes e ano se publica por primeira vez o xornal A Nosa Terra xa en versión monolingüe?
14 de novembro de 1916
18 de maio de 1916
14 de novembro de 1918
13 de outubro de 1917
De que organización será voceira a revista A Nosa Terra no ano 1934?
De Solidaridad Gallega
Das Irmandades da Fala
Do Partido Galeguista
Do Grupo Nós
Cando e onde se celebra a I Asemblea das Irmandades da Fala?
1918, Lugo
1917, Lugo
1918, Betanzos
1918, A Coruña
Cal é o tema principal do texto "A bandeira ergueita" de Antón Vilar Ponte?
A crítica ao Estado español e á raíña Isabel II.
A crítica a algúns dos integrantes das Irmandades da Fala.
A comparación entre as culturas galega e catalá.
O rexeitamento dos "rexionalistas de ocasión" e a reivindicación da fala e cultura galegas.
En que dúas tendencias se van dividir as Irmandades no ano 1921?
Na culturalista e na política.
Na de narradores e na de dramaturgos.
Na republicana e na monárquica
En ningunhas das anteriores
Quen será o líder da tendencia culturalista?
Otero Pedrayo
Antón Villar Ponte
Vicente Risco
O Grupo Nós
Como consecuencia da escisión das Irmandades en 1921, que nome recibiu a Irmandade dirixida por Risco?
Irmandade de Amigos da Fala
Irmandade Nazonalista Galega (I. N. G.)
Partido Galeguista
Solidaridad Gallega
Cal foi o labor máis importante das Irmandades da Fala?
A participación nas eleccións, aínda que perderon.
A creación da poesía galega, case inexistente naquel momento.
A introdución das vangardas europeas no sistema literario galego.
A renovación do sistema cultural, nomeadamente do literario
A quen lle corresponde o papel renovador da poesía nesta época
A Noriega Varela
A Antón Vilar Ponte
A Ramón Cabanillas
A Rosalía de Castro
Que obra e autor gañaron o certame de narrativa d'A Nosa Terra en 1918?
Os camiños da vida, de Otero Pedrayo
O porco de pé, de Vicente Risco.
O deputado por Veiramar, de López Abente.
Un ollo de vidro, de Castelao
Con que obra teatra debutou o Conservatorio Nazonal de Arte Gallego?
Donosiña, de Xaime Quintanilla
A man da Santiña, de Cabanillas
Os vellos non deben de namorarse, de Castelao
O mariscal, de Antón Vilar Ponte
