WorksheetsBASE MOLECULAR E FÍSICOQUIMICA DA VIDA II
Total questions: 36
Worksheet time: 18mins
Os aminoácido caracterízanse por:
Todos os aminoácidos forman parte de péptidos e proteínas
Os aminoácidos proteicos posúen un carbono alfa que é quiral na maioría deles
Presentan un grupo amino libre con carácter ácido
Presentan un grupo carboxilo con carácter básico
Os aminoácidos clasifícanse segundo a cadea lateral en catro grupos: (indica a opción incorrecta)
Neutros apolares: con grupo R non polar. A pH 7 a súa carga neta é 0.
Neutros polares: con grupo R polar con carga positiva ou negativa. A pH 7 a súa carga neta é 0.
Básicos: con grupo R de carga positiva, cun grupo amino ionizado. A pH 7 a súa carga neta é positiva.
Ácidos: con grupo R de carga negativa, cun grupo carboxilo ionizado. A pH 7 a súa carga énegativa.
Entre as propiedades dos aminoácidos figuran:
Baixa masa molecular e insolubles en auga
Cristalizable e punto de fusión baixo
Sólidos e sen actividade óptica
Estereoisomería e coportamento anfótero
O pH para o cal un aminoácido é un ión dipolar neutro, denomínase punto Isoeléctrico (pI).
Se o pH > pI, a carga neta do aminoácido é negativa xa que acepta electróns.
Se o pH < pI, a carga neta do aminoácido é positiva xa que cede protóns.
Se o pH > pI, a carga neta do aminoácido é negativa xa que cede protóns.
Se o pH < pI, a carga neta do aminoácido é positiva xa que cede electróns.
Sobre a isomería dos aminoácidos
Todos os aa proteicos presentan isomería
As formas D presentan o grupo amimo á esquerda
Os aminoácidos proteicos son formas L
As formas D son dextróxiras e as L son levóxiras
Sobre o enlace peptídico, indica a opción correcta
É un enlace tipo amida
Ten carácter parcial de dobre enlace (resonancia)
Os grupos carboxilo e amino quedan enposición trans
Todas son correctas
Na estrutura de hélice-alfa...
Os restos de aa rotan 100º respecto ao anterior de forma levóxira
Cada volta de hélice equivale a 3,6 aminoácidos
presenta abundncia de prolina
estabilízase mediante pontes de hidróxeno cada dous aa
A estrutura de conformación beta
É exclusiva de proteínas fibrosas
Carece de enlaces de hidróxeno
Estabilízase mediante forzas de Van der Waals
Presenta disposición paralela ou antiparalela asemellando unha lámina en zig-zag
A hélice de coláxeno
Está formada maioritariamente por prolina
Ten disposición dextróxira
Cada volta inclúe 5 residuos
presenta enlaces de hidróxeno intracatenarios
A estrutura terciaria de proteínas...
Estabilízase mediante enlaces entre aminoácidos próximos
A conformación fibrosa é soluble en auga
Está constituída por dominios
A conformación globular é típica de proteínas con función estrutural
Os enlaces que estabilizan a estrutura terciaria de proteínas son: (sinala a incorrecta)
Pontes de hidróxeno
Forzas de van der Waals
Interacción hidrofóbicas
Pontes disulfuro
Na estrutura cuaternaria de proteínas
prsenta subunidades denominadas protómeros
Os protómeros poden ser idénticos ou diferentes
Estabilízase mediante os mesmos enlaces que na estrutura terciaria
Todas son correctas
Na desnaturalizacón as proteínas...
Perden só a estrutura terciaria
É un proceso sempre irreversible
Pode orixinarse por factores químicos ou físicos
A proteína mantén a súa función
Sobre a solubilidade das proteínas
As globulares forman disolucións coloidais
As fibrosas forman una capa de solvatación
Forman disolucións verdadeiras
Depende da temperatura
A especificidade das proteínas
É a causa do rexeitamento de transplantes e transfusións
Ven determinada pola estrutura primaria, que condiciona o resto de estruturas
As proteínas homólogas realizan a mesma función en especies diferentes
Todas son correctas
Qué grupo ten un elemento discordante?
HDL-Mioglobina-Citocromos
Trombina-Fibrinóxeno-Inmunoglobulinas
VDL-Hemoglobina-Actina
Coláxeno-Histonas-Queratina
Qué proteína realiza función de reserva?
Pepsina
Elastina
Miosina
Ovoalbúmina
Cal é unha esferoproteína?
Fibrina
Elastina
Lactoalbúmina
Queratina
Sinala o par correcto heteroproteína-Grupo prostético
Fibrinóxeno-Glícido
Cromatina-Proteína
Hemoglobina-Lípido
Quilomicrón-Ácido fosfórico
Sobre as enzimas
Son biocatalizadores que aceleran as reccións químicas, entre 106 e 1014 veces
Actuan en condicións suaves de pH e temperatura
Presentan unha elevada especificade de reacción e substrato
Todas son correctas
Indica o par Grupo-Función incorrecto
Hidrolases-Rotura de enlaces mediante adición de H2O
Isomerases-Formación dun isómero do substrato
Ligases-Rotura non hidrolítica de enlaces
Transferases-Transferencia dun grupo funcional
Indica a opción correcta
As holoenzimas están formadas só por aminoácidos
As coenzimas están unidas debilmente ao apoenzima
As coenzimas poden ser cofactores ou ións metálicos
As isoenzimas son enzimas non activas
A función catalítica das enzimas consiste en: indica a opción incorrecta
Modificar o equilibrio da reacción
Diminuir a enerxía de activación
Non variar o signo nin a contía da enerxía libre
Reutilizarse unha vez finalizada a reacción
No centro activo da enzima hai
Aminoácidos de unión para manter a posición correcta do substrato
Aminoácidos catalíticos para transformar o substrato en produto
A e B son correctas
A e B son falsas
Sobre a cinética enzimática:
A velocidade de reacción aumenta de forma exponencial ata alcazar un valor máximo
O turnover define o mínimo número de moléculas de substrato que transforma por unidade de tempo
Unha Km elevado indica unha elevada afinidade enzima substrato
A Km pequenas precísase moito substrato para acadar a metade da velocidade máxima
Sobre a regulación enzimática
Os velenos teñen un efecto reversible
Os inhibidores non competitivos únense ao centro activo
Os inhibidores competitivos teñen unha conformación espacial diferente á do substrato
As enzimas alostéricas son regulados polo substrato ou polo produto da reacción
Son bases púricas...
Adenina-Citosina-Timina
Guanina-Uracilo-Adenina
Uracilo-Timina-Citosina
Timina-Guanina-Adenina
O enlace que une a pentosa e a base nitroxenada nos nucleósidos é...
O-glicosídico
Éster
N-glicosídico
Fosfodiéster
O ADN está presente en
O núcleo de células eucariotas
A matriz mitocondrial
O nucleoide de bacterias
Todas son correctas
Na estrutura primaria do ADN
O extremo 5´ está unido a un hidroxilo libre
Os nucleótidos únense mediante enlaces fosfodiéster
O extremo 3`está unido a un grupo fosfato
Todas son correctas
A estrutura do ADN de Watson e Crikc:
É unha dobre hélice de 3,4 nm de diámetro
É dextróxira e plectonémica
Hai complementariedade de bases A-G e C-T
En cada volta hai 12 pares de nucleótidos
As clases de ADN (sinala a opción incorrecta)
Son sempre bicatenarias
Poden ser lineais ou circulares
En espermatozoides está asociado a protaminas
En procariotas asóciase a proteínas similares a histonas
O ARN
É sempre monocatenario en case todos os organismos
Poden presentar bucles ou rexións complementarias
As rexións non complemetarias son forcas
Presenta desoxirribonucleótidos de A, G, U e C
O ARN mensaxeiro
É o máis abundante da célula
Nas células procariotas é monocistrónico
Nas células eucariotas é policistrónico
Ten unha vida curta,é destruído por ribonucleases
O ARN transferente
O extremo 5´únese ao aminoácido
O brazo D atópase o anticodón
Ten entre 70 e 90 nucleótidos
O brazo D únese ao ribosoma
Qué par é o incorrecto?
GTP-Transportador de enerxía
FAD-Segundo memsaxeiro
NAD-Transportador de electróns
CoA-Transportador de grupos acilo
