wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Proba Recuperación 1º avaliación Cuci 4º ESO

Total questions: 13

Worksheet time: 14mins

Name
Class
Date
1.

Con quen relacionarías a teoría heliocéntrica?

a)

Ptolomeo

b)

Copérnico

c)

Aristóteles

d)

Stephen Hawking

2.

O que diferenza a ciencia da pseudociencia é

a)

O uso de microscopios

b)

Que as ideas sexan defendidas ou non por científicos

c)

Que se aplique o método científico

d)

Que se cumpran as hipóteses

3.

A teoría xeocéntrica defendía

a)

Que a Terra era o centro do Universo

b)

Que a Terra xiraba arredor do Sol

c)

Unha Terra móbil no centro do Universo

d)

O Sol era o centro do Universo

4.

Durante a formación da Terra as capas da mesma (codia, manto, núcleo) organizáronse atendendo a

a)

Diferenzas de densidades dos materiais que as compoñen

b)

Diferenzas de temperaturas dos materiais que as compoñen

c)

o chou (azar)

d)

Non temos explicación científica

5.

Unha teoría científica é

a)

Algo que non está probado e que non permite facer predicións

b)

Algo comprobado moitas veces que nos permite facer predicións

c)

Unha hipótese

d)

Unha conclusión

6.

A Lúa formouse

a)

Ao mesmo tempo que todo o Universo

b)

Ao mesmo tempo que todo o Sistema Solar

c)

Ao mesmo tempo que a Terra

d)

Antes da formación da Terra

e)

Despois da formación da Terra

7.

Con que relacionarías esta frase?:

"O tempo non flúe igual para un obxecto (ou persoa) quieto que para un en movemento."

a)

A Teoría da Relatividade

b)

O Big Bang

c)

A radiación cósmica de fondo

d)

O desprazamento ao vermello

8.

Indica dúas ideas que che permitan rebatir o Terraplanismo

4 lines
9.

A "Enerxía escura"

a)

Provoca atracción entre a materia

b)

Está a separar as galaxias

c)

Deriva da materia escura

d)

Está demostrado que non existe

10.

Unha destas características NON é imprescindible para que un planeta sexa habitable

a)

A presenza de auga líquida

b)

A presenza dunha atmosfera

c)

Estar lonxe das explosións das Supernovas

d)

A presenza de osíxeno

11.

Que son as fontes de información primarias?

a)

As webs, os blogues...

b)

As revistas, xornais...

c)

Os medios de comunicación audiovisual

d)

Os artigos científicos, teses doutorais, congresos...

12.

Indica unha proba científica que demostre que as galaxias están afastándose unhas das outras

4 lines
13.

Por que adoita decirse que somos po de estrelas?

4 lines