Wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Que sabemos da nutrición?

Total questions: 35

Worksheet time: 18mins

Name
Class
Date
1.

Cales son as tres funcións vitais dos seres vivos?

a)

Nutrición, alimentación e reprodución

b)

Nutrición, relación e respiración

c)

Nutrición, relación e reprodución

d)

Alimentación, dixestión e excreción

2.

O noso corpo obtén a materia e a enerxía que necesita para realizar as tres funcións vitais mediante a...

a)

Circulación

b)

Nutrición

c)

Dixestión

d)

Relación

3.

Son sinónimos absolutos alimentación e nutrición?

a)

Si

b)

Non

4.

A nutrición é un proceso complexo que implica a realización de catro procesos/etapas:

a)

Dixestión, mastigación, relación e excreción

b)

Dixestión, respiración, circulación e excreción

c)

Dixestión, respiración, circulación e reprodución

d)

Inxestión, dixestión, sístole e diástole

5.

Os nutrientes proceden da transformación das substancias complexas dos alimentos noutras máis sinxelas.

a)

Falso

b)

Verdadeiro

6.

Aparato encargado de descompoñer en nutrientes os alimentos e as bebidas que tomamos para obter enerxía e materia:

a)

Excretor

b)

Respiratorio

c)

Circulatorio

d)

Dixestivo

7.

O 1º paso da dixestión dáse na boca: a mastigación; consiste en triturar cos dentes os alimentos para poder tragalos.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

8.

Ten unha función de defensa, xa que destrúe algunhas bacterias que están nos alimentos.

a)

A bile

b)

A saliva

c)

A lingua

9.

Resultante da trituración do alimento cos dentes mediante a mastigación e a mezcla coa saliva:

a)

Bile

b)

Quimo

c)

Bolo alimentario

d)

Quilo

10.

O bolo alimentario pasa a través da larinxe cara ao esófago.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

11.

O bolo alimentario pasa logo polo estómago e o intestino, tranformándose no proceso en...

a)

Quimo

b)

Quilo

12.

Quen se encarga de producir bile?

a)

O páncreas

b)

O colon

c)

O fígado

d)

O intestino

13.

Cara a onde verten os seus zumes o páncreas e o fígado, contribuíndo á dixestión do alimento?

a)

Intestino groso

b)

Intestino delgado

c)

Colon

d)

Ano

14.

Cando chega ao intestino delgado, o alimento transformouse no "quilo". O noso organismo xa pode captar os nutrientes.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

15.

As feces expúlsanse ao exterior a través do...

a)

Recto

b)

Ano

16.

As vías respiratorias son: o nariz, a farinxe, a larinxe, a traquea, os bronquios e os pulmóns.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

17.

A epiglote atópase na...

a)

Farinxe

b)

Larinxe

18.

Conduto que descende polo pescozo ata o tórax e se divide en dúas vías respiratorias (bronquios):

a)

Larinxe

b)

Farinxe

c)

Traquea

d)

Nariz

19.

O intercambio de gases ten lugar nos:

a)

Alvéolos

b)

Bronquios

c)

Bronquíolos

20.

No intercambio de gases...

a)

Cáptase dióxido de carbono e expúlsase osíxeno.

b)

Cáptase osíxeno e expúlsase dióxido de carbono.

21.

A ventilación pulmonar consta de dous movementos: a inspiración e a expiración.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

22.

O aparato circulatorio consta de:

a)

Sangue e corazón

b)

Corazón e vasos sanguíneos

c)

Sangue, corazón e vasos sanguíneos

23.

Do corazón saen as veas, que se dividen e forman capilares, que se unen para formar as arterias.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

24.

O corazón divídese en catro cavidades: dúas aurículas e dous ventrículos.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

25.

O corazón contráese e reláxase. Con que nome se coñece o movemento de contracción?

a)

Sístole

b)

Diástole

26.

Selecciona a afirmación correcta.

a)

A circulación no ser humano é completa, dobre e aberta.

b)

A circulación no ser humano é completa, dobre e pechada.

27.

O sangue é un tecido líquido de cor vermella formado por células que flotan nun líquido chamado...

a)

Plaqueta

b)

Glóbulo branco

c)

Glóbulo vermello

d)

Plasma

28.

Células que se encargan de transportar o osíxeno e o dióxido de carbono e proporcionan a cor vermella ao sangue.

a)

Glóbulos brancos

b)

Glóbulos vermellos

c)

Plaquetas

29.

Células encargadas de defender o noso corpo frente a axentes infecciosos.

a)

Glóbulos vermellos

b)

Plaquetas

c)

Glóbulos brancos

30.

Células implicadas na reparación de vasos sanguíneos danados.

a)

Plaquetas

b)

Glóbulos brancos

c)

Glóbulos vermellos

31.

Proceso polo que se eliminan as substancias de refugallo que producen as células.

a)

Depuración

b)

Desintoxicación

c)

Excreción

d)

Dixestión

32.

Os principais órganos excretores son:

a)

Os pulmóns

b)

As glándulas sudoríparas

c)

O fígado e os riles

d)

Todas as respostas son correctas

33.

Quen se encarga de eliminar o dióxido de carbono?

a)

Os riles

b)

O fígado

c)

Os pulmóns

d)

As glándulas sudoríparas

34.

Producen suor, líquido no que se eliminan substancias de refugallo e serve para regular a temperatura corporal.

a)

Glándulas sudoríparas

b)

Riles

c)

Pulmóns

d)

Fígado

35.

Órgano especializado en filtrar o sangue, formando parte do aparato urinario.

a)

Ril

b)

Fígado