NEW
Font size
WorksheetsA relación laboral
Total questions: 20
Worksheet time: 10mins
Para que un traballo sexa considerado relación laboral, ha de ter as seguintes características:
Voluntario, por conta allea, retribuído e dependente.
Obrigatorio, por conta allena, retribuído, subordinado e dependente.
Persoal, voluntario, por conta propia, retribuído, subordinado e dependiente.
Voluntario, por conta allea, retribuído, persoal e dependente.
Segundo o principio de xerarquía normativa, en que lugar se sitúan as leis orgánicas?
Inmediatamente a continuación do Dereito Comunitario.
Por debaixo da Constitución Española pero por enriba dos Tratados Internacionais.
Inmediatamente a continuación dos Convenios da OIT e dos Tratados Internacionais.
Por debaixo do Estatuto das persoas traballadoras pero por enriba do contrato de traballo.
Cal é a norma/lei básica aplicable no ámbito laboral e que deben respectar todas as relacións laborais?
A Lei Orgánica de Libertade Sindical.
A LeI de Procedemento Laboral.
A LeI Xeral da Seguridade Social.
A Lei do Estatuto das Persoas Traballadoras.
Un contrato de traballo pode establecer condicións de traballo:
Iguais ou mellores que o convenio colectivo.
Peores que as disposicións legais.
As que libremente acorden as partes, con independencia do que se estableza no convenio.
Está prohibido pactar condicións de trabajo no contrato.
Pode renunciar unha persoa traballadora aos dereitos recoñecidos no seu convenio colectivo?
Non, polo principio de irrenunciabilidade de dereitos.
Si, pero a cambio de cartos.
Sí, sempre, porque son dereitos persoais.
As veces, sempre que se trate de dereitos económicos e non laborais.
Das seguintes cal/es son relacións laborais?
Unha vendedora de pisos que só cobra comisión se vende, senón non cobra nada.
Unha voluntaria dunha ONG que acode no verán a colaborar coa organización
María, que aprobou as oposicións e xa é funcionaria.
Unha fontaneira traballa na empresa LImpiatodo e cobra un salario a final de mes.
Xoan quere ir traballar en lugar da súa irmá ao restaurante no que está contratada:
Non pode porque o traballo é persoal.
Si porque o traballo farao igual de ben.
Si pode, pero fáltalle a formación en Prevención de Riscos Laborais.
Ningunha das outras respostas son certas
Cal ou cales das seguintes relacións son relacións laborais especiais?
Xoan traballa no servizo do fogar familiar
María traballa como deportista profesional
Sergio é administrativo nunha empresa de transportes
As respostas a e b son certas
É traballador/a autónomo:
As persoas traballadoras maiores de 18 anos que desenvolvan unha actividade por conta allea.
O cónxuxe e familiares ata o segundo grao que colaboren na empresa da persoa autónoma e non sexan asalariados con contrato de traballo
Os profesionais que traballan por conta propia e están nun colexio profesional (un avogado, un médico #etc)
As respostas a e b son certas.
As respostas b e c son certas
A normativa europea:
Está por baixo da Constitucion Española.
Está por encima da Constitución Española
Só poden aplicarse en España se o Goberno está de acordo
Dereitos colectivos das persoas traballadoras son:
Dereito de ocupación efectiva.
Dereito de reunión.
Dereito ao descanso.
Dereito a solicitar ascensos.
Cal dos seguintes dereitos NON recolle a Constitución Española?:
Dereito ao traballo
Dereito á folga
Dereito a elixir traballo libremente
Dereito a ter un traballo ben pago
As faltas graves prescriben
A los seis meses desde que a empresa ten conocemento da súa comisión.
Aos 10 días desde que a empresa ten coñecemento da mesma.
Aos 20 días desde que a empresa ten coñecemento da mesma.
Aos 60 días desde que a empresa ten coñecemento da mesma.
No caso de non estar conforme cunha sanción imposta pola empresa, o prazo para reclamar contra a mesma é de
10 días hábiles
10 días naturais
20 días hábiles
20 días naturais
Indica que grupo dos seguintes fai referencia a dereitos colectivos da persoa traballadora:
O dereito de reunión e o de ocupación efectiva.
O dereito á integridade física e o de adopción de medidas de conflito colectivo.
O dereito á percepción puntual do traballo e o dereito a negociar convenios colectivos.
O dereito de folga e o dereito de libre sindicación.
Indica cal das seguintes normas NON É UNHA FONTE do dereito do traballo:
O código civil
A lei de prevención de riscos laborais
Un convenio da OIT
O Real Decreto Lei de Igualdade Retributiva
Cal das seguintes persoas é o teu pariente de 3º grado por afinidade?:
A túa avoa.
A túa prima.
A irmá da túa parella.
A tía da túa parella.
Cal das seguintes persoas NON DEBERÍA estar encadrada no Réxime de Persoas Traballadoras Autónomas?
A túa nai, coa que vives e que traballa no teu negocio os fins de semana.
.
A arquitecta, que traballa pola súa conta e está colexiada no Colexio Oficial de Arquitectura de Coruña.
Andrea, socia dunha empresa, na que tamén traballa e ten un 18% de accións.
Estívaliz, socia de Andrea, que tamén traballa na empresa, ten o 29% de acciones i é a xerenta.
Cal dos seguintes traballos está considerada unha relación excluída?
Os compoñentes de Vetusta Morla, que actuaron no Son do Camiño e en Portamérica.
Laura, que está facendo o MIR no Cunqueiro de Vigo.
Luis, que traballa na casa de Rebeca coidando aos pais desta e limpando.
Xulio, que aprobou as oposición o ano pasado e é enfermeiro no Hospital de Montecelo en Pontevedra.
O convenio colectivo é:
Unha Lei Ordinaria.
Un Acordo entre persoas traballadoras e empresarias ou os seus representantes sobre as condicións laborais dun sector ou dunha empresa.
Un Regulamento.
Un Real Decreto Lexislativo
