WorksheetsTradicións galegas do Nadal
Total questions: 20
Worksheet time: 10mins
Nome da árbore silvestre de follas brillantes, elípticas ou ovais, e froitos en forma de baga de cor vermella; típica do Nadal.
Ciprés
Castiñeiro
Acivro
Carballo
Figura lendaria galega que achega os agasallos ás nenas e nenos a noite do ano vello (ou a de Nadal)
San Nicolás
Apalpador
Papá Noel
San Xoán
Que entrega o Apalpador ás nenas e nenos?
Lambetadas
Castañas
Noces
Carbón
De onde se di que "baixa" o Apalpador?
Dos montes da zona de Santiago
Das devesas do Courel
Non se sabe onde vive
De Laponia
A cor da barba do Apalpador é...
loira
roxa
branca
negra
Cal é o complemento característico do Apalpador?
Tirantes
Anteollos
Gravata
Boina
Nome co que tamén é coñecido o Apalpador
Pandigueiro
Castañeiro
O vello
San Nicolás
Suposta profesión do Apalpador
Mestre
Carboeiro
Leñador
Pastor
Cea típica de Noiteboa en parte de Galiza
Lagostinos
Carne asada
Bacallau con coliflor ou repolo
Arroz con chícharos
Xantar típico do día de Nadal
Peixe
Carne
Pasta
Caldo
Tradición que consistía en limpar o lar (lareira) e acender un gran tronco que debía permanecer aceso até o Aninovo
Tizón (cepo de Nadal)
Cortizo de Nadal
Árbore ardente de Nadal
Belén
Canción popular de tema relixioso que se canta polo Nadal
Cantar de Reis
Panxoliña ou Nadaliña
Cantiño
Regueifa
Nome popular con que se coñecía o neno Xesús
Xoán
Manoel/Manoeliño
André
Xesusiño
Despois da cea de Noiteboa adoitábase...
Ir durmir
Contar historias
Asistir a misa
Saír ás prazas
Como se chama a misa que se celebra durante a Noiteboa?
Misa de defuntos
Misa de advento
Misa do galo
Misa do Neno
Na Noite Vella, en que se despide o ano, era costume en moitas aldeas...
Pór a remollo flores e plantas
Bañarse no mar
Facer fogueiras e saltar por riba para purificarse
Tender a roupa fóra para escorrentar os espíritos
Sobremesa típica do Nadal en Galiza
Turrón
Froitas
Torta
Compota de mazá ou pera
Nalgúns lugares, o Nadal é tempo de neve e esta cae en forma de...
Pingas
Folerpas
Gotas
Rachas
Nome que recibe tamén o mes de decembro
Mes vello
Nadal
Fin
Natal
Período de tempo de catro semanas que celebra a Igrexa antes do Nadal.
Coresma
Semana santa
Advento
Nadal
