NEW
Font size
WorksheetsCientíficas galegas (nivel principante) - CEIP Seara
Total questions: 10
Worksheet time: 3hrs 30mins
Isabel Zendal foi unha enfermeira que, hai máis de 200 anos, participou nunha expedición a América para espallar a vacina contra a variola.
Para que serven as vacinas?
Para protexernos das enfermidades
Para curarnos cando estamos enfermos
Para crecer máis rápido
Para ser máis listos
Ángeles Alvariño foi unha oceanógrafa que descubriu 22 novas especies de animais mariños. Era unha experta mundial no estudo do plancton, uns animais diminutos que viven no mar.
Cal destes animais se alimenta de plancton?
O tiburón branco
A balea azul
A gaivota amarela
O león marrón
Antonia Ferrín foi a primeira astrónoma galega. En 1940, comezou a estudar as estrelas no observatorio astronómico da Univerisidade de Santiago de Compostela.
Que forma teñen as estrelas?
Teñen cinco puntas.
Teñen seis puntas.
Son círculos.
Son esferas.
Ángela Ruíz Robles foi unha mestra e inventora galega. En 1949 inventou a Enciclopedia Mecánica, o primeiro libro electrónico.
Con que outro nome se coñecen os libros electrónicos?
Electrolibros
E-books
Bookys
Libros mecánicos
Manuela Barreiro foi a primeira farmacéutica de Galicia. Licenciouse en Farmacia no ano 1900 tras moitas dificultades e descriminacións.
Onde debemos tirar os medicamentos cando xa non os necesitamos?
Ao contenedor amarelo
Á basura normal
Ao composteiro
Ao contenedor da farmacia
Mar Capeáns foi a primeira muller española en traballar no CERN, o maior laboratorio de física do mundo. Este laboratorio atópase entre dous países europeos. Saberías dicir cales?
Entre Estados Unidos e Portugal
Entre Madagascar e China
Entre Suíza e Francia
Entre Italia e México
Tarsy Carballas é unha edafóloga galega. Estudia a relación entre as plantas e o solo no que habitan. Estudou os incendios forestais en Galicia e a forma de previlos.
Cal é o mes no que hai máis incendios forestais?
Xullo
Febreiro
Decembro
Marzo
Celia Brañas foi unha divulgadora científica. Foi impulsora da creación dunha estación de Bioloxía Mariña en Galicia, e tamén defendeu a ensinanza de cultura xeral ás mulleres.
Que estuda a Bioloxía Mariña?
A area da praia
Os seres vivos do mar
Os seres vivos do aire
As sereas
María Teresa Miras Portugal foi unha neuroquímica. Foi especialista no estudo das enfermidades do cerebro, e foi presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia.
Cantas neuronas cres que hai no cerebro?
80
8.000
800.000
8.000.000.000
María Wonenburger foi unha importante matemática galega. Estudou álgebra, unha rama das matemáticas que usa números, simbolos e letras para resolver operacións.
Cal é o valor de pi?
5.50
2.35
4.70
3.14
