Wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Examen Psicosocial

Total questions: 53

Worksheet time: 53mins

Name
Class
Date
1.

Na comunicación non verbal, entre os factores asociados ao comportamento, incluénse:

a)

Expresión facial

b)

Mirada e postura

c)

Postura e ton

2.

Na comunicación individual...

a)

... soamente interactúan un emisor e un receptor, é dicir, que a comunicación prodúcese de individuo a individuo

b)

... ocorre cando dúas persoas se comunican, ben sexa de forma verbal coma non verbal, expresando básicamente sentimentos

c)

... dase cando unha persoa se comunica consigo mesma (soliloquio)

3.

A medicina necesita a antropoloxía?

a)

Si, xa que estuda ao ser humano na súa totalidade, incluíndo aspectos biolóxicos e socioculturais

b)

Non, porque a antropoloxía só estuda características non biolóxicas como a cultura

c)

Non, porque é a ciencia que se encarga do estudo da vida social humana, dos seus grupos e sociedades

4.

Cales son os compoñentes organizativos que posibilitan que funcionen as sociedades?

a)

Mantemento da poboación, solidariedade de grupo, división de funcións e normas sociais

b)

División de funcions, perpetuación do sistema, solidariedade de grupo, normas sociais

c)

Mantemento da poboación, división de funcions na poboación, solidariedade de grupo e perpetuación do sistema

5.

En comunicación existen 3 tipos de barreiras, cales?

a)

Persoais, físicas e psicolóxicas

b)

Persoais, físicas e semánticas

c)

Persoais, físicas e lexicas

6.

En relación ás barreiras na comunicación, as barreiras persoais son as que poñen: 

a)

Tanto a persoa que emite coma a que recibe a mensaxe

b)

Só a persoa que emite a mensaxe

c)

Só a persoa que recibe a mensaxe

7.

Cales son os valores dos servicios/unidades de atención ás persoas usuarias (SAU)?

a)

Orientación á cidadanía e equidade, confidencialdade, participación, corresponsabilidade, sostenibilidade e asertividade

b)

Orientación á cidadanía e equidade, confidencialdade, participación, corresponsabilidade, sostenibilidade

c)

Confidencialdade, participación, corresponsabilidade, sostenibilidade e asertividade

8.

Qué é un manual de organización e funcionamento?

a)

Documento formal que elaboran as empresas para plasmar a organización que adoptaron e serve como guía para todo o persoal.

b)

Formulario que deben cubrir as persoas traballadoras dunha empresa para recoller os datos de cada traballador ou traballadora

c)

Ningunha das respostas anteriores é correcta

9.

A comunicación segundo o canal tecnolóxico pode ser:

a)

Telefónica

b)

Televisiva

c)

Ambas respostas son correctas

10.

A comunicación que ten a finalidade de informar a quen recibe a mensaxe dende a óptica periodística a través de diferentes medios de comunicación denomínase: 

a)

Publicitaria

b)

Periodística

c)

Educativa

11.

Cal é a definición correcta de qué é a información: 

a)

Todo dato que permite adquirir ou ampliar coñecementos sobre a persoa e a súa saúde

b)

Todo dato, en calquera que sexa a súa forma, clase ou tipo, que permite adquirir ou ampliar coñecementos sobre o estado físico e a saúde dunha persoa ou forma de preservala, coidala, mellorala e recuperala

c)

Todo dato verbal que mostra a forma de coidar, mellorar e recuperar a saúde

12.

Como comunicará o persoal médico ás persoas usuarias dos servizos de saúde a información?:

a)

De forma veraz, comprensible e adecuada ás necesidades da persoa usuaria, o cal lle axudará a tomar as decisións que estime máis convenientes

b)

Con termos clínicos e científicos

c)

De forma incompleta xa que o resto da información entrégase no informe de alta

13.

A linguaxe na comunicación asertiva exprésase  en: 

a)

Voz baixa, mirada cara  abaixo, ombreiros encollidos e movementos nerviosos

b)

Voz firme, relaxada, respectuosa e con contacto visual

c)

Voz alta, ton enfadado e actitude sumisa

14.

Qué é a  linguaxe?

a)

Sistema de comunicación que serve para que os seres humanos podamos expresar as nosas ideas, pensamentos, emocións e sentimentos a outros seres humanos

b)

Sistema de comunicación que serve como uso individual que cada persoa fai da lingua ou idioma

c)

Sistema de comunicación, formado por signos de tipo oral ou escrito que serve para que os seres humanos podamos expresar a nosa subxectividade, intensidade e os nosos desexos

15.

Cando a  comunicación non se leva a cabo de forma eficaz, como se denominan ditos factores?

a)

Barreiras para a interpretación  e comunicación

b)

Barreiras para a comunicación verbal

c)

Barreiras para a comunicación

16.

As habilidades persoais e sociais  refírense  ao conxunto de:

a)

Habilidades, condutas e pensamentos que permiten ás persoas construír a sua propia identidade e afrontar as demandas e os retos da vida

b)

Habilidades, condutas e estratexias que permiten ás persoas construír e valorar  a súa propia identidade, actuar competentemente, relacionarse satisfactoriamente cos demais membros do grupo e afrontar as demandas, os retos e as dificultades do traballo e da vida

c)

Habilidades, condutas, estratexias e pensamentos que permiten ás persoas construír e valorar a súa propia identidade, actuar competentemente, relacionarse satisfactoriamente cos demais membros do grupo e afrontar as demandas, os retos e  as dificultades do traballo e da vida

17.

Cal das seguintes afirmacións sobre a Lei Orgánica 1/1982, do 5 de maio é verdadeira: 

a)

Protexe, fronte a todo tipo de intromisións ilexítimas, o dereito fundamental á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe

b)

Centra a súa atención na vontade de humanización dos servizos sanitarios

c)

Dá lugar á creación dun sistema para a autonomía e atención á dependencia

18.

Quen ten dereito á asistencia sanitaria en España, segundo a Lei 16/2003 que foi modificada mediante a Real Decreto-lei 7/2018, do 27 de xullo:

a)

Só as persoas con nacionalidade española

b)

Todas as persoas con nacionalidade española e as persoas estranxeiras que teñan establecida a súa resicencia no territorio español

c)

Todas aquelas persoas, sen ter en conta a súa nacionalidade

19.

O silencio consideraríase unha forma de comunicación?

a)

Non, posto que si existe silencio non hai emisor, nin mensaxe, nin canle, nin receptor… o que imposibilita a comunicación

b)

Sí, ao igual que as expresións non verbais

c)

Sí, pero as expresións verbais non, xa que estas forman parte da linguaxe corporal e non interfiren nin forman parte no proceso da comunicación

20.

Que é a retroalimentación ou feedback?

a)

É a reacción ou resposta do receptor de maneira pasiva ou agresiva ao emisor unha vez se recibiu e se descodificou a mensaxe

b)

É a reacción ou resposta do emisor ao receptor unha vez se recibiu e se descodificou a mensaxe

c)

É a reacción ou resposta do receptor ao emisor unha vez se recibiu e se descodificou a mensaxe

21.

Segundo Umberto Eco, unha persoa comunicouse eficazmente cando: 

a)

Logrou transmitir un discurso acorde aos seus valores e ideais, convencendo á outra persoa a pensar do mesmo xeito que ela

b)

Logrou transmitir un discurso baseado nas súas ideas e propósitos sen obter ningún tipo de resposta da outra persoa

c)

Logrou transmitir as súas ideas e acadou os propósitos previstos dentro do discurso

22.

O que se buca nunha comunicación eficaz é:

a)

Que tódolos elementos da comunicación sexan coherentes á hora de dar a mensaxe

b)

Que se cumpran tódolos obxectivos da comunicación

c)

Que tódolos elementos da comunicación logren convencer á outra persoa

23.

Indica os factores que inflúen na relación “persoa usuaria-profesional sanitaria”:

a)

Identificar os elementos e tipos de comunicación; analizar os diferentes tipos de linguaxe; utilizar as habilidades persoais e sociais; coñecer as características da información; aplicar técnicas comunicativas; definir os principios básicos

b)

Identificar a identidade de ámbalas dúas partes; comprender os medos; ter unha comunicación recíproca

c)

O avance da tecnoloxía no ámbito da medicina; cambios sociais e culturais, cambios no sistema asistencial; características do profesional sanitario, características da persoa usuaria, influencia da familia

24.

Cal das seguintes é unha pauta recomendable para que a persoa usuaria dos servizos de saúde poña en práctica cando entabla conversa coa profesional sanitaria?:

a)

Ser clara á hora de explicar os síntomas polos cales acude a consulta; convén describir a realidade da maneira máis obxectiva posible

b)

Esaxerar os síntomas para recibir atención asistencial máis rapidamente

c)

Non darlle maior importancia aos nosos síntomas, rematarán pasando por si mesmos

25.

A estructura social é…

a)

A conformación dun patrón de estatus e de roles que se encontran interrelacionados e que as sociedades ou os grupos establecen nun periodo determinado, para formar un conxunto de relacións estables

b)

Conxunto de individuos que teñen un estatus e uns rangos con características similares entre sí, que están relacionados con os cánones de significación socia

c)

Ordenamento xerárquico relativamente permanente de estatus e de roles, nun sistema social

26.

Qué son as normas sociais?

a)

Son o conxunto de expectativas compartidas entre dous ou máis persoas, en relación con qué tipo de conduta é a mais apropiada socialmente

b)

Son leis e esquemas de pensamento que dirixen a conduta social, recoñecidas socialmente por toda a sociedade, que articulan a convivencia entre os grupos e as súas diferencias

c)

Son un  sistema no que as partes teñen unhas funcións que son esenciais para a persistencia, a extensión e o fortalécemento do todo, e por iso son independentes e están integrados dunha forma mais ou menos perfecta

27.

Que tipos de discapacidades pódense diferenciar?

a)

Físicas, sensoriais e psíquicas

b)

Estigmatizadas, ignorantes e orientadas

c)

Todas as opcións anteriores son correctas

28.

Qué é o que se coñece como “estigma”?

a)

É unha rama da ciencia que estudia como se distribúen a saúde e as enfermidades entre a poboación dunha sociedade determinada

b)

É unha marca asociada a estereotipos negativos que leva a facer unha distinción entre quenes o teñen e quenes non

c)

Excluír a unha persoa por que non te cae ben

29.

Respeto aos axiomas, indica cal das seguintes opcións é incorrecta:

a)

É posible non comunicar, non calquera conduta conleva un acto de comunicación

b)

O contido  é o que se transmite e a relación entre as persoas interlocutoras inflúe en cómo se interpreta a mensaxe

c)

Cada vez que interactuamos, filtramos a información en base ás nosas experiencias persoais e aprendizaxes

30.

En relación cos intercambios comunicacionais, cal é a afirmación correcta:

a)

Nos simétricos, as partes teñen una posición igualitaria

b)

Na complementaria existe unha unión de autoridade-seguidor que non ten que ser negativo mentres que sexa voluntario

c)

Ámbalas dúas respostas anteriores son correctas

31.

A figura do “paciente” e do “médico” foi cambiando ao longo das décadas. Como consecuencia deste cambio, como pasaron a ser teoricamente as relacións sanitarias?

a)

Verticais, colectivas e adaptadas

b)

Horizontais, colectivas e adaptadas

c)

Horizontais, individuais e inadaptadas

32.

Que deben garantir as unidades de atención ás persoas usuarias dos servizos de saúde?

a)

Que as demandas de información por parte das persoas, familias ou grupos sexan satisfeitas e ademais que lles sexan resoltas as súas dúbidas sobre os temas que lle competen a estas unidades

b)

Que a través dunha correcta orientación, estas persoas, familias ou grupos poidan acceder a outros servizos e recursos da administración relacionados

c)

As respostas A e B son correctas

33.

En que tres grandes áreas poderíanse clasificar as unidades de atención ás persoas usuarias nos centros sanitarios?

a)

Unidade de admisión e acceso, unidade de humanización e unidade de orientación social e familiar

b)

Unidade de admisión e acceso, unidade de humanización e unidade de prestacións administrativas

c)

Unidade  de documentación de persoas usuarias, unidade de humanización e unidade de prestacións administrativas

34.

O “Servizo de Atención ao Paciente” principalmente…

a)

Proporcionará información ás personas usuarias e ás súas familias sobre a organización do hospital, servizos dispoñibles, horarios de funcionamento e de visitas e outras actividades que poidan construír a axudarlles, facilitarlles e a mellorar a súa estancia nel

b)

Recollerá reclamacións por escrito

c)

Programará o traslado hospitalario

35.

Marca a resposta falsa respecto á calidade técnica:

a)

Que sexa unha persona experta en técnicas médico-sanitarias

b)

Que asuma o control das posibles complicacións

c)

Que non se enfronte aos problemas de forma lóxica e sensata

36.

Cal é o obxectivo da actividade sanitaria?

a)

Curar a enfermidade

b)

Mellorar a calidade de vida aliviando a dor

c)

Ámbalas dúas respostas anteriores son correctas

37.

As persoas que se deixan pisotear e manexar polas demais utilizan un estilo de comunicación:

a)

Pasivo

b)

Por señas

c)

Emocional

38.

A comunicación vertical dáse entre diferentes niveis ou posicións xerárquicas dentro dunha organización e na que…

a)

… existe a comunicación ascendente

b)

… existe a comunicación descendente

c)

Todas as respostas anteriores son correctas

39.

A que se chama degradación da comunicación:

a)

É a dificultade de acadar que o significado do que di a persoa que emite a mensaxe sexa o mesmo para este que para quen recibe a mensaxe

b)

Permite verificar o que a persona usuaria comprendeu da información recidiba, porque non sempre unha persoa actuando como receptora, capta a mensaxe tal e como o tiña quen a emite na súa mente

c)

É o deterioro que sofre a mensaxe desde a mente de quen emite a mensaxe ata que esta se entende e ponse en práctica pola persona que a recibe

40.

Cales son os dous tipos de comunicación dos que se adoita falar:

a)

Comunicación oral e escrita

b)

Comunicación verbal e non verbal

c)

Comunicación individual e colectiva

41.

En que se fixan as persoas usuarias cando son atendidas nun centro sanitario?

a)

A vestimenta

b)

A calidade de comunicación

c)

As tatuaxes

42.

De que nos serven as enquisas de satisfacción?

a)

Dannos unha medida obxectiva da valoración da calidade do servizo

b)

Desempeñan a función integrada da xestoría de usuarios e usuarias

c)

Necesítase saber se están facendo ben as cousas ou non

43.

Son requisitos das sociedades humanas…

a)

A solidariedade do grupo, a perpetuación do sistema, o mantemento da poboación e a división de funcións na poboación

b)

Especiación fisiolóxica, provisión de alimentos, perpetuación do sistema

c)

Perpetuación do sistema, mantemento das funcións e provisión de alimentos

44.

Que son as sociedades?

a)

Sistemas autosuficientes que comprenden tódalas formas de vida indispensables para a súa supervivencia

b)

Conxunto de persoas que teñen un estatus e uns rangos con características similares entre sí

c)

Termo xenérico que inclúe os aspectos negativos da interacción entre unha persoa e os  seus factores contextuales

45.

Como define a OMS a discapacidade:

a)

Termo xenérico que inclúe déficit, limitacións na actividade e restriccións na participación

b)

Termo xenérico que inclúe déficit, e limitacións na actividade, pero non restriccións na participación

c)

Termo xenérico que inclúe déficit, restriccións na participación pero non limitacións na actividade

46.

Indica o incorrecto sobre aspectos socialistas destacables que determinan a saúde da poboación son:

a)

As ideas sobre a saúde cambian co paso do tempo

b)

As persoas evalúan o seu estado de saúde en relación con outros

c)

O estado de saúde non garda relación coa desigualdade social

47.

Cal é a finalidade da protección dos dereitos das persoas usuarias dos servizos de saúde?

a)

Non violar ningún dos seus dereitos

b)

Que a relación entre profesionais e institucions sanitarias sexa eficaz para previr, protexer e promocionar a saúde e calidade das persoas usuarias

c)

Protexer a saúde das persoas usuarias

48.

Por que é importante ter un cadro de mando de indicadores?

a)

Para calcular a eficiencia do modelo de atención ás persoas usuarias

b)

Para medir a eficiencia do plan de atención ás persoas usuarias

c)

Para medir a eficacia do modelo e do plan de atención ás persoas usuarias

49.

Que área non está incluída na serie de dereitos que teñen as persoas usuarias dos servizos de saúde españois?

a)

Intimidade e confidencialidade

b)

Calidade e seguridade asistencial

c)

Gratituidade en todos os servicios sanitarios

50.

En qué artigo da nosa Constitución recoñécese o dereito a protección da saúde?

a)

Artículo 33

b)

Artículo 43

c)

Artículo 53

51.

Qué linguaxe está composta por xergas, é dicir, que son linguaxes que usan distintos grupos sociais e gremios profesionais e que varían respecto á lingua estándar. Pretende transmitir información non cunha finalidade teórica senón con finalidade práctica inmediata e específica:

a)

Linguaxe formal e linguaxe verbal

b)

Linguaxe técnico e científico

c)

Linguaxe vernácula e linguaxe egocéntrica

52.

As persoas usuarias dos servizos de saúde perciben a calidade dos servizos sanitarios a través de…

a)

Elementos ou variables tanxibles

b)

Elementos ou variables intanxibles

c)

Soamente do persoal

53.

A mediciña recolle unha serie de disciplinas científicas, todas orientadas a…

a)

O avance médico

b)

Ámbitos esenciais da existencia humana

c)

Atopar curas a enfermidades