wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

A Costitución e a poboación

Total questions: 40

Worksheet time: 23mins

Name
Class
Date
1.

A Constitución é...

a)

a lei suprema de España

b)

a lei que establece os dereitos, deberes e liberdades dos españois

c)

a lei que organiza os estado garantindo a división de poderes

d)

Todas son correctas.

2.

O feito de que os españois gocemos dun ensino gratuíto durante a Educación Primaria e a ESO é...

a)

un dereito

b)

unha liberdade

c)

un deber

3.

O actual rei de España chámase

a)

Felipe IV

b)

Felipe V

c)

Felipe VI

d)

Felipe VI, apodado "o fermoso".

4.

O rei...

a)

é o xefe do estado e das forzas armadas

b)

Todas son correctas.

c)

propón ao candidato a presidente do goberno

d)

representa a España

5.

O rei...

a)

é un cargo herdado e non vitalíceo

b)

escólleo o Congreso dos deputados

c)

é un cargo herdado e vitalíceo

d)

é un cargo destinado para homes

6.

Cantos poderes diferentes distingue a Constitución?

a)

Distingue 4: o poder lexilativo, executivo, xudicial e formal

b)

Distingue 3: o poder lexislativo, executivo e xudicial

c)

Distingue 5: o poder do Congreso, o poder do Senado, o dos Tribunais de xustiza e o dos dereitos e liberdades

d)

Distingue 6: o executivo, lexislativo, xudicial, comarcal, social e municipal.

7.

O poder lexislativo exérceno en España: ( pode haber varias opcións correctas)

a)

As Cortes Xerais

b)

O Congreso e o Senado

c)

A cámara alta e media

d)

ningunha é correcta.

8.

As Cortes Xerais... (varias son correctas.

a)

aproban os orzamentos

b)

aproban as leis

c)

escollen os deputados

d)

controlan o goberno

9.

O poder executivo en España está formado por...

a)

o presidente e os conselleiros escollidos por el

b)

o presidente e os ministros escollidos por el

c)

o presidente e os concelleiros escollidos por el

d)

o presidente e os ministros escollidos polas Cortes Xerais.

10.

As funcións do presidente, entre outras, son...

a)

representar a España, executar as leis e dirixir o Congreso.

b)

representar a España, executar as leis aprobadas polas Cortes Xerais e dirixir o goberno.

c)

representar ás Cortes Xerais, elaborar as leis e dirixir as Cortes Xerais.

d)

representar a España, executar as leis aprobadas polas Cortes Xerais e dirixir a política exterior.

11.

O poder xudicial en España está representado por... ( hai varias correctas)

a)

o Tribunal Constitucional

b)

O Tribunal Supremo

c)

O Tribunal Superior de Xustiza

d)

O Consello Xeral do Poder Xudicial

12.

O Consello Xeral do Poder Xudicial ... (varias son correctas)

a)

está formado por xuíces e xuristas

b)

debe renovarse cada 4 anos.

c)

debe renovarse cada 5 anos

d)

está formado por 20 membros

13.

O estado español é un estado descentralizado, e dicir,

a)

que o poder queda distribuído territorialmente en diferentes niveis de goberno con autonomía política, administrativa e económica.

b)

que o poder queda distribuído entre o goberno central, os autonómicos e os municipais con autonomía propia

c)

que o poder reside no pobo e os políticos non poden tomar decisións sen consultalas previamente

d)

o poder queda distribuído entre o presidente, os ministros, as Cortes Xerais e os tribunais de xustiza

14.

España está formada por

a)

17 comunidades autónomas

b)

17 comunidades e 2 cidades autónomas

c)

50 provincias

d)

57 provincias

15.

Os poder executivo nos municipios está representado por...

a)

o goberno municipal: alcalde + conselleiros

b)

as ordenanzas municipais

c)

o pleno municipal

d)

o goberno municipal: alcalde + concelleiros

16.

Os símbolos de España que recolle a Constitución son:

a)

o himno, o escudo e a bandeira

b)

o escudo e a bandeira

c)

Ningún dos anteriores e correcto

d)

Todas as opcións son correctas.

17.

A Constitución Española aprobouse en referendum o...

a)

28 de decembro de 1978

b)

6 de decembro de 1978

c)

6 de decembro de 1975

d)

6 de decembro de 1987

18.

O poder lexislativo en Galicia represéntao o ...

a)

Congreso

b)

Parlamento

c)

Diputación

d)

Pleno

19.

A lei que establece as institucións, os símbolos e organiza administrativamente Galicia chámase...

a)

Constitución de Autonomía

b)

Estado de Autonomía

c)

Estatuto de Autonomía

d)

Lei Xeral da Comunidade Autónoma

20.

O estatuto de Autonomía de Galicia aprobouse en...

a)

1978

b)

1981

c)

1980

d)

1982

21.

Entre outras, as funcións do Parlamento galego son...

a)

aprobar leis autonómicas

b)

controlar o goberno da Xunta

c)

aprobar orzamentos

d)

aprobar ordenanzas

22.

O número total de persoas que habita nun territorio chámase...

(a)  

23.

A ciencia que estuda a poboación chámase...

a)

demografía

b)

democracia

c)

ciencia poboacional

d)

pirámide poboacional

24.

O organismo oficial que estuda a evolución da poboación en España chámase...

a)

Instituto nativo de estatística

b)

Organización Nacional de Estatística

c)

Instituto Nacional de barística

d)

Instituto Nacional de Estatística

25.

Para analizar a evolución da poboación os expertos fíxanse...

a)

Nas defuncións e nas emigracións

b)

na natalidade, mortalidade e nas migracións

c)

na natalidade, mortalidade, emigración e inmigración

d)

nos datos do padrón, nos nacementos e nas defuncións.

26.

O cálculo demográfico que indica a idade media que poden acadar os indivíduos dunha poboación coñecémolo como...

a)

crecemento vexetativo.

b)

tasa de mortalidade

c)

tasa de natalidade

d)

esperanza de vida.

27.

A mortalidade é...

a)

a proporción entre o número de indivíduos que morren nunha poboación e o número de persoas que viven nese territorio.

b)

a proporción entre o número de indivíduos que nacen nunha poboación e o número de persoas que viven nese territorio.

c)

a proporción entre o número de indivíduos que morren nunha poboación e o número de persoas que nacen nese territorio.

28.

O documento público no que se relacionan as persoas residentes nun determinado termo municipal e outros datos relativos a elas chámase

(a)  

29.

En España viven máis de ...

a)

30 millóns de habitantes

b)

40 millóns de habitantes

c)

37 millóns de habitantes

d)

47 millóns de habitantes

30.

A natalidade é

a)

o número proporcional de nacementos dentro dunha poboación nun tempo determinado.

b)

o número de nenos que nacen cada ano.

c)

número proporcional de pasamentos que se producen nunha poboación nun tempo.

31.

A natalidade

a)

calcúlase dividindo nacementos/ nº poboación x 1000

b)

calcula o número de nacementos que se produce nunha poboación nun tempo.

c)

Todas as anteriores son correctas.

32.

O crecemento natural é...

a)

a diferencia entre nacementos e defuncións nun lugar e tempo determinados.

b)

a diferencia entre defuncións e nacementos nun lugar e tempo determinados.

c)

o período de tempo no que a herba medra moito.

33.

O censo...

a)

fai un reconto da poboación, das súas propiedades, estudos,...

b)

Realízase cada 10 anos mediante unha enquisa poboacional.

c)

permítenos coñecer as características sociais e demográficas da poboación.

d)

Todas son correctas.

34.

As migracións son...

a)

Son as persoas que chegan procedentes doutros lugares

b)

A saída das persoas a outros lugares.

c)

os movementos de poboación entre un lugar e outro.

d)

Ningunha das anteriores é correcta.

35.

As pirámides de poboación son gráficos que representan a poboación dun territorio distribuída por sexo e idade no tempo.

a)

Verdadeiro

b)

Falso

36.

As migracións soen estar relacionadas con...

a)

motivacións económicas, políticas e artísticas.

b)

motivacións turísticas.

c)

motivacións económicas, políticas e/ ou relixiosas.

d)

a moda que exista nun determinado momento.

37.

A poboación activa está formada ...

a)

polas persoas maiores de 20 anos que están preparadas para traballar.

b)

polas persoas maiores de 16 anos que poden traballar.

c)

por todos os habitantes do país

d)

polas persoas que buscan traballo.

38.

Dentro da poboación activa temos...

a)

a poboación ocupada que é a que están traballando e lle pagan por facelo.

b)

a poboación que está no paro e os que buscan traballo por primeira vez.

c)

As persoas que que traballan, as que están no paro e as amas de casa.

d)

a poboación ocupada e que cobra por facelo, os parados e os que buscan traballo por primeira vez.

39.

A poboación non activa ou inactiva

a)

está formada por xubilados, amas de casa, nenos/as e estudantes.

b)

está formada polas persoas que non queren traballar( ninis) e voluntarios.

c)

son as persoas que non poden traballar ou non reciben salario por facelo.

d)

Todas son correctas.

40.

Os factores que inflúen na distribución da poboación son...

a)

aspectos físicos como relevo ou distancia con respecto ao mar e económicos.

b)

a natalidade e a mortalidade.

c)

a emigración e a inmigración.

d)

Todas son correctas