Wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

CUESTIONARIO TEMA 3: ESTAMPACIÓN

Total questions: 20

Worksheet time: 20mins

Name
Class
Date
1.

A estampación efectúase case exclusivamente sobre...

a)

Tecidos e prendas

b)

Tecidos e fío

c)

Floca e prendas

d)

Prendas e fío

2.

A operación na que se aplica a pasta de estampar sobre o tecido, mantendo os perfís do motivo a estampar denomínase...

a)

Preparación

b)

Fixado

c)

Lavado

d)

Depositación

3.

Como se chama a sustancia dotada dun poder de hinchamento forte que aumenta a viscosidade da pasta de estampación?

a)

Pigmento

b)

Espesante

c)

Ligante

d)

Amoníaco

4.

As resinas acrílicas son un tipo de espesante...

a)

De emulsión

b)

Semisintético

c)

Sintético

d)

Natural

5.

Os espesantes de emulsión...

a)

Volatilízanse no termofixado

b)

Son obtidos da celulosa e modificados químicamente

c)

Coñécense na industria téxtil como resinas acrílicas

d)

Todas son correctas

6.

Os ligantes son substancias que permiten adherir os pigmentos á fibra de forma superficial en condicións de...

a)

Calor seco e un PH neutro

b)

Baixa temperatura e un PH ácido

c)

Calor seco e un PH alcalino

d)

Calor seco e un PH ácido

7.

A estampación con pigmentos empregando ligantes pode realizarse sobre...

a)

Fibras naturais e celulósicas

b)

Fibras sintéticas exclusivamente

c)

Fibras naturais exclusivamente

d)

Calquera tipo de fibra

8.

O amoníaco é un producto auxiliar que...

a)

Mantén a humidade das pastas de estampación

b)

Mellora o tacto dos tecidos estampados

c)

Axusta o pH da pasta de estampar

d)

Aumenta a viscosidade da pasta de estampar

9.

A urea é un producto auxiliar que...

a)

Mellora o tacto dos tecidos estampados

b)

Aumenta o brillo das estampacións

c)

Evita a formación de escuma

d)

Mantén a humidade da pasta de estampar

10.

A pasta branca composta por auga, espesante e produtos auxiliares denomínase...

a)

Pasta de estampación

b)

Espesante nai

c)

Pasta copaxe

d)

Pasta cor nai

11.

Mesturando diferentes pastas cor nai obtemos diferentes...

a)

Intensidades

b)

Matices

c)

Pastas copaxes

d)

Viscosidades

12.

A máquina que prepara as pastas de estampación denomínase...

a)

Semiautomática

b)

Cociña de cores

c)

Rame

d)

Colorímetro

13.

As técnicas de estampación máis usadas na produción industrial actual son...

a)

Serigrafía rotativa, estampación dixital e estampación devoré.

b)

Serigrafía rotativa, estampación dixital e estampación por transferencia.

c)

Serigrafía rotativa, estampación dixital e estampación por reserva.

d)

Serigrafía rotativa, estampación por transferencia e estampación por reserva.

14.

Como se denomina a técnica na que primeiro se estampa o tecido cunha pasta que evita que, ao tintar logo o tecido, o colorante se fixe nas zonas estampadas?

a)

Estampación por reserva

b)

Estampación devoré

c)

Estampación por corrosión

d)

Estampación con lacas

15.

Como se coñece a estampación artesanal na que se grava un motivo sobre unha placa de madeira, tinguindo o tecido mediante presión?

a)

Talla doce

b)

Intaglio

c)

Impresión xilográfica

d)

Estarcido

16.

O estampado Toile de Jouy é un exemplo de...

a)

Intaglio

b)

Impresión xilográfica

c)

Estampación devoré

d)

Estampación por reserva

17.

A estampación por transferencia realízase sobre fibras...

a)

Naturais

b)

Sintéticas

c)

Celulósicas

d)

Calquera tipo de fibra

18.

A estampación dixital...

a)

Utiliza plantillas planas

b)

É unha técnica ideal para tecidos compostos por fibras naturais

c)

Aplícase sobre tecidos compostos por dúas fibras

d)

É menos prexudicial para o medio ambiente

19.

Para a estampación de tecidos inestables e a estampación posicional utilízanse as máquinas...

a)

Planas (Semiautomáticas)

b)

Planas

(Automáticas)

c)

Rotativas

d)

Todas son correctas

20.

Cal das seguintes máquinas de estampación é máis rápida?

a)

Plana

(Automática)

b)

Plana

(Semiautomática)

c)

Rotativa

d)

a e b son correctas