wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Ecosistemas e ser humano

Total questions: 25

Worksheet time: 12mins

Name
Class
Date
1.

Que é o cambio climático?

a)

É a absorción da radiación ultravioleta

b)

É a consecuencia da emisión de residuos

c)

É a consecuencia da emisión de gases de efecto invernadoiro á exosfera

d)

É a consecuencia da emisión de gases de efecto invernadoiro á atmósfera

2.

Os recursos naturais...

a)

Son todos os recursos renovables dos que dispón o home.

b)

Son os que proporciona a natureza e o home usa.

c)

Son todos os recursos dispoñibles que o home crea.

d)

Son os que usa con exclusividade a flora e a fauna.

3.

Segundo a función do medio ambiente afectada, o impacto ambiental pode ser producido por:

a)

Aproveitamento de recursos naturais

b)

A ocupación do territorio

c)

A contaminación

d)

Todas son correctas

4.

De que é consecuencia o cambio climático?

a)

Emisión de gases de efecto invernadero

b)

Emisión de gases CFC

c)

Emisión de substancias radioactivas

d)

Por acumulación de substancias contaminantes

5.

Que conxunto de enerxías non son renovables?

a)

Gas natural, petróleo, eólica

b)

Hidroeléctrica, carbón, nuclear

c)

Nuclear, carbón, gas natural

d)

Eólica, hidroeléctrica, mareomotriz

6.

Que é o impacto ambiental?

a)

É toda alteración que non provoca un desequilibrio no medio ambiente, xa sexa de orixe natural, antrópico ou mixto.

b)

É toda alteración que provoca un equilibrio no medio ambiente, xa sexa de orixe natural, antrópico ou mixto.

c)

É toda alteración que provoca un desequilibrio no medio ambiente causado pola actividade humana.

d)

Todas falsas.

7.

Que é o desenvolvemento sostible?

a)

Modelo económico que non permite satisfacer as necesidades actuais sen comprometer os recursos das futuras xeracións

b)

Modelo económico que permite satisfacer as necesidades actuais sen comprometer os recursos das futuras xeracións

c)

Modelo económico que permite satisfacer as necesidades actuais comprometendo os recursos das futuras xeracións

d)

Todas correctas

8.

Ocorre pola destrución de hábitats, sobreexplotación dos recursos, extracción ilegal, introdución de especies exóticas e caza furtiva

a)

Perda de biodiversidade

b)

Cambio do nivel do mar

c)

Tratamento de lodos

d)

Forzamento radiativo

9.

Cal é a regra das 3 R?

a)

Reducir, Reutilizar, Recoller

b)

Reciclar, Reunir, Reutilizar

c)

Reducir, Reutilizar, Reciclar

10.

Por que é importante separar os residuos?

a)

A separación de residuos non marca ningunha diferenza no mundo

b)

Diminúese a xeración de residuos que van a vertedoiros sanitarios

c)

Diminúese o impacto ambiental sobre o solo e a auga

d)

Logramos aproveitar maior cantidade de residuos

11.

¿Que é reciclar?

a)

Material que producimos nas nosas actividades diarias e do que temos que desprendernos porque perdeu o seu valor ou deixamos de sentir útil para nós.

b)

Empregar un produto usado co mesmo fin co que foi deseñado orixinalmente

c)

Someter materiais usados ou desperdicios a un proceso de transformación ou aproveitamento para que poidan ser novamente utilizados.

d)

Diminuír a xeración de residuos, tanto en cantidade como en perigosidade.

12.

O desenvolvemento sostible baséase no equilibrio entre...

a)

Medio Ambiente, Sociedade e Economía.

b)

Economía, Sociedade e Sanidade.

c)

Sociedade, Sanidade e Cultura.

d)

Medio Ambiente, Cultura e Diñeiro.

13.

Son o plan mestre para conseguir un futuro sostible para todos en 2030

a)

Cambio Climático

b)

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

c)

Obxectivos Sostibles do Planeta

d)

Plan de París

14.

Cal é o significado da biodiversidade?

a)

Ciencia que estuda a orixe, formación e evolución da Terra

b)

Ciencia que estuda a estrutura dos seres vivos e dos seus procesos vitais.

c)

É a variedade de formas de vida no planeta.

d)

Ningunha correcta

15.

Cal é o principal factor da perda da biodiversidade?

a)

Os animais.

b)

O home.

c)

Os insectos.

d)

Todos son correctos

16.

Que efectos ten a perda da diversidade?

a)

extinción de animais

b)

falta de recursos naturais

c)

vulnerabilidade ante desastres naturais

d)

alteración no uso dos solos, contaminación, sobreexplotación

17.

Actividades que realizan os humanos que amenazan aos animais.

a)

Corte de árbores

b)

Caza furtiva de animais

c)

Pesca excesiva

d)

Todas as anteriores

18.

¿Cántos son os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)?

a)

13

b)

15

c)

17

d)

19

19.

Son áreas naturais protexidas polo alto valor ecolóxico, biolóxico, científico... xestionados polo estado.

a)

Parques Nacionais

b)

Reservas Nacionais

c)

Santuarios Nacionais

d)

Santuarios Históricos

20.

Indica cales son os efectos da sobreexplotación irracional:

a)

escaseza de recursos

b)

deforestación

c)

desratización

d)

seca

21.

Ao conxunto de actuacións que se levan a cabo para alcanzar un modelo de desenvolvemento sostible chámase:

a)

xestión ambiental sostible

b)

xestión de residuos

c)

xestión da sostibilidade

d)

xestión libre

22.

Indica cales foron os acordos internacionais medioambientais:

a)

Protocolo de Montreal

b)

Protocolo de Kioto

c)

Protocolo fantasma

d)

Protocolo de Washington

23.

Como afecta o cambio climático á natureza?

a)

A temperatura aumenta

b)

O nivel do mar sobe

c)

As plantas diminuen a produción de CO2

d)

Ningunha das anteriores

24.

Que é o efecto invernadoiro??

a)

É o aumento dos GEI na atmosfera terrestre

b)

É o proceso polo cal, a radiación térmica emitida pola superficie planetaria é absorbida polos gases que compoñen a atmosfera

c)

Os cambios que se presentaron no clima, por efecto do consumo de combustibles fósiles, despois da era industrial.

d)

Os efectos da actividade humana que alteran a composición da atmosfera mundial

25.

O cambio climático é.....

a)

O incremento das chuvias nos períodos de inverno

b)

O aumento dos Gases de Efecto Invernadoiro na atmosfera

c)

un cambio de clima atribuído directa ou indirectamente á actividade humana

d)

O incremento dos incendios forestais