wayground logo

Free Printable Worksheets

NEW

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Preguntas Exame IPE

Total questions: 20

Worksheet time: 10mins

Name
Class
Date
1.

En qué casos pode a empresa vixiar a situación sanitaria dun traballador?

a)

Cando o traballador chega tarde con frecuencia.

b)

Cando o traballador pide vacacións.

c)

Cando o traballador esté de baixa laboral por accidente ou enfermidade.

d)

Cando o traballador non rinda o suficiente no seu posto de traballo.

2.

Qué pode facer un traballador cando non está dacordo cunha sanción imposta pola empresa?

a)

Pedir ao sindicato que fale coa empresa.

b)

Acudir ao Xulgado do Social para que decida se a sanción é xusta.

c)

Presentar unha queixa ante o director da empresa.

d)

Deixar de traballar en sinal de protesta.

3.

Unha empresa establece un período de vacacións de 20 días para os seus traballadores, mentres que o convenio colectivo aplica un mínimo de 30 días. Está actuando a empresa correctamente?

a)

Si, a empresa pode ofrecer menos días de vacacións xa que é unha práctica común.

b)

Si, a empresa está cumprindo coa normativa xa que pode establecer calquera cantidade de días.

c)

Non, soamente podería rebaixar o período de vacacións ata 25 días, non menos.

d)

Non, a empresa debe axustar a súa oferta a un mínimo de 30 días, según o establecido no convenio colectivo.

4.

Os traballadores dunha empresa con sede en Vigo e Cádiz están afectados por un conflito laboral que implica a totalidade dos empregados. Onde deben reclamar?

a)

Xulgado do social (JS)

b)

Audiencia nacional (AN)

c)

Tribunal superior de xustiza (TSX)

d)

Tribunal supremo (TS)

5.

Ordea as fontes do dereito xerárquicamente.

a)

Directiva da UE. Estatuto de traballadores. Convenio colectivo. Contrato de traballo.

b)

Estatuto de traballadores. Convenio colectivo. Convenio da OIT. Costume local e profesional.

c)

Directiva da UE. Constitución.

d)

Directiva da UE. Constitución. Convenio da OIT. Estatuto de traballadores. Real Decreto. Convenio colectivo. Contrato de traballo. Costume local e profesional.

6.

Se o traballador non está conforme coa sanción que lle impoñen, ¿que prazo ten para reclamala?

a)

3 días.

b)

Un ano.

c)

20 días.

d)

6 meses.

7.

Respecto á historia do nacemento do Dereito do Traballo, é certo que:

a)

Na Idade Media os servos xa traballaban voluntariamente para o señor feudal.

b)

No século XIX, co contrato de arrendamento de servizos, os empresarios e traballadores non podían pactar libremente as condicións do contrato.

c)

O contrato de traballo nace cando o Estado intervén na relación de traballo e aproba unhas leis para protexer á parte máis débil que é o traballador.

8.

A primeira lei en España que regula o traballo infantil:

a)

É do ano 1763.

b)

Prohibía o traballo a menores de 10 anos.

c)

A xornada máxima para menores de entre 10 e 15 anos era de 9 horas ao día.

9.

Non é requisito para ser contrato de traballo:

a)

Que sexa un traballo voluntario, xa que ninguén está obrigado a firmar un contrato de traballo.

b)

Que sexa un traballo dependente das instrucións da empresa.

c)

Que o traballo sexa por conta propia, xa que non terá un salario fixo.

10.

Indica cal das seguintes situacións é unha relación laboral excluída:

a)

Axudar de forma esporádica nunha ONG.

b)

Ser conselleiro dunha SL ou dunha SA cando non realiza ningún traballo e só é socio.

c)

Os funcionarios.

d)

Todas son situacións laborais excluídas.

11.

No réxime de autónomos están incluídos:

a)

Os traballadores maiores de 18 anos que traballan por conta propia, como por exemplo quen ten un negocio e está á fronte del de forma habitual.

b)

O cónxuxe dun traballador autónomo que colabore no negocio deste, e que non teña un contrato de traballo.

c)

Un profesional que traballe por conta propia como un abogado.

d)

Todos se consideran traballadores autónomos.

12.

Unha Directiva da UE:

a)

É voluntaria aplicala en España.

b)

É unha norma mínima que España podería empeorar.

c)

A súa función é que as normas dos países da UE se parezan un pouco máis, aínda que non cheguen a ser idénticas.

13.

Un traballador que pactase no contrato unha condición peor para él que o que di o convenio:

a)

Estaría incumprindo o principio de norma mínima.

b)

Estaría incumprindo o principio de irrenunciabilidade de dereito.

c)

Estaría incumprindo o principio de "indubio pro operario".

14.

No convenio colectivo é certo que:

a)

Apróbanos os sindicatos nas súas reunións.

b)

Páctanos os sindicatos e empresarios ao negociar as condicións de traballo da empresa ou do sector.

c)

Ambas son certas.

15.

Non é un dereito individual dos traballadores:

a)

Escoller turno da empresa para estudar inglés nunha academia.

b)

Acudir a exames de estudos oficiais polo tempo necesario.

c)

A que o empresario lle proporcione traballo efectivo e non o teña que facer nada.

16.

Entre os deberes laborais non se atopa:

a)

Actuar de boa fe, traballando con honestidade na empresa.

b)

Contribuír a mellorar a produtividade da empresa, en canto á calidade e á cantidade do producido sexa mellor e maior.

c)

Aumentar a xornada laboral e renunciar aos descansos semanais co fin de que o traballo saia adiante.

17.

As ordes do empresario:

a)

Sempre hai que cumprilas.

b)

Cúmprense como norma xeral, salvo que o traballador poida resistirse porque non sexan legais, supoñan un risco de dano para o traballador ou afecten á súa vida privada ou á súa dignidade.

c)

Se non está de acordo non poderá reclamalas ante o Xulgado, é a súa obriga cumprilas ou ben resistirse, pero nunca reclamalas.

18.

En canto á vixianza sobre o traballo realizado polos traballadores:

a)

Poderánse poñer cámaras nos lugares de traballo e nas zonas de descanso para ver quen non volve ao traballo.

b)

As cámaras non poderán ter audio, só vídeo.

c)

Non é necesario informar previamente de que se instalaron as cámaras de vixianza.

19.

A empresa pode sancionar aos traballadores, para iso:

a)

Deberá consultar que faltas se consideran leves, graves e moi graves polo seu convenio colectivo.

b)

Sancionará aos traballadores aínda que pase un ano dende que se cometeu a falta; nunca prescriben as faltas.

c)

Poderá sancionar rebaixando o soldo ou o período de vacacións se a falta é considerada moi grave.

20.

Un traballador que queira interpor unha primeira demanda por motivos laborais deberá acudir en primeiro lugar:

a)

Sempre ao Tribunal Superior de Xustiza da súa comunidade autónoma.

b)

Á Audiencia Nacional, ao ser quen se ocupa destes asuntos.

c)

Ao Xulgado de lo Social, se se trata dunha demanda de ámbito provincial e non de ámbito superior.