Wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

E ti... ¿Que bo recepcionista de hotel eres?

Total questions: 18

Worksheet time: 9mins

Name
Class
Date
1.

Un bo recepcionista de hotel debe coñecer as diferentes áreas nas que se divide o seu traballo. ¿Saberías responder como se denominan técnicamente estas áreas principais de traballo?

a)

Front office e back office.

b)

Mostrador e oficina.

c)

Recepción e lobby.

d)

Todas as anteriores son correctas.

2.

Na xornada laboral do recepcionista de hotel hai diversidade de tarefas a desenvolver. Unha delas é o momento do check out, que coincide con:

a)

A chegada do hóspede ao establecemento.

b)

A despedida do hóspede.

c)

A facturación dos servizos prestados no establecemento.

d)

As respostas b e c son correctas.

3.

Escolle todas as función/tarefas que desenvolve un recepcionista no establecemento hoteleiro:

a)

Realizar bloqueos de habitación

b)

Limpar o lobby

c)

Dar información sobre o establecemento e as instalación e servizos dispoñibles no mesmo.

d)

Dar información sobre a contorna do establecemento, os lugares de interese e visita para os hóspedes.

e)

Facer cambios de moeda

4.

Os hoteis poden presentar características diferenciadas segundo a súa categoría, perfil de cliente, localización, etc. Si pensamos nun hotel urbano para clientes de negocios, ¿qué departamentos cres que SEMPRE forman parte da súa estrutura organizativa hoxe en día?

a)

Pisos

b)

Alimentación e bebidas

c)

Mantemento

d)

Recepción

e)

Limpeza

5.

Unha das principais tarefas do recepcionista é informar aos hóspedes sobre a contorna, os servizos, recursos turísticos e infraestructuras que poidan ser de interese para o visitante. O noso hotel Galicia Skills sitúase na Ribeira Sacra, polo que os nosos competidores deben coñecer de primeira man toda a información que rodea ao seu establecemento a fin de aportar a información máis completa que os nosos hóspedes poidan precisar sobre o destino turístico.. Onde se atopa xeograficamente a Ribeira Sacra?

a)

Entre Lugo e A Coruña

b)

Entre Lugo e Ourense

c)

Só en Ourense

d)

Na costa galega

6.

Cal dos seguintes ríos NON forma parte do territorio da Ribeira Sacra?

a)

Miño

b)

Sil

c)

Cabe

d)

Tambre

7.

A Ribeira Sacra é coñecida polo seu patrimonio...

a)

Industrial

b)

Modernista

c)

Relixioso románico

d)

Celtibérico

8.

Qué nome recibe o tipo de viticultura que se desenvolve maioritariamente na Ribeira Sacra?

a)

Viticultura tradicional

b)

Viticultura enolóxica

c)

Viticultura heroica

d)

Viticultura agrícola

9.

Cal destas características define os viños da Ribeira Sacra?

a)

Viños espumosos de altitude

b)

Viños doces de sobremesa

c)

Viños tintos e brancos cultivados en pendentes pronunciadas

d)

Viños industriais de gran escala

10.

Que artesanía é típica da Ribeira Sacra?

a)

Alfarería de Niñodaguia

b)

Cerámica de Sargadelos

c)

Alfarería de Buño

d)

Encaixe de Camariñas

11.

Cantos municipios conforman a Ribeira Sacra segundo datos oficiais?

a)

10 concellos

b)

15 concellos

c)

20 concellos

d)

26 concellos

12.

Cal é a capital da Ribeira Sacra?

a)

Ourense

b)

Sober

c)

Parada de Sil

d)

Monforte de Lemos

13.

Cantos paradores están localizados na Ribeira Sacra na actualidade?

a)

1 parador

b)

2 paradores

c)

3 paradores

d)

A Ribeira Sacra non dispón de establecementos hoteleiros coa categoría de “Parador”.

14.

Que aspecto é máis importante no primeiro contacto cun hóspede?

a)

Explicar as normas do hotel

b)

Completar rapidamente o check-in

c)

Crear unha primeira impresión cálida e profesional

d)

Preguntar polo método de pago

15.

¿Cales dos seguintes monasterios están localizados na Ribeira Sacra?

a)

Santo Estevo

b)

Santa María de Ribas de Sil

c)

Oseira

d)

Santa María de OIa

16.

Un hóspede se queixa porque a habitación non ten vistas ao mar, como prometía a súa reserva. ¿Que pasos segues?

a)

Disculparse e ignorar a queixa

b)

Verificar a reserva, ofrecer alternativa se é posible, e compensación se procede

c)

Disculparse e dicirlle que foi erro do cliente ao reservar

d)

Disculparse e remitilo directamente ao departamento de vendas

17.

¿Que elementos debe conter unha despedida profesional nun hotel de luxo?

a)

“Adeus, ata pronto”

b)

“Ata logo, que pase un bo día”

c)

Grazas por escollernos, esperamos volver velo/a pronto. Que teña unha excelente viaxe.”

d)

“Marche ben e ata pronto”

18.

Traduce esta frase ao inglés (nivel profesional): "O seu cuarto estará preparado en aproximadamente 30 minutos. Mentres tanto, pode agardar no lounge ou gozar dunha bebida no bar."

a)

Your room is in 30 minutes. Meanwhile you can take a drink in the lounge or in the bar.

b)

Your room won't ready until 30 minutes. Then, you must wait in the lounge or enjoy a drink at the bar.

c)

Your room will be ready in 30 miuntes. Meanwhile, you will wait in the lounge or taking a drink in the bar.

d)

Your room will be ready in approximately 30 minutes. In the meantime, you may wait in the lounge or enjoy a drink at the bar.