WorksheetsTema 2 - Sociais 6º: Climas e paisaxes da Terra (1ª parte)
Total questions: 20
Worksheet time: 10mins
No clima continental, as temperaturas…
Son moi frías no inverno e cálidas no verán
Son suaves todo o ano
Non cambian entre estacións
Sempre superan os 20 ºC
Que característica da vexetación da selva explica que chegue moi pouca luz ao chan?
A ausencia de árbores altas
As copas das árbores están moi separadas entre si
A presenza de árbores moi altas e copas preto unhas das outras que forman un teito denso
O chan está cuberto de neve que reflicte a luz
Localización da paisaxe oceánica.
Arredor do mar Mediterráneo
Polas costas occidentais de Europa e polas de América do Norte
En lugares afastados do mar no centro de Europa, Asia e América do Norte.
Entre os trópicos de Cáncer e Capricornio
Que valor ambiental importante teñen as selvas ?
Producen grandes cantidades de osíxeno que expulsan á atmosfera
Xeran desertización ao reducir a humidade
Baixan o nivel dos ríos ao absorber auga
Aumentan a contaminación do aire
Que animal do deserto pode sobrevivir días sen beber auga?
Dromedario
Hipopótamo
Cebra
Leopardo
Vexetación das zonas máis frías da paisaxe continental.
Estepa
Tundra
Taiga ou bosque boreal
Bosque mediterráneo
Landa
Onde se localizan as paisaxes temperadas?
Entre o ecuador e os trópicos
Entre os trópicos e os círculos polares
Só nos círculos polares
Unicamente na zona intertropical
No clima desértico, como son as precipitacións?
Abundantes e regulares
Moi escasas, por baixo de 250 mm
Concentradas no inverno
Sempre superiores aos 2.000 mm
No clima ecuatorial, como son as temperaturas?
Baixas todo o ano
Suaves e con moitas variacións
Con fortes contrastes entre día e noite
Cálidas, arredor de 25 ºC todo o ano
No clima de montaña, as precipitacións…
Son moi escasas
Son abundantes, a miúdo en forma de neve
Non existen
Vexetación das zonas máis cálidas da paisaxe continental.
Estepa
Tundra
Taiga ou bosque boreal
Bosque mediterráneo
Landa
Cal é un exemplo de animal herbívoro da sabana?
León
Guepardo
Xirafa
Crocodilo
Por que hai tan pouca vexetación nos desertos?
Porque o chan é demasiado fértil
Porque hai pouca luz solar
Porque hai moi pouca auga
Porque hai demasiadas plantas competindo
No clima polar, as temperaturas…
Son suaves incluso no inverno
Son as máis frías do planeta, ás veces por baixo dos –80 ºC
Son cálidas todo o ano
Son elevadas no verán
En que tipo de clima se sitúan as rexións onde aparece a sabana?
Clima polar
Clima mediterráneo
Clima tropical
Clima temperado oceánico
Terreo típico da zona polar formado por musgos e liques.
Estepa
Tundra
Taiga ou bosque boreal
Bosque mediterráneo
Landa
Onde vive, maioritariamente, a poboación da sabana?
Nas costas e nas beiras dos ríos
No medio da sabana
Nos cumes das montañas
No interior desértico
No clima tropical, as precipitacións…
Son inferiores a 2.000 mm e concéntranse nunha soa estación
Son moi escasas todo o ano
Son regulares todo o ano
Non hai estación seca
No clima de montaña, as temperaturas…
Son moi frías no inverno e frescas no verán
Son suaves sen cambios
Son cálidas todo o ano
Que está provocando a desertización da sabana?
O quecemento global e as actividades humanas
As baixas temperaturas
A falta de animais herbívoros
O exceso de choivas
