NEW
Font size
WorksheetsVOCABULARIO U.1 A ESCOLA
Total questions: 41
Worksheet time: 21mins
Instrumento para cortar que está constituído por dúas pezas , unidas en forma de aspa por un eixe, arredor do cal xiran ao seren accionadas.
Instrumento para escribir, debuxar ou pintar, formado por unha fina barra de grafito ou doutro material, recuberta por unha envoltura de madeira.
Instrumento con que se lles fai ou aguza a punta aos lapis.
Asento individual con respaldo, provisto ou non de brazos.
Materiales que se empregan para pintar.
Obxecto empregado para gardar o material escolar e outras cousas.
Conxunto de follas de papel, unidas de diversas formas, que se utilizan para escribir nelas.
Arxila branca que, entre outros usos, se emprega preparada en barriñas para escribir nalgunhas pizarras.
Instrumento en forma de listón longo e estreito que se utiliza para trazar liñas rectas.
Recipiente onde se tiran os papeis e outros obxectos que non teñen utilidade.
Ficheiro que serve para arquivar.
Instrumento que serve para grampar ou fixar grampas.
Establecemento onde se dá calquera tipo de ensinanzas e, en particular, centro de ensino primario.
Persoa que ensina.
Libro que contén palabras dunha lingua ordenadas alfabeticamente e acompañadas dunha definición ou doutro tipo de explicación.
Lugar por onde se accede a un sitio.
Peza feita nunha parede para deixar pasar a luz e o aire. Está formada por vidros suxeitos por un marco de madeira ou doutro material.
Obra de pintura ou debuxo, realizada en papel ou tea, xeralmente colocada nun marco.
Persoa que realiza algún tipo de actividade xunto con outra, pertence a unha mesma clase, equipo etc.
Narración de feitos fantásticos e aventuras que se contan por escrito.
Moble con ou sen portas, con varias pranchas de madeira ou doutro material colocadas horizontalmente a distintas alturas, que se usa para colocar libros ou outro tipo de obxectos.
folla ou lámina delgada feita cunha pasta obtida a partir de fibras vexetais, que se emprega no cuarto de baño.
Aparello electrónico cunha memoria de gran capacidade, que realiza con moita rapidez operacións de cálculo, clasificación, deseño, almacén de datos etc.
Estanque artificial de auga onde se pode un bañar, nadar ou practicar outros deportes acuáticos.
Sala ou cuarto onde se come.
Lugar da escola cun número elevado de libros destinados á lectura do público.
Local coas condicións e os aparellos adecuados para practicar ximnasia.
enriba - debaixo
Diante -detrás
Grande - pequeno
Dentro - fora
longo - curto
Desprazarse dando pasos.
Oír con atención.
Dirixir un saúdo a alguén.
Non dicir nada.
Manter un diálogo, unha conversa.
Facer adquirir a alguén o coñecemento ou a práctica dunha cousa.
Realizar certas actividades, convencionais ou improvisadas, unicamente para entreterse e divertirse.
Representar por medio dun debuxo.
Diferenciar as letras de que se compoñen as palabras dun texto, un idioma...
