Font size
WorksheetsTEMA 2: A NUTRICIÓN
Total questions: 82
Worksheet time: 42mins
O sistema dixestivo participa na nutrición cumprindo coas seguintes funcións:
a dixestión dos alimentos
a dixestión dos alimentos ata convertelos en nutrientes e a absorción dos nutrientes e da auga á circulación sanguínea
a dixestión dos alimentos ata convertelos en nutrientes
O sistema dixestivo está formado...
polo tubo dixestivo e as glándulas anexas
pola boca, farinxe, esófago, estómago, o intestino delgado, o intestino groso e o ano
polas glándulas salivares, o páncreas e o fígado
O tubo dixestivo é un conduto dunha lonxitude de...
2 - 3 metros
10 - 12 metros
4 - 6 metros
No tubo dixestivo existe tecido muscular, responsable dos ................, que impulsan os alimentos no seu percorrido
movementos intestinais
movementos estomacais
movementos peristálticos
Cales son as glándulas anexas?
O páncreas e o fígado
O páncreas, o fígado e os riles
As glándulas salivares, o páncreas e o fígado
As glándulas salivares, o páncreas, o fígado e os riles
A dentadura dun adulto consta de...
32 pezas: 6 incisivos, 6 caninos, 8 premolares e 12 molares
32 pezas: 8 incisivos, 4 caninos, 10 premolares e 10 molares
32 pezas: 6 incisivos, 4 caninos, 10 premolares e 12 molares
32 pezas: 8 incisivos, 4 caninos, 8 premolares e 12 molares
Na boca ten lugar a mastigación e a insalivación. O resultado é unha masa pastosa chamada...
bolo alimentario
quilo
quimo
masa alimentaria
A deglutición é o paso do bolo alimentario da boca ao estómago a través da...
larinxe e estómago
cardia
farinxe e do esófago
farinxe
Un anel muscular que regula o paso de substancias e que comunica o esófago co estómago chámase...
epiglote
sístole
cardia
esófago
No estómago ten lugar a dixestión estomacal grazas aos seus movementos e á secreción do...
zume estomacal
zume pancreático
zume gástrico
ácido pancreático
Como resultado da dixestión estomacal...
O bolo alimentario condénsase
O bolo alimentario transfórmase en quilo
O quimo transfórmase en quilo
O bolo alimentario transfórmase en quimo
Ao rematar a dixestión estomacal, o anel muscular situado á saída do estómago, o .................., ábrese para que o ................ pase ao intestino delgado
duodeno - quilo
píloro - quimo
duodeno - quimo
píloro - quilo
A dixestión intestinal realízase no intestino delgado pola acción de diferentes zumes dixestivos:
zume pancreático, bile e zume intestinal
zume pancreático e bile
zumes gástricos e pancreáticos
bile e zume intestinal
O zume pancreático é segregado polo .......; a bile é fabricada polo .............; o zume intestinal é producido por ...............
páncreas - intestino delgado - intestino groso
páncreas - fígado - intestino groso
páncreas - fígado - glándulas intestinais
páncreas - intestino groso - fígado
A bile, fabricada polo ........., é almacenada en/na .......
fígado - vesícula biliar
intestino delgado - estómago
estómago - vesícula
ril - vesícula biliar
Os zumes dixestivos (pancreático, bile e intestinal) transforman...
o quilo en quimo
o bolo alimentario en quimo
o quimo en quilo
o bolo alimentario en quilo
O intestino delgado presenta na súa parede interior numerosas dobras chamadas......... para aumentar a superficie pola que os nutrientes pasan ao sistema circulatorio
micropolosidades
capilares
capilares sanguíneos
dobreces
Os restos dos alimentos que non foron dixeridos continúan o seu percorrido a través do intestino .................... impulsos polos chamados ........................
intestino delgado - movementos intestinais
intestino delgado - movementos dixestivos
intestino groso - movementos peristálticos
A maior parte da auga que conteñen os restos dos alimentos é absorbida a través da parede do...
intestino groso
intestino delgado
micropolosidade
ano
Os últimos restos dos alimentos compáctanse e forman as ..................., que son eliminadas polo ano no momento da defecación logo de aproximadamente .....................
desfeitos - 2-4 horas
feces - 24-48 horas
alimentos - 6-8 horas
A gastrite é....
Unha inflamación do tecido que recobre o interior do estómago
Unha inflamación do fígado producida por un virus
Unha inflamación dos pulmóns
A hepatite é a inflamación do fígado causada...
na maioría dos casos pola infección dunha bacteria
na maioría dos casos pola infección dun virus
ningunha das anteriores opcións é correcta
Unha técnica na que se introduce unha sonda en determinados condutos ou órganos chámase...
exploración endoscópica
exploración nasogástrica
exploración estomacal
Os aparatos que constan dun tubo flexible que dispón dun sistema de iluminación e un sistema óptico capaz de transmitir imaxes, levan por nome...
a
sondas
espirómetros
b
O glute é un complexo de proteínas que se atopan nalgúns cereais como o trigo. Nas persoas con celiaquía, o glute provoca...
inflamación do intestino delgado cando se consume glute
a destrución das micropilosidades intestinais coa consecuente redución da absorción de nutrientes
inflamación de tubo dixestivo cando se consume glute
O sistema respiratorio...
incorpora osíxeno ao organismo e elimina outros gases do noso corpo
incorpora dióxido de carbono e elimina osíxeno do noso corpo
incorpora osíxeno ao organismo e elimina dióxido de carbono
As células utilizan o osíxeno para....
obter a enerxía que conteñen os alimentos
eliminar dióxido de carbono
obter a enerxía que conteñen os alimentos, como resultado das reaccións químicas que se levan a cabo prodúcese o dióxido de carbono (gas tóxico)
O sistema respiratorio está formado...
pola larinxe, tráquea, bronquios, bronquiolos e pulmóns
principalmente polos pulmóns
polas vías respiratorias e polos pulmóns
Unha serie de órganos en forma de tubo polos que circula o aire chámanse...
fosas nasais
farinxe
bronquios
vías respiratorias
Nas vías respiratorias pódense distinguir...
as fosas nasais, a farinxe, a larinxe, a traquea, os bronquios e os bronquíolos
as fosas nasais, a farinxe, a larinxe, a traquea, os bronquios e os pulmóns
as fosas nasais, a farinxe, a larinxe, e os pulmóns
as fosas nasais, a farinxe, a larinxe, a traquea e os bronquios
Dous órganos esponxosos con forma de saco situados no extremo inferior de cada un dos bronquios denomínanse...
alvéolos pulmonares
pulmóns
pleuras
bronquios
Os pulmóns están formados...
polos bronquíolos e multitude de alvéolos pulmonares
polos alvéolos pulmonares e infinidade de vasos sanguíneos
polas pleuras e polos alvéolos
pola caixa torácica e polas pleuras
Os pulmóns atópanse protexidos por...
alvéolos e pleura
pleura e esterno
pleura e caixa torácica
esterno e costelas
A caixa torácica está formada por...
esterno e alvéolos
costelas e pulmóns
pleuras e esterno
costelas e esterno
Os pulmóns............................................ acompasadamente grazas ás súas propiedades elásticas e ao movemento dos músculos situados entre as costelas
ábrense e péchanse
suben e baixan
dilátanse e contráense
Un músculo localizado na base da caixa torácica que intervén no movemento dos pulmóns chámase...
diafragma
músculo intercostal
pectoral
pleura
As cordas vocais, que interveñen na emisión e produción da voz, son unhas dobras musculosas, a través das cales pasa o aire, situadas no/na...
farinxe
tráquea
larinxe
esófago
Durante a respiración lévanse a cabo diversos procesos:
quecemento do aire e entrada deste pola larinxe
filtración do aire e entrada deste pola tráquea
filtración do aire, quecemento do aire e intercambio de gases
filtración e quecemento do aire
Durante a respiración, o intercambio de gases ten lugar nos vasos sanguíneos que recubren...
os alvéolos
a tráquea
os pulmóns
os capilares sanguíneos
Durante a respiración, o dióxido de carbono producido polas células que o sangue transportou ata os pulmóns sae dos ........................... e entra nos alvéolos
capilares
vasos sanguíneos
bronquíolos
alvéolos pulmonares
A sucesión dos movementos de entrada e saída de aire no noso organismo (inspiración e espiración) constitúe...
a respiración
o ritmo cardíaco
o intercambio de gases
o ritmo respiratorio
A inspiración e a espiración prodúcese cando...
o diafragma se contrae e se relaxa
o diafragma e os músculos intercostais se contraen e se relaxan
se realiza o intercambio de gases co exterior
o resto das opcións son incorrectas
A obstrucción ao paso do aire a través dos bronquios e dos bronquíolos, debido a inflamción da súa mucosa, constitúe...
a asma
a bronquite aguda
enfisema
A inflamación da mucosa que recobre os bronquios, debido a unha infección, con síntoma principal exceso de mucosidade e tose, é .....
bronquite aguda
asma bronquial
enfisema
O enfisema pulmonar é...
inflamación da mucosa dos bronquios
a retención do aire nos pulmóns por unha destrución da parede dos alvéolos, provocado xeralmente polo hábito de fumar
obstrución ao paso do aire dos bronquios e dos bronquíolos
A espirometría é...
unha proba que se realiza cando existe algunha alteración do sistema respiratorio
unha proba que se realiza cando existe unha gripe moi forte
unha proba que se realiza cando existe algún síntoma de pancreatite
A capacidade vital é...
a cantidade mínima de aire que se move a través do sistema respiratorio
a cantidade máxima de aire que se move a través do sistema respiratorio en condicións de máximo esforzo respiratorio
a cantidade máxima de aire que se pode mover no sistema respiratorio no caso dunha gripe
O sistema circulatorio está formado...
polos vasos sanguíneos, o corazón e o sangue
polo corazón, o sangue, as veas e os capilares
polo corazón, as arterias e os capilares
polo corazón e as arterias
Os vasos sanguíneos son...
as arterias e as veas
as arterias, as veas e os capilares
as arterias, as veas, os capilares e o corazón
As arterias son...
os vasos que saen do corazón para distribuír o sangue por todo o corpo
son ramificacións que conectan a ruta circulatoria arterial
os vasos que retornan o sangue ao corazón
As veas son...
os os vasos que retornan o sangue ao corazón
os vasos que saen do corazón
ramificacións que conectan o corazón coas distintas partes do noso corpo
As arterias e as veas están constituídas por...
dúas capas de tecido: epitelial e muscular
unha capa de tecido: epitelial
tres capas de tecido: epitelial, muscular e conxuntivo
As paredes das arterias son máis elásticas que as das veas xa que deben soportaqr a forza coa que o corazón impulsa o sangue
Verdadeiro
Falso
A circulación sanguínea produce a dilatación rítmica e intermitente das arterias, debido aos latexos do corazón
Isa dilatación chámase pulso arterial
Isa dilatación non é debida aos latexos do corazón
Mídese a dilatación nas veas, non nas arterias
O pulso arterial en repouso é en torno a 70 pulsacións/minuto
Realizando exercicio físico intenso pódese incrementar máis de seis veces
Realizando exercicio físico intenso pódese incrementar máis de tres veces
Realizando exercicio físico intenso pódese duplicar
O corazón é un órgano ....................... do tamaño dun puño, situado na parte esqueda do .......................
musculoso - tórax
miocardio - corpo
respiratorio - tórax
fibroso - corpo
O interior do corazón está dividido en catro cavidades: dúas inferiores ou .........................., e dúas superiores ou ........................
aurículas - ventrículos
pericardios - miocardios
ventrículos - aurículas
endocardios - pericardios
A aurícula esquerda e o ventrículo esquerdo comunícanse entre si pola...
válvula bicúspide
válvula tricúspide
válvula aorta
válvula mitral
A válvla tricúspide comunica....
a aurícula izquierda co ventrículo izquierdo
a aurícula dereita co ventrículo izquierdo
a aurícula dereita co ventrículo dereito
non aparece a opción correcta
Como se chama a comunicación entre as cavidades da parte izquierda e da parte dereita do corazón?
Non existe comunicación
Válvula mitral
Válvula bicúspide
Válvula tricúspide
O corazón está formado polas seguintes capas de tecido:
pericardio, miocardio e endocardio
pericardio e miocardio
miocardio e endocardio
miocardio
O miocardio...
ten función protectora do corazón ao ser a capa máis externa
é a capa de tecido muscular cardíaco responsable dos movementos do corazón
é unha capa de tecido epitelial que recubre o interior do corazón
A sístole e a díastole...
son as válvulas de comunicación entre os dous ventrículos
son os movementos do miocardio grazas aos cais o sague circula por todo o corpo impulsado polo corazón
son as válvulas de comunicación entre aurículas e ventrículos
son as válvulas de comunicación entre as dúas aurículas
A sístole e a diástole son os movementos de...
contracción do miocardio - relaxación do miocardio
relaxación do miocardio - contracción do miocardio
O sangue está formado por...
plasma e elementos celulares
eritrocitos, leucocitos e trombocitos
plasma e eritrocitos, leucocitos e trombocitos
glóbulos vermellos, glóbulos blancos e plaquetas
O plasma é...
un líquido polo que circulan os elementos celulares do sangue
un líquido composto por auga e diversas sustancias, como proteínas, lípidos... no que se atopan inmersos os elementos celulares
un líquido que intervén no proceso de coagulación
Cal é a función principal dos trombocitos?
destruir axentes infecciosos
transportar o osíxeno grazas a unha proteína
combater as infeccións
intervir nos procesos de coagulación
Cal é a función dos eritrocitos?
transportar o osíxeno grazas a unha proteína chamada hemoglobina
combatir as infeccións destruíndo os axentes infecciosos
intervir nos procesos que requiren coagulación
Cal é a función dos trombocitos?
transportar osíxeno
combatir infeccións
intervir na coagulación
Os elementos celulares chamados eritrocitos, leucocitos e trombocitos tamén se poden chamar...
glóbulos vermellos - glóbulos brancos - plaquetas
glóbulos brancos - glóbulos vermellos - plaquetas
plaquetas - glóbulos brancos - glóbulos vermellos
Na circulación maior...
o sangue percorre os órganos do noso corpo distribuíndo nutrientes e osíxeno
o sangue cargado de dióxido de carbono pasa da aurícula dereita ao ventrículo dereito
o sangue cargado de osíxeno é conducido polas veas pulmonares ata a aurícula esquerda do corazón
Na circulación menor...
o sangue distribúe osíxeno por todos os órganos do noso corpo
o sangue cargado de dióxido de carbono pasa da aurícula dereita ao ventrículo dereito e así vai cara os pulmóns
o sangue regresa á aurícula dereita do corazón a través das veas cavas
Un aumento anormal dos valores da tensión sanguínea, con dores de cabeza e vertixes, denomínase...
hipertensión arterial
aterosclerose
infarto de miocardio
A aterosclerose é...
unha inflamación das arterias
unha lesión dunha parte do músculo cardíaco
unha acumulación de colesterol nas paredes das arterias que dificulta a circulación do sangue
A lesión dunha parte do músculo cardíaco por obstrucción dalgunhas arterias que levan o sangue ao corazón chámase...
ataque ao corazón
infarto de pericario
infarto de miocardio
Cando se realiza unha análise de sangue, analízanse diferentes...
parámetros sanguíneos
valores do sangue
trastornos sanguíneos
O aparato urinario está formado por...
os riles, as vías urinarias, os uréteres e a vexiga urinaria
os riles e as vías urinarias
os riles, as vías urinarias, os uréteres, a vexiga urinaria e a uretra
Os riles conteñen un millón de ....................., encargados/as de forman a urina
nefronas
glomérulos renais
túbulos renais
Cada nefrona consta .................................., que é unha madeixa de capilares envoltos por ............................
glomérulo renal - cápsula de Bowman
túbulo renal - cápsula de Bowman
pirámide renal - cápsula de Bower
A hemodiálise é....
unha enfermidade que se produce por inflamación da vexiga urinaria
unha técnica médica que permite filtrar o sangue de persoas cuxos riles non funcionan correctamente
o trastorno dos riles por presenza de substancias de refugallo nela
A inflamación das paredes da vexiga urinaria debido a unha infección denomínase...
insuficiencia renal
glicosuria
cistite
O trastorno dos riles que produce deficiencias no filtrado do sangue, aumentando a presenza de substancias de refugallo nela, chámase...
insuficiencia renal
cistite
hemodiálise
