wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Etapas da Historia

Total questions: 47

Worksheet time: 30mins

Name
Class
Date
1.

Son un conxunto de materiais diversos (documentos, testemuñas obxectos...) que permiten transmitir un coñecemento total ou parcial dos feitos que aconteceron no pasado.

a)

FONTES HISTÓRICAS

b)

FONTES LITERARIAS

2.

As fontes históricas poden clasificarse en:

a)

Fontes escritas

b)

Fontes non escritas

c)

Fontes literarias

d)

Fontes narrativas

3.

O papel non se descubriu ata o ano 105 a.C.

a)

VERDADEIRO

b)

FALSO

4.

O papiro é...

a)

unha planta que crece nas beiras do río Nilo. Foi empregado con múltiples fins no antigo Exipto: alimento, materia prima para elaborar cestas ou roupa..., pero sobre todo foi o soporte esencial para a escritura.

b)

está elaborado coa pel dun animal, xeralmente tenreira, cabra ou ovella. A pel ponse a remollo, logo bótaselle cal para eliminar os restos de epidermis, evitar que apodreza e eliminar o pelo.

5.

O pergamiño ...

a)

está elaborado coa pel dun animal, xeralmente tenreira, cabra ou ovella. A pel ponse a remollo, logo bótaselle cal para eliminar os restos de epidermis, evitar que apodreza e eliminar o pelo. Finalmente procédese ao seu raspado e secado.

b)

é unha planta que crece nas beiras do río Nilo. Foi empregado con múltiples fins no antigo Exipto: alimento, materia prima para elaborar cestas ou roupa..., pero sobre todo foi o soporte esencial para a escritura.

6.

A historia serve para explicar o mundo que nos rodea grazas ao coñecemento do pasado, permitíndonos saber como chegamos á situación actual. Pero para coñecer ese pasado é preciso recompilar información de épocas anteriores. Iso é posible grazas ao achado de testemuñas e restos de calquera índole: son as...

a)

Salas de museos

b)

Documentais

c)

Fontes históricas

d)

Pictografías

7.

As fontes escritas son a base da Historia, por iso son moitos os historiadores que afirman que non existe un verdadeiro coñecemento sen a súa presenza.

Os soportes dos primeiros documentos escritos eran...

a)

O papiro

b)

Pranchas de ouro

c)

O pergamiño

d)

O papel

e)

Paneis de tela

8.

As fontes non escritas pertencen, sobre todo ao período anterior á aparición da escritura, e poden ser:

a)

Fontes materiais

b)

Fontes visuais

c)

Fontes de son

d)

Fontes orais

9.

A que período de tempo corresponde 1 lustro?

a)

Cada 2 anos

b)

A un grupo de 5 anos

c)

A un grupo de 10 anos

d)

A un grupo de 15 anos

10.

Escolle a definición correcta de "xeración"

a)

É o feito de xerar fontes históricas

b)

É o conxunto de obras de autores coñecidos

c)

É o conxunto de persoas famosas polas súas creacións artísticas que naceron ao redor dunha mesma data

d)

Son grupos de persoas que pensan igual

11.

Un destes perídodos NON corresponde coa PREHISTORIA...

a)

Paleolítico

b)

Neolítico

c)

Mesopotamia

d)

Idade dos metais

12.

Sinala os períodos pertencentes á IDADE ANTIGA:

a)

Mesopotamia

b)

Exipto

c)

Grecia

d)

Roma

e)

Islám

13.

Que quere decir que un pobo fora nómade?

a)

Que se establecían en zonas ricas

b)

Que non tiñan un lugar fixo onde vivir

c)

Que construían as súas casas

14.

Que gran descubrimento cambiou a forma de alimentación do home primitivo?

a)

a pesca

b)

a roda

c)

O lume

d)

O microondas

15.

Durante o Neolítico, as persoas fabricaban as súas ferramentas...

a)

Con pedra pulida.

b)

Con pedra tallada.

c)

Con metais fundidos.

16.

A Prehistoria é

a)

A etapa entre a aparición do home e a da escritura

b)

A etapa entre a aparición do home e a dos metais

c)

A etapa entre a aparición dos dinosaurios e a da escritura

17.

En que ano se produce aproximadamente a aparición da escritura?

a)

3.500 d.C

b)

Hai 3.500 anos

c)

3.500 a.C

d)

476 d.C

18.

En que tres grandes etapas se divide a Prehistoria?

a)

Paleolítico, Neolítico, Neanderthal

b)

Paleolítico, Neolítico, Idade dos Metais

c)

Paleolítico Inferior, Superior e Medio

d)

Paleolítico, Mesolítico, Neolítico

19.

A (a)   é un amplo período de tempo que se inicia coa aparición dos primeiros seres humanos e remata coa aparición da escritura (2,5 millóns de anos - 3500 a.C.).

20.

Os historiadores dividiron a Prehistoria en tres etapas segundo o material co que ditos utensilios foron fabricados:

a)

PALEOLÍTICO

b)

NEOLÍTICO

c)

IDADE dos METAIS

d)

IDADE do FERRO

e)

IDADE do BRONCE

21.

Paleolítico: esta etapa pode subdividirse en...

a)

Paleolítico inferior

b)

Paleolítico medio

c)

Paleolítico superior

22.

A (a)   é o período que abrangue dende a aparición da escritura (3500 a.C) ata a actualidade.

23.

As fontes empregadas para o estudo da Historia son moi variadas pero as máis destacadas son:

a)

As fontes escritas

b)

As fontes materiais

c)

As fontes orais

d)

As fontes iconográficas

24.

Aparecen os primeiros documentos escritos e desenvólvense grandes civilizacións en Mesopotamia, Exipto, Grecia e Roma. A sociedade organízabase xerarquicamente e adicábase principalmente á agricultura, ao comercio e á artesanía.

a)

Idade Antiga

b)

Idade Media

c)

Idade Moderna

d)

Idade Contemporánea

25.

Tras a caída do Imperio romano de Occidente, o territorio fragméntase en diferentes reinos, quedando na maioría dos casos baixo o dominio dos xermanos. O cristianismo convértese na relixión oficial e aparece unha nova organización social, baseada nas relacións de vasalaxe ou servidume, chamada feudalismo.

a)

Idade Media

b)

Idade Antiga

c)

Idade Moderna

d)

Idade Contemporánea

26.

Comeza co descubrimento de América e remata coa Revolución Francesa. É a época dos grandes descubrimentos, da aparición da imprenta e das guerras de relixión.

a)

Idade Media

b)

Idade Moderna

c)

Idade Contemporánea

d)

Idade Antiga

27.

Comeza coa Revolución francesa e chega ata a actualidade. Son moitos os acontecementos que se producen durante este período: ten lugar a revolución industrial, aparecen os grandes inventos e a tecnoloxía. Ademais, exténdense as formas democráticas de goberno.

a)

Idade Contemporánea

b)

Idade Moderna

c)

Idade Media

28.

Cal foi a etapa máis curta da historia?

(a)  

29.

Os (a)   son lugares que reúnen e custodian documentación de todas as épocas.

30.

Relaciona cada data coa etapa histórica á que pertence.

PREHISTORIA

a)

2.000.000 a.C. - 3500 a.C.

b)

3.500 a.C. - 476 a.C.

c)

1789 – 2015

d)

1492 - 1789

31.

Relaciona cada data coa etapa histórica á que pertence.

IDADE ANTIGA

a)

3.500 a.C. - 476 a.C.

b)

2.000.000 a.C. - 3500 a.C.

c)

1789 – 2015

d)

476 - 1.492

32.

Relaciona cada data coa etapa histórica á que pertence.

IDADE MEDIA

a)

476 - 1.492

b)

1492 - 1789

c)

1789 – 2015

33.

Relaciona cada data coa etapa histórica á que pertence.

IDADE MODERNA

a)

1492 - 1789

b)

476 - 1.492

c)

1789 – 2015

34.

Relaciona cada data coa etapa histórica á que pertence.

IDADE CONTEMPORÁNEA

a)

1789 – 2015

b)

1492 - 1789

c)

476 - 1.492

35.

As primeiras fontes escritas realizáronse nun soporte de arxila.

a)

VERDADEIRO

b)

FALSO

36.

As fontes primarias son as recollidas polo propio historiador..

a)

VERDADEIRO

b)

FALSO

37.

As fontes secundarias son aqueles restos materiais e escritos posteriores aos feitos.

a)

VERDADEIRO

b)

FALSO

38.

Era

a)

Período moi extenso delimitado por datas precisas, que serve para organizar e contar o tempo.

b)

Medición temporal imprecisa e subxectiva, na que o tempo se agrupa dacordo cun xeito de vivir, un acontecemento ou un movemento cultural, entre outras cousas.

39.

Época

a)

Medición temporal imprecisa e subxectiva, na que o tempo se agrupa dacordo cun xeito de vivir, un acontecemento ou un movemento cultural, entre outras cousas.

b)

Período moi extenso delimitado por datas precisas, que serve para organizar e contar o tempo.

40.

A Idade Contemporánea comprende dende 1789 ata a ...

(a)  

41.

A  Idade Moderna enténdese dende o descubrimento de América ata a  .............. ..................... en 1789.

(a)  

42.

O (a)   é o período da pedra nova ou pulida. Nesta etapa descóbrese a agricultura, a gandaría e a cerámica.

43.

A Idade de Pedra é o período da pedra antiga ou tallada e divídese á súa vez en períodos: (a)   (inferior, medio e superior), e Neolítico.

44.

A Prehistoria é o período que transcorre ata a invención da  (a)   hai uns 3000 anos, momento no que se considera que empeza a Historia.

45.

A Prehistoria divídese en Idade de Pedra e Idade dos (a)  

46.

A Historia abrangue desde...

a)

.. a aparición da escritura ata a actualidade.

b)

... a aparición da imprenta ata a actualidade.

c)

... a I Guerra Mundial ata a actualidade.

47.

Que acontecemento fai que o tempo histórico se divida en Prehistoria e Historia?

a)

Aparición da imprenta

b)

Aparición da escritura

c)

Aparición do ser humano

d)

Aparición das primeiras cidades