Wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

4º ESO - DIALECTOLOXÍA

Total questions: 20

Worksheet time: 9mins

Name
Class
Date
1.

O galego estándar...

a)

É a variedade de lingua máis correcta.

b)

É o que se debe falar en contextos formais.

c)

É unha variedade máis, consensuada polas institucións lingüísticas para mostrar a unidade lingüística dun territorio.

d)

É un invento.

2.

O galego da Arousa...

a)

É un dialecto.

b)

Unha variedade dialectal.

c)

Unha lingua.

d)

Un estándar.

3.

Indica cal das seguintes opcións é correcta.

a)

Unha lingua son as palabras do dicionario e as normas que establece a gramática.

b)

As reais academias das linguas son as que establecen o que é unha lingua.

c)

Unha lingua non é un conxunto de normas gramaticais estancas.

d)

A variación diatópica provoca que haxa linguas diferentes en países diferentes.

4.

Cales destes trazos se sitúan no bloque central?

a)

Gheada,pronome il, teísmo e pronome ti

b)

Seseo, cheísmo, plural en -is

c)

Pronome il, gheada, plural en -s

d)

Formación en -án (irmán), teísmo, seseo

5.

A Gheada é unha variante:

a)

Diacrónica

b)

Morfosintáctica

c)

Fonética

d)

Léxica

6.

Como se denominan os bloques lingüísticos de Galicia?

a)

Occidental, Oriental, Central

b)

Ocidental, Oriental e Central

c)

Oriental, Central e Meridional

d)

Occidental, Surcentral e Noriental

7.

Indica a que bloque pertence: "meu pai puxo as socas e foille dar ás ghaliñas"

a)

central

b)

occidental

c)

oriental

8.

Indica a que bloque pertence: "aló polo mil novecentos trinta e dous foise a Madrí, grandes comisiois"

a)

Central

b)

Oriental

c)

Occidental

9.

Son expresións propias da variedade xeográfica do bloque occidental ...

a)

amigho

b)

irmao

c)

camiois

d)

vesiño

10.

Son expresións propias da variedade xeográfica do bloque central ...

a)

ghato

b)

irmao/irmá

c)

pantalós

d)

zapato

11.

Son expresións propias da variedade xeográfica do bloque oriental...

a)

ghato

b)

irmao/irmá

c)

cais

d)

sapato

12.

Á pronuncia do son do c (ante e, i) e do z cun /s/ (sinco, des) chamámoslle ...

a)

seseo

b)

gheada

c)

castelanismo

d)

hiperenxebrismo

13.

Á pronuncia aspirada do fonema /g/ (ghato por gato) chamámoslle ...

a)

seseo

b)

gheada

c)

castelanismo

d)

hiperenxebrismo

14.
Que son as isoglosas?
a)
Liñas imaxinarias para sinalar as zonas horarias
b)
Liñas imaxinarias para sinalar as variedades linguísticas
15.

Pantalois e Camín , en que zona se dí?

a)
Bloque oriental
b)
Bloque central
c)
Bloque occidental
16.

Ghando e camiós, en que zona se di?

a)
Bloque occidental
b)
Bloque oriental
c)
Bloque central
17.

Son expresións propias da variedade xeográfica do bloque oriental...

a)

ghato

b)

vecíu

c)

cinturois

d)

sapato

18.

Son expresións propias da variedade xeográfica do bloque central ...

a)

ghato/gato

b)

chao

c)

cas

d)

dez

19.

Son expresións propias da variedade xeográfica do bloque occidental ...

a)

ghalegho

b)

irmao

c)

camiois

d)

moito

20.

Os factores que condicionan as variedades internas da lingua son catro:

a)

tempo, espazo, situación económica e profesión

b)

historia, cultura, situación económica e profesión

c)

tempo, nivel socio-cultural, situación de comunicación e zona xeográfica

d)

profesión, nivel socio-cultural, situación de comunicación e zona xeográfica