WorksheetsMF0347_2 Pelu
Total questions: 26
Worksheet time: 14mins
As pautas de comunicación co cliente son...
Escoitar
Preguntar
Observar
Todas son correctas
En canto ó aspecto profesional debemos ter en conta...
As unllas canto máis longas mellor
É importante poñer moitas xoias
É importante lavar o uniforme unha vez ó mes
As unllas longas poden ser incómodas para traballar
Que debemos facer ante a insatisfación dun cliente?
Evitar o conflito ou a discusión
Actuar con calma e educación
Tratar de solucionar os posibles erros
Todas son correctas
Debemos dispor de follas de reclamación
Que é a escoita activa na atención ó cliente?
Escoitar mentres se fai outra tarefa
Anotar todo o que di o cliente
Prestar atención total, comprender e responder con empatía
Escoitar só os aspectos negativos do cliente
Se temos un problema con unha/un compañeira/o de traballo, o que debemos facer é...
Non falar do tema e tentar que non volva suceder
Falar coa xefa e contarlle o que pasou
Falar entre nós en privado e tentar arranxar as cousas
Falar entre nós no medio do salón e tentar arranxar as cousas
Cal é o obxectivo principal da atención á/ó clienta/e?
Vender o maior número posible de produtos
Resolver conflitos internos da empresa
Satisfacer as necesidades e expectativas da/o clienta/e
Informar sobre os prezos dos produtos e servizos
Como se contestaría correctamente ó teléfono na perruquería?
Centro......, bos días, aténdelle ........, en que podo axudarlle?
Bos días, son ........., en que podo axudarlle?
Bos días, chamou ó centro......., que quería??
si? ola??
Indica que debemos ter sempre en conta á hora de dar unha cita na axenda
O tempo de espera da clienta e o seu nome
O tempo que dura o traballo, nome e teléfono da clienta
Nome e teléfono da clienta
Non fai falta apuntar á clienta na axenda se só ven peinar
É importante que a/o clienta/o non se sinta desatendida/o cando entra, si non nos podemos dirixir a el inmediatamente, facerlle un xesto para que saiba que o atenderemos en breve
Verdadeiro
Falso
Non debemos tratar de xeito diferente á clientela habitual da que nos visita por primeira vez
Verdadeiro
Falso
Ó falar de calidade poderíamos estar falando de...
A velocidade do servizo
A satisfacción do cliente
A cantidade de clientes atendidos
O prezo do corte
Por que a calidade se considera subxectiva?
Porque tódolos estilistas usan os mesmos produtos
Porque depende da percepción e expectativas de cada cliente
Porque só importa a rapidez do servizo
Porque sempre é igual para todos
As enquisas de satisfacción nunca deben ser anónimas
verdadeiro
falso
Se enumeramos as repeticións de compra ou o número de servizos dunha clienta estamos levando a cabo un método de....
Fidelización do cliente
Felicitación do cliente
Vinculación do cliente coa empresa
Traballo en equipo
As 5 C do traballo en equipo son, Comunicación, Cooperación, Coordinación, Confianza e...
Compromiso
Competencia
Conflicto
Creatividade
Cales dos seguintes factores inflúen na percepción da calidade dun servizo de perruquería?
Produtos usados e técnica do estilista
Atención ó cliente e ambiente do salón
Opinión de terceiros e tendencias de moda do cliente
Todas son correctas
A sustancia interior da célula, no cal se atopan tamén os orgánulos denomínase... (en minúsculas)
(a)
A sustancia interior da célula, no cal se atopan tamén os orgánulos, denomínase...
Membrana plasmática
Núcleo
Citoplasma
Mitocondria
O número de estratos da epiderme é...
6
5
4
3
Na pel, pelo e unllas atópase unha proteína que aporta dureza denominada....
Melanina
Elastina
Queratina
Hemoglobina
O pigmento natural que aporta color á pel, pelo e ollos denomínase...
queratina
melanina
melanocito
proteína
A pel é...
Un conxunto de céuluas
Un tecido
Un órgano
Un sistema
Indica cal das seguintes células está relacionada co sistema inmune na epiderme
Célula de Merkel
Fibrocito
Eritrocito
Célula de Langerhans
O tipo de células da epiderme que está relacionada coa percepción do tacto é...
As células de Merkel
As células de Langerhans
Os fibrocitos
Os queratinocitos
O estrato no cal as células da epiderme se nutren a través dos vasos sanguíneos da derme é ...
Estrato basal
Estrato granuloso
Estrato espinoso
Estrato córneo
Cal dos seguintes nomes non se corresponde co talo piloso
Médula
Cortex
Cutícula
Folículo
