wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Atmosfera e contaminación atmosférica

Total questions: 20

Worksheet time: 10mins

Name
Class
Date
1.
A orixe da atmosfera
a)
Comeza coa formación da Terra, hai 4600 millóns de anos
b)
Debeuse ao impacto de meteoritos que trouxeron aire do espazo
c)
Deu lugar a unha atmosfera moi parecida á actual
d)
Data de hai uns 2500 millóns de anos
2.
A composición do aire
a)
É dun 78% Nitróxeno, 21% Osíxeno, e un 1% outros gases
b)
É dun 78% Osíxeno, 21% Nitróxeno, e un 1% outros gases
c)
É dun 70% Nitróxeno, 20% Osíxeno, e 10% CO2
d)
É de Nitróxeno, osíxeno, CO2 e hidróxeno a partes iguais
3.
Se subimos a unha montaña cun globo inflado
a)
A presión atmosférica será maior arriba e fará que o globo estoupe
b)
A presión atmosférica será menor arriba e fará que o globo estoupe
c)
A presión atmosférica será menor arriba e fará que o globo se desinfle
d)
A presión atmosférica será maior arriba e fará que o globo se desinfle
4.
As capas da atmosfera son, da máis cercana á superficie da Terra á máis externa
a)
Exosfera, termosfera, mesosfera, estratosfera e troposfera
b)
Troposfera, estratosfera, mesosfera, termosfera e exosfera
c)
Troposfera, ozonosfera, mesosfera, ionosfera e exosfera
d)
Estratosfera, troposfera, mesosfera, termosfera e exosfera
5.
A temperatura conforme subimos na atmosfera
a)
Vai sempre baixando ata ser de moitos graos baixo cero
b)
Ten varias subidas e baixadas debido aos compoñentes de cada capa
c)
Vai sempre subindo ata acadar moitos graos a gran altura
d)
Varía pouco en torno aos cero graos centígrados a calquera altitude
6.
A capa de ozono
a)
Atópase na estratosfera
b)
Acada o seu máximo ao redor dos 20 km de altura
c)
Evita o paso das radiacións ultravioletas procedentes do Sol
d)
Todas son correctas
7.
Na estratosfera a temperatura é superior á da troposfera e á da mesosfera por mor da capa de ozono
a)
Verdadeiro
b)
Falso
8.
Cal destes datos é correcto sobre a troposfera?
a)
Contén a capa de ozono
b)
Ocorren nela os fenómenos meteorolóxicos
c)
Ten unha altura media de 25 km
d)
Todas son correctas
9.
A atmosfera posúe varias funcións vitais para a vida na Terra, que son:
a)
Protectora e termorreguladora
b)
Fotosintética e respiratoria
c)
Fotorreguladora e fototérmica
d)
Protectora e magnética
10.
O efecto invernadoiro
a)
É culpa do ser humano
b)
É un proceso natural
c)
Fai que a temperatura media do planeta sexa de 20ºC
d)
Consiste en que o calor é maior na Terra que na atmosfera
11.
O osíxeno da atmosfera
a)
Apareceu gracias á fotosíntese porque na atmosfera primitiva non o había
b)
Formou parte da atmosfera desde o principio
c)
É o gas máis abundante no aire
d)
É necesario para facer a fotosíntese
12.
Esta gráfica amosa a cantidade de CO2 que hai na atmosfera desde o ano 1000 d.C. Que é certo do que se di a continuación sobre a gráfica?
a)
A cantidade de CO2 non variou moito nestes 1000 anos
b)
A cantidade de CO2 aumentou moito desde o ano 1800 aproximadamente
c)
A cantidade de COestá baixando segundo avanzan os anos
d)
Non é a primeira vez desde o ano 1000 que o CO2 está cerca das 400 ppm (partes por millón)
13.
Nesta gráfica se ve a cantidade de CO2 e a variación de temperatura na Terra desde o ano 1000. Que é certo do que se di a continuación sobre ela?
a)
O aumento de temperatura e a cantidade de COna atmosfera non teñen ningunha relación entre eles
b)
Se ve un aumento da temperatura que vai parello ao aumento de CO2 na atmosfera
c)
A temperatura media na Terra nestes mil últimos anos estivo entre 14 e 15ºC
d)
A cantidade de CO2 na Terra estivo varias veces por riba das 400 ppm
14.
A chuvia ácida
a)
Posúe un pH menor de 5,5
b)
Pode deteriorar edificios e/ou monumentos
c)
Débese a liberación á atmosfera de óxidos de nitróxeno e xofre
d)
Todas son correctas
15.
A destrución da capa de ozono
a)
Débese a gases como o CO2 e o metano
b)
Produce un gran burato que se concentra sobre todo na Antártida en inverno
c)
É un problema que podería causar problemas nos edificios e construcións máis febles
d)
Débese á desaparición do ozono da troposfera
16.
Os gases de efecto invernadoiro (GEI)
a)
Son sobre todo o CO2 e o metano
b)
Provocan un aumento da radiación infravermella na superficie da Terra, o cal fai que esta se quente máis do normal
c)
Todas son correctas
d)
Proveñen de coches, industrias, produción de enerxía a partir de combustibles fósiles...
17.
A contaminación atmosférica
a)
Refírese aos gases contaminantes que se botan á atmosfera
b)
Tamén inclúe contaminación provocada polo ruido ou pola luz
c)
É causada sempre polo ser humano
d)
É un problema secundario tal e como están as cousas na Terra
18.
O smog
a)
Débese a partículas sólidas de moi pequeno tamaño que poden chegar a provocar graves problemas respiratorios
b)
Aparece en grandes cidades onde hai moitos coches e en días ou semanas de calor e pouco vento e chuvia
c)
Provén das palabras inglesas "smoke" e "fog", que veñen a significar algo así como "néboa tóxica"
d)
Todas son correctas
19.
O protocolo de Kyoto
a)
Foi un acordo mundial para frear o cambio climático
b)
Rematou en 2012 cun éxito absoluto porque o problema estase a solucionar
c)
Asinárono case todos os países do mundo, liderados polos máis contaminantes, como EEUU ou China
d)
Todas son correctas
20.
Unha medida que contribúe a reducir o cambio climático
a)
Pode ser empregar vehículos híbridos ou eléctricos
b)
Pode ser aplicar na nosa vida cotiá as "3R": reducir, reutilizar e reciclar
c)
Pode ser intentar ser máis eficiente no uso da electricidade na casa para non gastar tanta
d)
Todas son correctas