wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

ANIMAIS

Total questions: 39

Worksheet time: 20mins

Name
Class
Date
1.

Funcións vitais dos animais:

a)

Nutrición

b)

Relación

c)

Reprodución

d)

Niveis de organización

2.

Os fungos, a diferenza das plantas...

a)

non son capaces de fabricar o seu propio alimento.

b)

son capaces de fabricar o seu propio alimento.

3.

Seres vivos heterótrofos...

a)

Seres vivos que non son capaces de fabricar o seu propio alimento.

b)

Seres vivos que son capaces de fabricar o seu propio alimento.

4.

Os animais somos seres vivos...

a)

Pluricelulares

b)

Unicelulares

5.

A célula animal é un tipo de célula...

a)

Eucariota

b)

Procariota

6.

As células animais...

a)

teñen un núcleo ben definido, citoplasma, algúns orgánulos comúns e membrana plasmática.

b)

teñen un núcleo ben definido, citoplasma, cloroplastos, parede celular e membrana plasmática.

7.

Membrana plasmática:

a)

é unha envoltura fina que rodea á célula, a través da cal a célula intercambia substancias co medio que a rodea.

b)

a parte da célula situada entre o núcleo e a membrana plasmática. Inclúe un líquido viscoso denominado citosol e os orgánulos.

8.

Citoplasma:

a)

é a parte da célula situada entre o núcleo e a membrana plasmática. Inclúe un líquido viscoso denominado citosol e os orgánulos.

b)

é unha envoltura fina que rodea á célula, a través da cal a célula intercambia substancias co medio que a rodea.

9.

Orgánulos:

a)

son compartimentos situados no citoplasma que realizan funcións concretas. Destaca o núcleo, que está delimitado por unha membrana e contén a información para controlar o funcionamento celular.

b)

é unha envoltura fina que rodea á célula, a través da cal a célula intercambia substancias co medio que a rodea.

10.

Os tecidos animais:

a)

son un conxunto de células do mesmo tipo que se agrupan para realizar a mesma función.

b)

son compartimentos situados no citoplasma que realizan funcións concretas.

11.

Tecido epitelial:

a)

formado por células que se unen estreitamente para recubrir superficies corporais internas, como os vasos sanguíneos, ou externas, como a pel.

b)

ten unha función de soporte, que dá forma ás estruturas corporais e aos órganos, ao mesmo tempo que os protexe, os cohesiona e os illa.

12.

Tecido conxuntivo:

a)

ten unha función de soporte, que dá forma ás estruturas corporais e aos órganos, ao mesmo tempo que os protexe, os cohesiona e os illa.

b)

especializado en procesar información.

13.

Tecido muscular:

a)

formado por células que teñen a capacidade de contraerse e permiten o movemento de órganos e do propio animal.

b)

especializado en procesar información.

14.

Tecido nervioso:

a)

especializado en procesar información.

b)

formado por células que teñen a capacidade de contraerse e permiten o movemento de órganos e do propio animal.

15.

Un órgano está formado por...

a)

un grupo de tecidos que funcionan de modo coordinado para realizar unha función.

b)

un conxunto de células do mesmo tipo que se agrupan para realizar a mesma función.

16.

A función de nutrición...

a)

Supón a obtención de: materia e enerxía.

b)

Supón a perda de dióxido de carbono.

17.

A función de nutrición lévase a cabo mediante catro procesos:

a)

Dixestión

b)

Respiración

c)

Circulación

d)

Excreción

e)

Tonificación

18.

A captación do alimento, un paso previo á dixestión onde o animal pode empregar estratexias diferentes:

a)

Animais que se alimentan a través da pel.

b)

Animais filtradores.

c)

Animais que se alimentan de líquidos.

d)

Animais depredadores.

e)

Animais herbívoros.

19.

Algúns animais de pequeno tamaño que viven na auga ou en ambientes moi húmidos non teñen aparato respiratorio, xa que respiran pola pel (respiración cutánea).

a)

Verdadeiro

b)

Falso

20.

Órganos encargados de captar osíxeno e eliminar dióxido de carbono nos diferentes animais:

a)

Traqueas

b)

Branquias

c)

Pulmóns

d)

Glándulas anexas

21.

Traqueas:

a)

son condutos moi finos que se comunican co exterior a través dun pequeno orificio. Estes condutos ramifícanse para chegar a todas as células do corpo.

b)

son órganos con forma de saco, especializados no intercambio de gases, que aparecen nos vertebrados.

22.

Branquias:

a)

son órganos especializados no intercambio de gases. Poden estar no interior do corpo, como no caso dos peixes, ou verse externamente, como en moitos vermes mariños.

b)

son condutos moi finos que se comunican co exterior a través dun pequeno orificio. Estes condutos ramifícanse para chegar a todas as células do corpo.

23.

Insectos e outros artrópodos terrestres respiran por...

a)

TRAQUEAS

b)

BRANQUIAS

24.

Peixes e vermes mariños respiran por...

a)

Branquias

b)

Traqueas

25.

O caso dos anfibios é peculiar...

a)

os adultos respiran por pulmóns mentres que as crías fano por branquias.

b)

as crías respiran por pulmóns mentres que os adultos fano por branquias.

26.

A circulación...

a)

é un proceso mediante o cal se distribúen as substancias que as células necesitan para vivir e, ao mesmo tempo, recóllense as substancias de refugallo que xeran.

b)

é o encargado de captar o osíxeno do ambiente e de expulsar o dióxido de carbono, é dicir, realiza o intercambio de gases.

27.

Órgano que ten a capacidade de contraerse para impulsar o sangue.

a)

O corazón

b)

Vaso sanguíneo

28.

Na función de relación implícanse:

a)

Órganos sensoriais

b)

Sistema nervioso

c)

Órganos efectores

d)

Órganos elementais

29.

Órganos sensoriais:

a)

son órganos encargados de recibir os estímulos.

b)

son os encargados de executar a resposta.

30.

Órganos efectores:

a)

son os encargados de executar a resposta.

b)

son órganos encargados de recibir os estímulos.

31.

É o encargado de procesar a información para elaborar unha resposta axeitada a cada estímulo.

a)

Sistema nervioso

b)

Sistema circulatorio

c)

Sistema respiratorio

32.

Os órganos efectores

a)

son os encargados de executar a resposta que o sistema nervioso elaborou.

b)

on órganos encargados de recibir os estímulos.

33.

Nos animais distínguense dous tipos de reprodución:

a)

Asexual e sexual.

b)

Asexual e inusual.

34.

Reprodución asexual:

a)

un proxenitor que dá lugar a un novo individuo exactamente igual a el, a partir dunha zona do seu corpo que se divide activamente.

b)

é necesaria a intervención de dous proxenitores.

35.

Reprodución sexual:

a)

É necesaria a intervención de dous proxenitores, un macho e unha femia. Cada un deles produce un tipo de células especializadas na reprodución, os gametos: óvulo no caso das femias e espermatozoide, no dos machos.

b)

Intervén un proxenitor que dá lugar a un novo individuo exactamente igual a el, a partir dunha zona do seu corpo que se divide activamente.

36.

Os animais posúen órganos especializados na produción de gametos

a)

GÓNADAS

b)

FÍGADOS

c)

PÁNCREAS

37.

A fecundación pode ser de dous tipos:

a)

Externa e interna.

b)

Sexual e asexual.

38.

Fecundación externa:

a)

ocorre fóra do corpo do animal, como acontece en peixes e en moitos invertebrados. Só se pode producir na auga ou en medios moi húmidos, xa que os espermatozoides necesitan un medio no que poder moverse ata acadaren o óvulo.

b)

ocorre no interior do corpo do animal, como no caso de mamíferos, aves e insectos. Para depositaren os espermatozoides dentro do corpo da femia, os machos posúen órganos copuladores. Este proceso denomínase cópula.

39.

Fecundación interna:

a)

ocorre no interior do corpo do animal, como no caso de mamíferos, aves e insectos. Para depositaren os espermatozoides dentro do corpo da femia, os machos posúen órganos copuladores. Este proceso denomínase cópula.

b)

ocorre fóra do corpo do animal, como acontece en peixes e en moitos invertebrados. Só se pode producir na auga ou en medios moi húmidos, xa que os espermatozoides necesitan un medio no que poder moverse ata acadaren o óvulo.