Font size
WorksheetsUF0031_Técnicas de Venda
Total questions: 50
Worksheet time: 25mins
Cal das seguintes é unha forma de venda presencial?
Venda em feiras e exposicións
Venda por catálogo
Venda por televisión
Telemárketing
Cal é a primeira fase que debemos realizar cando desexamos emprender un negocio ou actividade de compra-venda?
Achegamento
Prospección
Presentar a mensaxe de venda
Elabora un argumentario
Cal é a función principal da realización dun bo argumentario de vendas?
Presentar os atributos do produto ou servizo
Presentar os benficios do produto ou servizo
Presentar as vantaxes do produto ou servizo con respecto á competencia
Conseguir convencer ao Público Obxectivo e realizar a venda
O servizo posvenda
Non se ten en conta no proceso de venda
É fundamental para a fidelización de clientes
Refírse únicamenta ao servizo de comprobación de tempos e condicións de envío
Todas as outras respostas son correctas
O modelo AIDA
É un modelo de técnica de venda que se corresponde coas siglas: Atención, Intención, Desexo e Acción
É un modelo de técnica de venda que se corresponde coas siglas: Acción, Intención, Desexo e Acción
É un modelo de técnica de venda que se corresponde coas siglas: Atención, Interese, Desexo e Acción
É un modelo de técnica de venda que se corresponde coas siglas: Atención, Intención, Definición do problema e Acción
Que signfica que cando estamos deseñando un produto temos que ter en conta que sexa "seriable"?
Que ten que ser algo que a clientela entenda e aprecie
Que ten que ser un produto que se poida reproducir en gran cantidade
Que ten que ser un produto parecido a outros similares do mercado para que os clientes o entendan
Que ten que ser un produto do que podamos obter distintas versións
É responsabilidade da persoa vendedora...
Marcar os prezos dos produtos
Coñecer as características do sector e da competencia
Definir o funcionamento do servizo posvenda
Indicar as canles de distribución e os métodos de entrega
Todas as anteriores
As presentacións de productos que chamamos tipificadas caracterízanse por:
Ser as mais utilizadas polas persoas vendedoras veteranas
Son as mais aconselladas cando se van presentar varios produtos ou servizos
Facilitan que a clientela se comunique coa persoa vendedora
Aforran tempo porque eliminan as posibles repeticións
As presentacións que se preparan pensando específicamente nas necesidades dun cliente concreto son:
Presentacións programadas
Presentacións preparadas
Presentacións personalizadas
Presentacións elaboradas
Se eu utilizo coma un elemento do meu argumento de vendas que a nosa empresa leva máis de 30 anos liderando o sector. Que tipo de argumento estou utilizando?
Argumento racional
Argumento sentimental
Argumento pragmático
Argumento afectivo
Se no seu argumento a vendedora dun software de xestión financeira explica que é graduada en informática e administración de empresas. Qué tipo de argumento está utilizando?
Argumento racional
Argumento obxectivo
Argumento pragmático
Argumento evidencial
Cando unha persoa mostra obxecións hacia o produto ou servizo...
Está intentando mostrar a súa disconformidade co servizo que estamos prestando
Está ofrecendo a posibilidade de que o convenzamos con argumentos
Está mostrando desinterese polo produto ou servizo
Está indicando que non quere que falemos máis do produto ou servizo
Se unha persoa nos di: "vou consultalo coa miña parella e xa lle darei unha resposta", que tipo de argumento está utilizando
Unha obxeción de indicio de compra
Unha obxeción de reflexión
Unha obxeción excusa
Unha obxeción auténtica
Cal das seguintes sería unha "auténtica obxección"
Non sei se será o produto mais adecuado para min
Esta crema contén Aloe Vera e eu son alérxico
Creo que este modelo está pasado de moda
Entón me está dicindo que con este programa informártico aforrarei un 10% do tempo que adico á facturar.
Cal pode ser unha forma axeitada de contestar a obxección dunha clienta que nos di que a outro cliente lle fixeran un desconto maior?
"Iso é imposible"
"En que se basa para dicir iso?"º
"Creo que non lle deron a información correcta porque nos non ofrecemos descontos maiores ao 15%"
"Pois entón non se preocupe que eu lle fago o mesmo desconto que lle aplicamos a eles"
Cal das seguintes é unha técnica utilizada para adiantarse as posibles obxeccións dun cliente
"Sei que está pensando se utilizará este produto con tanta frecuencia como para que mereza a pena. E eu garatízolle que sí"
"Con que compara este robot de cociña para dicir que non é funcional?"
"Pode ser que o deseño non sexa moi estético, pero é moi doado de limpar"
"Non lle podemos ofrecer financiación, pero o prezo inclúe un curso de cociña para que lle saque o máximo partido ao robot"
Cal das seguintes é unha técnica de peche
"Entón, é para vostede ou o empaqueto para regalo?"
"Se o deixa reservado hoxe, o luns podemos levarllo a casa"º
"Póñolle un kilo ou kilo e medio?"
Todas as respostas son técnicas de peche
Cando estamos inmersos nunha negociación comercial...
Temos que ter unha actitude agrsiva para que non "nos pisen"
Temos que presentarnos cunha actitude de cooperación.
Sabemos que, coma vendedores, acabaremos cedendo en todo para conseguir a venda.
Temos que propor dende o principio cales son as liñas vermellas que non imos mover baixo ningún argumento.
Cal das seguintes é unha táctica de presión usada nas negociacións
Facer concesións moi pouco a pouco
Ofrecernos a dar unha vantaxe a cambio dunha cesión pola outra parte
Incluir elementos na negociación que nun principio non estaban sobre a mesa
Cando xa se está chegando a un acordo que parece definitivo, facer unha petición máis.
Qué tipo de ténica de peche é esta: "Se espera ata a próxima semana é posible que o prezo teña subido un 15%"
Técnica de feito consumado
Ténica de petición directa
Ténica de alternativa
Técnica de acontecemento innimente
O consumidor é...
sempre a persoa que paga polo produto ou servizo
Sempre o que decide e escolle o produto ou servizo mais convinte
Sempre o que utiliza o servizo ou consume o produto
Ningunha das anteriores
Unha das características do cliente actual é
A paciencia
A fidelidade
O conformismo
O seu acceso á información
Un cliente que está moi satisfeito co noso produto ou servizo e que é moi fiel, que tipo de cliente é?
Un tipo de cliente que todos queremos ter
Un cliente que nos vai recomendar nas redes sociais
Un cliente que nos vai recomendar aos seus amigos
Todas son correctas
Un cliente terrorista é un cliente...
Insatisfeito e infiel
Insatisfeito pero fiel
Satisfeito pero fiel
Satisfeito e fiel
Un cliente refén é un cliente...
Insatisfeito e infiel
Insatisfeito pero fiel
Satisfeito pero fiel
Satisfeito e fiel
Dos diferentes tipos de clientes, cal é o que pode resultar mais fácil de convencer para que compre algo que en realidade non quere
O cliente tímido
O cliente difícil
O cliente amigable
O cliente impaciente
Que accións podemos levar a cabo para coñecer aos nosos clientes
Investigar nos informes que teñan elaborado entidades externas
Facer enquisas
Saber preguntarlles cara a cara
Todas son correctas
La atención al cliente es la gestión que realiza todo tipo de persona que esta en contacto con un cliente para satisfacer una:
Necesidad
Compra
Venta
Gana
Un dos elementos fundamentais que debe existir para que exista unha correcta comunicación é...
Que todas as partes involucradas na comunicación compartan o mesmo código
Que todas as partes involucradas na comunicación falen inglés
Que todas as partes involucradas na comunicación compartan o mesmo espazo
Que todas as partes involucradas na comunicación estén xuntas ao mesmo tempo
Cal é o obxectivo último da comunicación?
Emitir a mensaxe que queremos transmitir
Recibir unha información valiosa para nos
Compartir un momento e espazo coas persoas que nos interesan
Compartir información de tal xeito que todos entendan o que queremos explicar
Unha conversa entre o director de vendas e a directora do departamento de administración durante unha reunión de traballo é unha comunicación...
Interna e horizontal
Interna e ascendente
Interna e descendente
Externa
Unha conversa que ten a directora de loxística coa súa parella na súa casa onde lle explica que os traballadores do almacén están facendo folga é unha comunicación:
interna e informal
interna e formal
externa e formal
externa e informal
Unha conversa que ten a directora de loxística cun xornalista onde lle explica que os traballadores do almacén están facendo folga é unha comunicación:
interna e informal
interna e formal
externa e formal
externa e informal
Que é a linguaxe non verbal?
É a capacidade de comunicarnos utilizando varios idiomas
É un tipo de comunicación que mestura linguaxe escrita e xestos
Calquera tipo de comunicación que utilizan as persoas para comunicarse sen usar palabras
Son os sistemas de símbolos combinados segundo unhas normas que utilizamos para comunicarnos
Carlos dille a Luis: “Espérame que salgo en un minuto”. Esta acción a qué tipo de linguaxe corresponte?
Linguaxe non verbal
Linguaxe verbal
Linguaxe de señas
Todas as anteriores
A imaxe persoal tamén é un elemento da comunicación. Cando aparecemos desaseados, qué estamos transmitindo?
Que somos moi modernos
Que non nos interesa demasiado a persoa que temos enfrente
Que temos alerxia ao xabón
Que somos persoas pulcras e organizadas
Durante a función escolar do noso fillo estamos intentando venderlle unha casa a unha nai que está mirando o espectáculo. Cres que estamos ante unha barreira que dificulta a comunicación?
Sí, hai unha barreira asociada ao contexto
Non. Non existe ningún impedimento para poder falar da compra-venda dunha casa
Sí. hai unha barreira asociada aos prexuizos
Sí. Hai unha barreira asociada ao código
Qué é o efecto "halo" que pode causar barreiras na comunicación?
É a tendencia a xulgar as persoas pola súa raza ou idade
Prodúcese cando estamos mais pendentes de falar que de escoitar
É a incapacidade de poñernos no lugar do outro
É a tendencia a xulgar a unha persoa pola primeira impresión que nos causou.
Cal das seguintes medidas sería a mais oportuna ante unha barreira de tipo psicolóxico?
Aceitar as diferenzas e entender que non todos temos que pensar igual
Non utilizar tecnicismos
Empregar varias canles para garantir que a comunicación acaba por producirse
Ningunha das anteriores
Cando tratamos de impor as nosas opinións sen ter en conta os sentimentos da outra persoa estamos tendo unha actitude...
Agresiva
Atacante
Retadora
Negativa
Se aceitamos todas as condicións do cliente e non discutimos ningunha das súas exixencias. Que tipo de actitude estamos tendo?
Pacífica
Pasiva
Tranquila
Sumisa
Que elementos están asociados á comunicación asertiva?
Escoita activa e axilidade
Escoita activa e empatía
Empatía, escoita activa e axilidade mental
Empatía e tranquilidade
Que forma de expresarse sería a mais correcta se queremos manter unha comunicación asertiva?
"Está vostede equivocado"
"Non ten razón"
"Iso nunca sucedeu"
"Eu penso que pode haber un malentendido"
Que forma de expresarse sería a mais correcta se queremos manter unha comunicación asertiva?
"Sempre sucede o mesmo"
"Cada dous por tres estamos na mesma situación"
"Nunca vas cambiar"
"Isto acontece con moita frecuencia e eu creo que deberías cambiar"
Cal é termo que utilizamos cando nos referimos á habilidade de por a disposición do que fala toda a nosa atención e esforzo?
Empatía
Escoita activa
Asertividade
Amabilidade
Cal é termo que utilizamos cando nos referimos á capacidade de nos colocar na posición do outro e compartir os seus sentimentos?
Empatía
Escoita activa
Asertividade
Amabilidade
Se eu digo: "Entón, quere un xoguete para a súa afillada de 5 anos que vai facer anos?". Que tipo de pregunta estou formulando?
Pregunta aberta
Pregunta pechada
Pregunta de confirmación
Pregunta retórica
Cales son os obxectivos de saber preguntar?
Obter máis información do posible cliente
Verificar se a persoa coa que falamos está entendendo o que queremos dicir
Averiguar as obxeccións ocultas
Todas son correctas
Un elemento importante da fidelización de clientes é establecer categorías. Cal é o obxectivo de facer categorías de clientes?
Poder dirixir mellor a nosa comunicación
Poder dirixir mellor a nosa oferta comercial
Poder proporcionar vantaxes específicas a cada tipo de cliente
Todas son correctas
Cando facemos unha clasificación dos clientes podemos guiarnos por...
O valor potencial
A marxe de beneficio que representan
O volume de facturación
Calquera das anteriores
