Wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

A Terra e a Lúa

Total questions: 30

Worksheet time: 18mins

Name
Class
Date
1.

Cal é a importancia do planeta Tea?

a)

Foi o planeta que impactou contra a Terra primitiva.

b)

Debido á forza do impacto contra a Terra primitiva ,os fragmentos de rocha da Terra e os fragmentos da propia Tea aglutináronse formando a Lúa.

c)

Tea foi un planeta do tamaño de Marte que chocou contra a Terra cando esta so era unha esfera de rochas fundidas

d)

todas son verdadeiras

2.

hai 4600 millóns de anos orixinouse o sistema solar. Cantas versións da Terra foron trasncorrendo neste tempo?

a)

Unha soa.A Terra permanece como se orixinou a raiz do impacto co planeta Tea

b)

Dúas versións da Terra: Primeiro eran rochas fundidas.

Segundo, a Terra foise arrefriando e formando diferentes capas.

c)

Dúas.Primeiro a Terra era unha esfera de rocha fundida e despois convirtiuse nun planeta con diferentes capas coa máis quente na superficie.

d)

ningunha é certa

3.

Que se formou antes, a Terra, a Lúa ou o Sol?

a)

1º. a Terra

2º a Lúa

3º o Sol

b)

1º.o Sol a partir dunha nebulosa.

2º. a Terra primitiva a partir do disco que rodea o Sol

3º a Lúa a aprtir dos entullos da Terra e Tea cando chocaron

c)

1º a Terra

2º o Sol e a Lúa ao mesmo tempo

d)

Todas son falsas

4.

A parte sólida da Terra é ...

a)

A xeosfera

b)

A hidrosfera

c)

a atmosfera

d)

a biosfera

5.

Como se formou o Sol?

a)

A partir dos entullos orixinados co choque de Tea coa Terra

b)

A partir da agregación de materia dunha nebulosa

c)

despois dos corpos celestes do sistema solar , por agregación dos materiais sobrantes.

d)

ningunha é certa

6.

Candos e formaron as capas da Terra?

a)

Todas xuntas no momento da formación da Terra.

b)

Todas apareceron despois do impacto de Tea.

c)

a medida de que a Terra foi arrefriando nun proceso lento e gradual.

d)

cando apareceu a vida na Terra

7.

Posición da Terra no sistema solar

a)

Terceiro máis próximo ao Sol dos nove que compoñen o sistema solar

b)

Terceiro máis próximo ao Sol dos oito que compoñen o sistema solar

c)

Primeiro dos oito planetas que compoñen o sistema solar

d)

ningunha é certa

8.

A xeosfera...

a)

é a capa da Terra de maior grosor.

b)

está formada por núcleo, manto e códea

c)

é a parte sólida da Terra

d)

todas son verdadeiras

9.

unha das capas que forman a Terra e que está constituída por auga é a ....

a)

hidrosfera

b)

atmosfera

c)

biosfera

d)

ningunha é certa

10.

os estados de agregación son...

a)

os estados civís, é dicir, casado ou solteiro

b)

son as formas en que se presenta a materia, é dicir, sólida, líquida ou gaseosa

c)

refírese ás alianzas entre países

d)

ningunha é correcta

11.

o cambio de estado que fai que o líquido pase a gas é o de...

a)

evaporación

b)

condensación

c)

sublimación inversa

d)

fusión

12.

é o mesmo evaporación que ebullición?

a)

si, son dúas formas de chamar ao mesmo fenómeno

b)

non, son fenómenos que non teñen nada que ver un co outro

c)

nos dous procesos a auga pasa a gas pero na evaporación isto dáse lentamente a calquera temperatura e na ebullición a 100 grados

d)

ningunha é verdadeira

13.

elixe a resposta correcta sobre a formación da hidrosfera

a)

1º-cando a Terra era un planeta moi quente formado por rochas sufriu un gran bombardeo de meteoritos xeados

2º-mentres a Terra tivo altas temperaturas o xeo permaneceu en forma de gas

3º cando a Terra foi arrefriando a auga en estado gaseoso condensouse e deu lugar aos mares e océanos

b)

a Terra sempre tivo auga desde a súa orixe.

14.

o cambio de estado que fai que o gas pase a líquido chámase

a)

evaporación

b)

ebullición

c)

condensación

d)

fusión

15.

o cambio de estado que fai que o gas pase a sólido é

a)

fusión

b)

solidificación

c)

sublimación

d)

sublimación inversa

16.

o cambio de estado que fai que o líquido pase a sólido é

a)

sublimación inversa

b)

fusión

c)

solidificación

d)

ningunha é correcta

17.

o cambio de estado que permite que un sólido pase a gas é

a)

sublimación inversa

b)

sublimación

c)

solidificación

d)

ebullición

18.

canto sobreviviría unha persoa sen auga?

a)

case un mes

b)

uns poucos días

c)

ningunha é certa

19.

os componentes da auga son:

a)

dous átomos de osíxeno e un de dióxido de carbono

b)

dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno

c)

todas son falsas

20.

verdadeiro ou falso.A auga forma parte de todos os seres vivos

a)

verdadeiro

b)

falso

21.

por que o xeo flota?

a)

iso non é certo.o xeo non flota

b)

flota porque ten menos densidade que a auga líquida

c)

todas son falsas

22.

a auga entre 0º e os 100º mantense en estado...

a)

líquido

b)

gaseoso

c)

sólido

23.

que lle pasa á auga aos 100 º?

a)

condénsase

b)

fusiónase

c)

evapórase

d)

solidifícase

24.

que conduce máis a electricidade a auga dun río ou a auga do mar?

a)

a auga do río

b)

a auga non conduce a electricidade

c)

a auga do mar porque ten máis partículas (ións) disoltas

25.

por que cres que as temperaturas dunha cidade costeira serán máis suaves que as dunha cidade do interior da mesma latitude?

a)

porque a auga gasta moita enerxía en quentarse e para arrefriarse debe perder moita enerxía tamén.

b)

porque os océanos tardan máis tempo en quentarse ou enfriarse que a superficie da Terra .

c)

porque nas cidades preto do mar os cambios de temperatura non son rápidos debido a que o mar enfría ou quenta moi lentamente.

d)

todas son certas

26.

a auga pode disolver moitos tipos diferentes de substancias xa que...

a)

é capaz de amortecer os efectos dos cambios de temperatura

b)

é capaz de transportar multitude de substancias

27.

en que estado ou estados de agregación pode aparecer a auga na Terra?

a)

sólido

b)

líquido

c)

gaseoso

d)

sólido

líquido

gaseoso

28.

fai un esquema do ciclo da auga

29.

os procesos máis importantes do ciclo da auga son

a)

evaporación e trasnpiración

b)

condensación

precipitación

c)

infiltración

escorrentía

d)

todas son certas

30.

cal é o proceso do ciclo da auga no que a auga das precipitacións non se infiltra nin se evapora

a)

precipitación

b)

evaporación

c)

infiltración

d)

escorrentía