Wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Tema 2 - Ciencias Sociais

Total questions: 68

Worksheet time: 35mins

Name
Class
Date
1.

A maioría dos ríos europeos son...

a)

bastante longos e de caudal regular

b)

longos e de caudal irregular

c)

curtos e de caudal regular

2.

Cantas vertentes hai en Europa?

a)

3

b)

4

c)

5

d)

6

3.

As vertentes europeas son...

a)

mediterránea, do mar Negro, atlántica, ártica e do mar Cantábrico

b)

mediterránea, do mar Negro, atlántica, do mar Caspio e ártica

c)

atlántica, do mar Caspio, mediterránea, do mar Adriático e ártica

d)

ártica, do mar Negro, do mar Caspio, atlántica e do río Ebro

4.

Os ríos europeos que trascorren pola vertente ________ son pouco caudalosos e irregulares.

a)

do mar Caspio

b)

mediterránea

c)

atlántica

d)

ártica

5.

Os ríos europeos da vertente _________ son moi longos e caudalosos, por iso son navegables.

a)

mediterránea

b)

do mar Negro

c)

do río Texo

d)

do mar Caspio

6.

Na vertente _____ se atopa o río máis longo de Europa: o Volga.

a)

ártica

b)

do mar Negro

c)

atlántica

d)

do mar Caspio

7.

Os ríos da vertente _______ son os máis caudalosos de Europa.

a)

mediterránea

b)

ártica

c)

do mar Negro

d)

atlántica

8.

Os ríos europeos da vertente ________ sin moi caudalosos e permanecen conxelados durante o inverno.

a)

ártica

b)

atlántica

c)

mediterránea

d)

cantábrica

9.

Entre que zonas climáticas se atopa Europa?

a)

zona temperada e zona cálida

b)

zona cálida e zona fría

c)

zona temperada e zona fría

10.

Os climas europeos da zona temperada son...

a)

oceánico, mediterráneo e polar

b)

oceánico, continental e polar

c)

oceánico, mediterráneo e de montaña

d)

oceánico, mediterráneo e continental

11.

Os climas europeos da zona fría son...

a)

polar e continental

b)

polar e de montaña

c)

polar e oceánico

d)

polar e mediterráneo

12.

No clima ______ (europeo) as temperaturas son suaves no verán e as precipitacións son abundantes e regulares.

a)

mediterráneo

b)

continental

c)

oceánico

13.

No clima _______ (europeo) as temperaturas son altas no verán e moi baixas no inverno. As precipitacións concéntranse no verán.

a)

mediterráneo

b)

continental

c)

oceánico

14.

No clima _______ (europeo) as temperaturas son elevadas no verán e suaves no inverno. As precipitación son abundantes e no verán apenas chove.

a)

mediterráneo

b)

oceánico

c)

continental

15.

No clima ________ (europeo) as temperaturas con moi baixas no inverno e frescas no verán. As precipitacións son abundantes.

a)

polar

b)

de montaña

c)

oceánico

d)

mediterráneo

16.

No clima ________ (europeo) as temperaturas adoitan estar por debaixo de 0ºC. As precipitacións son escasas.

a)

oceánico

b)

de montaña

c)

polar

d)

continental

17.

A vexetación europea divídese en dous tipos...

a)

vexetación das zonas cálidas e temperadas

b)

vexetación das zonas temperadas e frías

c)

vexetación das zonas cálidas e frías

18.

A vexetación das zonas temperadas pode ser de tres tipos:

a)

zonas de clima oceánico, mediterráneo e continental

b)

zonas de clima oceánico, mediterráneo e polar

c)

zonas de clima oceánico, mediterráneo e canario

19.

A vexetación das zonas de clima _______ hai taigas e estepas.

a)

oceánico

b)

mediterráneo

c)

polar

d)

continental

20.

Nas zonas de clima ________ apenas hai vexetación.

a)

mediterráneo

b)

polar

c)

oceánico

d)

de montaña

21.

Os ríos de España teñen características...

a)

diferentes

b)

semellantes

22.

En que zonas se forman barrancos, corgos e torrentes?

a)

nas zonas con abundantes chuvias

b)

nas zonas con escasas chuvias

23.

Os cortes no terreo polos que discorre a auga unicamente cando chove se chama...

a)

barrancos

b)

corgos

c)

torrentes

d)

ríos

24.

Unha conca hidrográfica é...

a)

o conxunto de concas que teñen os ríos, barrancos e torrentes que verten as súas augas a un mesmo mar

b)

o territorio polo que corren un río e os seus afluentes

25.

O conxunto de concas que teñen os ríos, barrancos e torrentes que verten as súas augas a un mesmo mar chámase...

a)

torrente

b)

vertente

c)

conca hidrográfica

26.

Cantas vertentes hai en España?

a)

3

b)

5

c)

4

d)

8

27.

As vertentes de España son:

a)

cantábrica, oceánica e atlántica

b)

cantábrica, mediterránea e ártica

c)

cantábrica, do río Douro e mediterránea

d)

cantábrica, mediterránea e atlántica

28.

Os ríos da vertente cantábrica verten as augas ao...

a)

océano atlántico

b)

mar mediterráneo

c)

mar cantábrico

d)

oceáno pacífico

29.

Os ríos da vertente cantábrica son...

a)

curtos e con forte pendente

b)

curtos e sen pendente

c)

longos e con forte pendente

d)

longos e sen pendente

30.

Os ríos da vertente cantábrica nacen...

a)

no Sistema Ibérico

b)

nos Montes de Toledo

c)

na Cordilleira Cantábrica

d)

no Macizo Galaico

31.

Os ríos da vertente cantábrica teñen un caudal...

a)

pouco caudaloso e irregular

b)

abundante e regular

c)

abundante e irregular

32.

Os ríos da vertente mediterránea desembocan...

a)

no mar Mediterráneo

b)

no mar Caspio

c)

no mar Cantábrico

d)

no mar Adriático

33.

Os ríos da vertente mediterránea son...

a)

longos e pouco caudalosos, con réxime irregular

b)

curtos e pouco caudalosos, con réxime irregular

c)

longos e caudalosos, con réxime irregular

d)

curtos e caudalosos, con réxime irregular

34.

Que río é a excepción da vertente mediterránea?

a)

o río Xúquer

b)

o río Segura

c)

o río Ebro

35.

O río Ebro nace...

a)

no Macizo Galaico

b)

no Teide

c)

na Meseta

d)

na Cordilleira Cantábrica

36.

En que vertente hai corgos e torrentes?

a)

atlántica

b)

cantábrica

c)

mediterránea

d)

galaica

37.

Os ríos da vertente atlántica desembocan...

a)

no océano Glaciar Ártico

b)

no océano Glaciar Antártico

c)

no oceáno Atlántico

d)

no océano Pacífico

38.

Os ríos da vertente atlántica nacen en montañas ______ do océano Atlántico.

a)

afastadas

b)

cercanas

39.

Os ríos da vertente atlántica teñen réxime...

a)

regular

b)

irregular

40.

En cantos grupos se clasifican os ríos da vertente atlántica?

a)

2

b)

3

c)

4

d)

5

41.

Os grupos nos que se clasifican os ríos da vertente atlántica son...

a)

os ríos de Galicia, da Meseta e de Andalucía

b)

os ríos de Galicia, de Asturias e de Andalucía

c)

os ríos de Galicia, Portugal e de Andalucía

42.

Os ríos de _______ son longos e caudalosos, aínda que sofren estiaxe no verán.

a)

Galicia

b)

Meseta

c)

Andalucía

43.

Os ríos de ______ son curtos, caudalosos e de réxime regular

a)

Galicia

b)

Meseta

c)

Andalucía

44.

Os ríos de ____ son curtos e de réxime irregular, excepto un deles.

a)

Galicia

b)

Meseta

c)

Andalucía

45.

En Canarias non hai ríos, hai...

a)

corgos

b)

barrancos

c)

torrentes

46.

Os climas de España son...

a)

oceánico, de montaña, mediterráneo e subtropical

b)

oceánico, de montaña, mediterráneo e canario

c)

oceánico, atlántico, mediterráneo e subtropical

47.

O clima _____ dáse no norte da península

a)

oceánico

b)

de montaña

c)

subtropical

d)

mediterráneo

48.

O clima ______ dáse nos cumios que están por riba dos 1.500 m de altura

a)

oceánico

b)

de montaña

c)

subtropical

d)

mediterráneo

49.

O clima _____ dase nas Illas Canarias

a)

oceánico

b)

de montaña

c)

subtropical

d)

mediterráneo

50.

O clima _____ dáse na maior parte da Península, Ceuta, Melilla e nas illas Baleares.

a)

oceánico

b)

de montaña

c)

subtropical

d)

mediterráneo

51.

O clima mediterráneo ten tres variantes:

a)

típico, de interior e seco

b)

típico, de interior e de montaña

c)

típico, de interior e húmido

52.

O clima _____ ten temperaturas suaves ao logo do ano, con precipitacións abundantes e regulares.

a)

subtropical

b)

mediterráneo

c)

oceánico

53.

O clima ____ ten temperaturas moi baixas no inverno e frescas no verán, as precipitacións soen ser en forma de neve no inverno.

a)

oceánico

b)

polar

c)

de montaña

d)

ártico

54.

O clima ______ ten temperaturas suaves todo o ano, e as precipitacións máis frecuentes dánse no norte das illas.

a)

oceánico

b)

subtropical

c)

canario

d)

mediterráneo

55.

No clima mediterráneo ______ as temperaturas son suaves no inverno e cálidas no verán, as precipitación son escasas e irregulares durante todo o ano.

a)

típico

b)

de interior

c)

seco

56.

No clima mediterráneo _______ as temperaturas son extremas e as precipitacións son escasas.

a)

típico

b)

de interior

c)

seco

57.

No clima mediterráneo _____ as temperaturas son suaves no litoral e extremas no interior, e as precipitacións son moi escasas.

a)

típico

b)

de interior

c)

seco

58.

A vexetación do clima _____ é rica en especies endémicas.

a)

oceánico

b)

de montaña

c)

subtropical

d)

mediterráneo

59.

É un río Europeo da vertente mediterránea.

a)

Danubio

b)

Rin

c)

Po

d)

Pechora

60.

É un río europeo da vertente do mar Negro.

a)

Po

b)

Danubio

c)

Rin

d)

Volga

61.

É un río europeo da vertente do mar Caspio

a)

Po

b)

Rin

c)

Pechora

d)

Volga

62.

É un río europeo da vertente atlántica.

a)

Po

b)

Rin

c)

Volga

d)

Danubio

63.

É un río europeo da vertente ártica.

a)

Danubio

b)

Volga

c)

Rin

d)

Pechora

64.

É o río máis caudaloso de España

a)

Miño

b)

Ebro

c)

Texo

d)

Guadalquivir

65.

É o río máis longo de Galicia.

a)

Texo

b)

Miño

c)

Sil

d)

Douro

66.

É un río da Meseta.

a)

Miño

b)

Douro

c)

Guadalquivir

d)

Ebro

67.

É o río máis longo de Andalucía.

a)

Texo

b)

Ebro

c)

Miño

d)

Guadalquivir

68.

É o torrente máis importante das Illas Canarias

a)

Angustias

b)

Esperanza

c)

Dolores

d)

Fátima