wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Absentismo escolar

Total questions: 11

Worksheet time: 11mins

Name
Class
Date
1.

Ante unha falta de asistencia por indisposición leve, cantos días como máximo pode ser xustificada?

a)

2 días hábiles

b)

2 días lectivos

c)

3 días hábiles

d)

3 días lectivos

2.

Quen debe realizar diariamente o control de asistencia a clase?

a)

O profesor titor

b)

O profesor da área

3.

Cantos días hai para comunicar a apertura dun expediente de absentismo escolar?

a)

7 días hábiles seguintes á data na que o número de faltas superan o 10%

b)

5 días naturais seguintes á data na que o número de faltas superan o 10%

c)

7 días naturais seguintes á data na que o número de faltas superan o 10%

d)

5 días hábiles seguintes á data na que o número de faltas superan o 10%

4.

Os documentos que conforman un expediente de absentismo escolar son:

Rexistro de contactos do centro educativo cos titores legais, acta da entrevista do profesorado titor cos titores legais, acta da entrevista da xefatura de estudos cos titores legais e...

a)

Listaxe de faltas de asistencia a clase non xustificadas e rexistro de cumprimento das distintas actuacións.

b)

Listaxe de faltas de asistencia a clase non xustificadas e notificación do expediente de absentismo.

c)

Listaxe de faltas de asistencia a clase non xustificadas; rexistro de cumprimento das distintas actuacións e notificación do expediente de absentismo

5.

Unha vez activado o protocolo de absentismo, quen é o encargado de tramitar o expediente?

a)

O profesor/a titor/a, tras recoller a información de todos os profesionais que realizan algunha actuación

b)

A xefatura de estudos, tras recoller a información de todos os profesionais que realizan algunha actuación

c)

O director/a, tras recoller a información de todos os profesionais que realizan algunha actuación

6.

Onde se custodia o expediente de absentismo escolar?

a)

No despacho de direcci

b)

Na secretar

c)

No departamento de orientación

7.

Que documentos debe incluír a dirección do centro cando notifica que non se arquiva un documento de absentismo escolar?

a)

Listaxe de faltas de asistencia a clase non xustificadas e rexistro de cumprimento das actuacións e dos prazos nas que se desenvolveron

b)

Listaxe de asistencia a clase xustificadas e o rexistro de cumprimento das actuacións

c)

Rexistro de cumprimento das actuacións e dos prazos nas que se desenvolveron e o informe do director do centro

8.

Canto tempo ten a dirección do centro educativo para notificar ao Servizo Territorial de Inspección Educativa o non arquivo do expediente de absentismo escolar?

a)

30 días lectivos

b)

7 días naturais

c)

30 días naturais

d)

7 días lectivos

9.

Cando se debe notificar que hai indicios de desprotección infantil?

a)

Unha vez levadas a cabo as accións previstas no protocolo

b)

En calquera momento no que o profesorado do centro educativo aprecie indicios e con independencia da realización de accións previstas no protocolo

10.

A quen se notifican os indicios de desprotección?

a)

Ao concello de residencia do alumnado ou ao Rexistro Unificado de Maltrato Infantil

b)

Ao concello de residencia do alumnado e ao Rexistro Unificado de Maltrato Infantil

c)

Ao concello de residencia do alumnado

d)

Ao Rexistro Unificado de Maltrato Infantil

11.

Que se entende por absentismo escolar?

a)

Ausencia, dun mínimo do 10% do horario lectivo mensual, ao centro escolar sen causa xustificada do alumnado en idade de escolarización obrigatoria

b)

Ausencia, dun mínimo do 10% do horario lectivo mensual, ao centro escolar sen causa xustificada do alumnado en idade de escolarización

c)

Ausencia, dun máximo do 10% do horario lectivo mensual, ao centro escolar sen causa xustificada do alumnado en idade de escolarización obrigatoria

d)

Ausencia, dun mínimo do 15% do horario lectivo mensual, ao centro escolar sen causa xustificada do alumnado en idade de escolarización