wayground logo

Free Printable Worksheets

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

Os animais- Funcións vitais (6º)

Total questions: 36

Worksheet time: 19mins

Name
Class
Date
1.

Que tipo de nutrición teñen os animais?

a)

Heterótrofa

b)

Autótrofa

2.

Organismos que fabrican o seu propio alimento.

a)

Autótrofos

b)

Heterótrofos

3.

Os seres heterótrofos...

a)

non fabrican o seu propio alimento.

b)

fabrican o seu propio alimento.

4.

Os animais son...

a)

eucariotas e pluricelulares.

b)

procariotas e pluricelulares.

c)

eucariotas e unicelulares.

5.

En que dous grandes grupos se clasifican os animais?

a)

Vertebrados e invertebrados

b)

Vertebrados e ivertebrados

c)

Vertebrados e artrópodos

6.

Cales son as funcións vitais que realizan os animais?

a)

Nutrición, relación e reprodución

b)

Nutrición, reprodución e excreción

c)

Dixestión, respiración, circulación e excreción

7.

Obtense a materia e a enerxía necesarias para poder vivir.

a)

Nutrición

b)

Relación

c)

Reprodución

8.

Obtense información do medio ou do interior do corpo e prodúcese unha resposta axeitada.

a)

Nutrición

b)

Relación

c)

Reprodución

9.

Proceso mediante o cal os animais teñen descendentes.

a)

Nutrición

b)

Relación

c)

Reprodución

10.

Que procesos están implicados na nutrición dos animais?

a)

Nutrición, relación e reprodución

b)

Nutrición, reprodución e excreción

c)

Dixestión, respiración, circulación e excreción

11.

Transformación do alimento inxerido en substancias útiles para a célula.

a)

Dixestión

b)

Respiración

c)

Circulación

d)

Excreción

12.

Que se produce mediante a respiración?

a)

O intercambio de gases

b)

A eliminación de substancias de refugallo

c)

Elabórase unha resposta axeitada.

13.

Distribución de substancias útiles para a célula e recollida de substancias de refugallo.

a)

Dixestión

b)

Respiración

c)

Circulación

d)

Excreción

14.

Eliminación de substancias de refugallo cara ao exterior.

a)

Dixestión

b)

Respiración

c)

Circulación

d)

Excreción

15.

Por que está formado o aparato dixestivo dos animais?

a)

Tubo dixestivo e glándulas anexas

b)

Branquias, traqueas e pulmóns

c)

Órganos efectores

16.

O aparato respiratorio de moitos animais está formado por…

a)

traqueas, branquias ou pulmóns.

b)

tubo dixestivo e glándulas anexas.

c)

sangue, vasos sanguíneos e corazón

17.

O aparato circulatorio da maioría de animais está formado por…

a)

traqueas, branquias ou pulmóns.

b)

tubo dixestivo e glándulas anexas.

c)

sangue, vasos sanguíneos e corazón.

18.

Son os encargados de eliminar o dióxido de carbono.

a)

Pulmóns, branquias ou traqueas

b)

Fígado

c)

Riles

19.

Elimina substancias tóxicas verténdoas cara ao tubo dixestivo.

a)

Pulmóns, branquias ou traqueas

b)

Fígado

c)

Riles

20.

Filtran o sangue para eliminar certas substancias tóxicas a través dos ouriños.

a)

Pulmóns, branquias ou traqueas

b)

Fígado

c)

Riles

21.

Están implicados na función de relación.

a)

Órganos sensoriais

b)

Sistema nervioso

c)

Órganos efectores

d)

Tubo dixestivo

e)

Pulmóns

22.

Son os encargados de recibir os estímulos (tanto internos como externos).

a)

Órganos sensoriais

b)

Sistema nervioso

c)

Órganos efectores

23.

Procesa a información para elaborar unha resposta axeitada a cada estímulo.

a)

Órganos sensoriais

b)

Sistema nervioso

c)

Órganos efectores

24.

Executan a resposta que o sistema nervioso elaborou.

a)

Órganos sensoriais

b)

Sistema nervioso

c)

Órganos efectores

25.

Intervén un só proxenitor que dá lugar a descendentes iguais.

a)

Reprodución asexual

b)

Reprodución sexual

26.

É necesaria a intervención de dous proxenitores, un macho e unha femia.

a)

Reprodución asexual

b)

Reprodución sexual

27.

Teñen fecundación interna.

a)

Mamíferos

b)

Aves

c)

Insectos

d)

Peixes

28.

Teñen reprodución asexual. Marca.

a)

Mamíferos

b)

Esponxas

c)

Medusas

d)

Algúns vermes

e)

Aves

29.

Órganos encargados de producir os gametos.

a)

Gónadas

b)

Óvulos

c)

Espermatozoides

30.

Como se chaman as células sexuais?

a)

Gametos

b)

Gónadas

31.

Gametos dos animais machos.

a)

Espermatozoides

b)

Óvulos

c)

Ovarios

d)

Testículos

32.

Gametos das femias.

a)

Espermatozoides

b)

Óvulos

c)

Ovarios

d)

Testículos

33.

É a unión dun óvulo cun espermatozoide.

a)

Fecundación

b)

Floración

c)

Cópula

34.

Ocorre fóra do corpo da femia.

a)

Fecundación externa

b)

Fecundación interna

35.

Ocorre no interior do corpo da femia.

a)

Fecundación externa

b)

Fecundación interna

36.

Acto de unirse sexualmente para permitir a unión de gametos.

a)

Fecundación

b)

Floración

c)

Cópula