NEW
Font size
WorksheetsTest de Repaso Anatomía Dixestivo, Nutrición e Alimentación24/25
Total questions: 69
Worksheet time: 29mins
Os ácidos graxos son absorbidos a nivel intestinal por
Difusión facilitada
Transporte activo
Ósmose
Difusión pasiva
O ácido clorhídrico do estómago é producido
Polas células principais
Polas células parietais
Polas células caliciformes
Polas glándulas de Brunner
Con que relacionas o sistema porta?
Coa degradación do alimento a nivel do estómago
Coa conexión das velosidades intestinais co sistema circulatorio
Coa secrección da bile a nivel duodenal
Coa formación das feces a nivel do colon
As graxas animais conteñen cantidades importantes de
Ácidos graxos insaturados
Ácidos graxos saturados
Aminoácidos esenciais
Proteínas completas
As vitaminas teñen fundamentalmente
Función estrutural ou plástica
Función reguladora
Función enerxética
As proteínas son macronutrientes fundamentalmente de
Función estrutural ou plástica
Función enerxética
Función reguladora
As graxas son macronutrientes fundamentalmente de
Función estrutural ou plástica
Función enerxética
Función reguladora
A vitamina D a relacionas
Coa absorción de calcio nos ósos
Coa visión
Coa coagulación sanguínea
Con un efecto antioxidante
Que molécula está representada?
ATP
AMP
ADP
AMP cíclico
As substancias iniciais nunha ruta metabólica chámanse
Produtos
Metabolitos
Zimóxenos
Substratos
As reaccións degradativas que liberan ATP denomínanase
Metabolismo
Catabolismo
Glicolise
Anabolismo
As reaccións construtivas que precisan ATP denomínanase
Metabolismo
Catabolismo
Glicolise
Anabolismo
En xeral, as reaccións de oxidación son características
do metabolismo
do catabolismo
do ATP
do anabolismo
En xeral, as reaccións de redución son características
do metabolismo
do catabolismo
do ATP
do anabolismo
Cando unha substancia cede electróns...
Osixénase
Oxídase
Redúcese
Desaparece
A diferenza dos catalizadores químicos as enzimas
Son específicas
Aceleran as reaccións químicas
Actúan en pequenas cantidades
Recupéranse intactos tras a reacción
NADH + H+ é
Un enzima oxidado
Un coenzima oxidado
Un coenzima reducido
Un coenzima oxidado
Cando se activa a ruta da fermentación láctica nos músculos?
Cando estamos en repouso
Cando hai exceso de osíxeno
Cando facemos exercicio
Cando hai déficit de osíxeno
Durante a respiración celular obtéñense como produtos finais CO2 e auga. De onde procede ese CO2?
Do ciclo de Krebs
Da cadea respiratoria
Da glicolise
Da fosforilación oxidativa
O ciclo de Krebs sucede
Na mitocondria
No citoplasma da célula
Na membrana plasmática
Nos cloroplastos
Na cadea de transporte electrónico o osíxeno....
Oxídase a auga
Redúcese a ATP
Redúcese a auga
Oxídase a ATP
Na cadea de transporte electrónico o aceptor último dos electróns é
A auga
O ATP
O NAD+
O osíxeno
NADH + H+ é
Un enzima oxidado
Un coenzima oxidado
Un coenzima reducido
Un coenzima oxidado
Ademais de cunha enzima, podemos acelerar a velocidade dunha reaccións si
Diminuímos a temperatura
Aumentamos a presión
Aumentamos a temperatura
Aumentamos a cantidade de substarto
Cando unha substancia capta electróns...
Osixénase
Oxídase
Redúcese
Desaparece
A ruta esencial do metabolismo dos glícidos a partir da glicosa para obter ácido pirúvico denomínase
Ciclo de Krebs
Respiración celular
Glicolise
Fermentación
Con que relacionas esta molécula?
Coa composición das membranas celulares
Co trasvase de enerxía entre moléculas
Co 2º mensaxeiro da resposta a unha hormona liposoluble
Ningunha das outras respostas é correcta
O escorbuto é unha enfermidade que foi habitual nos mariñeiros das grandes viaxes de descubrimento en barco en séculos pasados. Con que vitamina a relacionarías?
A vitamina A
A vitamina B
A vitamina C
A vitamina E
A vitamina E a relacionas
Coa absorción de calcio nos ósos
Coa visión
Coa coagulación sanguínea
Con un efecto antioxidante
A vitamina A a relacionas
Coa absorción de calcio nos ósos
Coa visión
Coa coagulación sanguínea
Con un efecto antioxidante
As vitaminas que poden dar problemas por exceso son
As liposolubles
As hidrosolubles
A vitamina K e a E
Ningunha das outras respostas é correcta
Os alimentos cunha porcentaxe elevada de ácidos graxos saturados
Son menos saudables
Son máis saudables
O páncreas é unha glándula
Endócrina exclusivamente
Mixta
Enxócrina exclusivamente
Ningunha das outras resposta é correcta
As graxas dixírense principalmente en;___________________.
estómago
esófago
intestino delgado
fígado
Cando falamos de triturar a comida cos dentes falamos de __________________.
dixestión mecánica
dixestión química
dixestión nutritiva
dixestión molecular
O órgano que comparten o sistema respiratorio e o dixestivo é
A larinxe
A farinxe
O esófago
Os bronquios
O páncreas
Segrega a bile ao intestino delgado
É unha glándula exclusivamente exócrina
Segrega o zume pancreático ao duodeno
É unha glándula exclusivamente endçocrina
Que representa o número 4?
A farinxe
A larinxe
O esófago
A tráquea
As glándulas dixestivas que non forman parte do tubo dixestivo, pero que segregan a el os seus produtos son
As salivares, o páncreas e o estómago
As salivares, o estómago e o intestino delgado
As salivares, o páncreas e o intestino delgado
As salivares, o páncreas e o fígado
Que representa o número 6?
O estómago
O páncreas
O fígado
O esófago
O conxunto de todos os compostos químicos nos que separamos o alimento chámanse
Proteínas
Nutrientes
Lípidos ou graxas
Hidratos de carbono
Que está representado nesta imaxe?
A dieta dun día
A pirámide alimenticia
Ningunha das outras respostas son certas
A roda dos alimentos
As hortalizas e verduras son
Alimentos plásticos ou estruturais
Alimentos reguladores
Alimentos enerxéticos
Alimentos hipercalóricos
De maneira xeral, nunha dieta equilibrada a porcentaxe de proteínas debe ser aproximadamente do
55%
15%
30%
100%
O GER
É o gasto enerxético dunha persoa tendo en conta o exercicio físico
É o gasto enerxético dunha persoa en reanimación
É o gasto enerxético dunha persoa en repouso
É o aporte enerxético dunha persoa
En xeral, o GER
Varía se es home ou muller
Depende do exercicio físico que fagas
Está sempre por debaixo das 1000 Kcal
Ningunha das outras respostas son certas
De maneira xeral, nunha dieta equilibrada a porcentaxe de glícidos ou hidratos de carbono debe ser aproximadamente do
55%
15%
30%
100%
No estómago a masa de alimento que se está a disgregar pouco a pouco constitúe...
O bolo alimenticio
O quimo
O quilo
A bile
No duodeno a masa de alimento que se está a disgregar pouco a pouco constitúe...
O bolo alimenticio
O quimo
O quilo
A bile
O número 4 na imaxe é...
O páncreas
O fígado
O duodeno
O estómago
O número 8 na imaxe é...
O duodeno
O íleo
O colon
O xexuno
O número 9 na imaxe é...
O duodeno
O íleo
O colon
O xexuno
O número 10 na imaxe é...
O duodeno
O recto
O colon
O xexuno
A reabsorción da auga e de sales minerais prodúcese principalmente
No intestino groso
No estómago
No duodeno
No intestino delgado
Que substancia producen as células caliciformes?
Tripsina
Ácido clorhídrico
Pepsinóxeno
Mucina
A capa máis interna do tubo dixestivo é
A serosa ou adventicia
A submucosa
O peritoneo
A mucosa dixestiva
Por que o zume pancreático contén bicarbonato?
Para degradar as graxas no duodeno
Para dixerir as proteínas no estómago
Para neutralizar a acidez do alimento procedente do estómago
Para neutralizar a acidez do alimento procedente do intestino
Con que relacionas o plexo de Auerbach?
Coa mucosa dixestiva
Coa muscular externa
Coa submucosa
Coa serosa ou adventicia
En lóxica durante a degradación do alimento as peptidasas actúan antes que as proteasas
Verdadeiro
Falso
Unha proenzima ou zimóxeno é
Unha forma inactivada dunha enzima
Unha molécula que axuda as enzimas a realizar a súa función
Unha vitamina
O nome que recibe o bolo alimenticio no estómago
O pepsinóxeno é unha foma inactiva da pepsina, como se chaman en xeral a estas formas inactivas das enzimas?
Coenzimas
ATP
Zimóxenos
Tripsinóxenos
En lóxica durante a degradación do alimento as proteasas actúan antes que as peptidasas
Verdadeiro
Falso
Con que relacionarías as glándulas de Lieberkühn?
Co zume intestinal
Co zume gástrico
Coa bile
Co zume pancreático
A amilasa é unha enzima que rompe o amidón e podemos atopala na boca e no duodeno
Verdadeiro
Falso
As proteasas rompen
Péptidos menores a aminoácidos
Lípidos a ácidos graxos e glicerina
Polipéptidos a péptidos menores
Disacáridos a monosacáridos
A bile é esencial na dixestión
Das proteínas
Dos glícidos
Das graxas
Dos carbohidratos
A flora bacteriana ou microbiota é especialmente abundante
No intestino groso
No estómago
No duodeno
No intestino delgado
Un exemplo do que é considerado un alimento enerxético son os ricos en
Proteínas
En vitaminas
En glícidos ou carbohidratos
No esófago a masa de alimento que se está a disgregar pouco a pouco constitúe...
O quimo
O bolo alimenticio
A bile
O quilo
