wayground logo

Free Printable Worksheets

NEW

Font size

S
M
L
XL
Worksheets

OMC e outros

Total questions: 55

Worksheet time: 28mins

Name
Class
Date
1.

Un dos efectos positivos da expansión dos mercados e da actividade exportadora é:

a)

O incremento dos custos de produción e a redución da competitividade empresarial.

b)

A diminución da renda e do emprego debido á saturación dos mercados.

c)

O estímulo da produción, o aumento da renda e do emprego, e a incorporación de novas tecnoloxías nas empresas.

d)

A desaparición da competencia entre empresas nacionais e estranxeiras

2.

Entre os factores que supoñen un freo ao comercio internacional, podemos citar:

a)

O aumento das exportacións de produtos manufacturados e a estabilidade dos tipos de cambio.

b)

A inseguridade nacional, o contrabando, o aumento dos prezos dos combustibles e a escasa inversión en infraestruturas.

c)

O crecemento da demanda mundial de materias primas e a expansión das comunicacións.

d)

O descenso da débeda externa e a liberalización dos mercados financeiros.

3.

Un dos argumentos empregados para xustificar políticas proteccionistas é:

a)

O dumping ecolóxico, cando un país rexeita a competencia doutros cuxos procesos produtivos son máis respectuosos co medio ambiente.

b)

O dumping social, cando se pide protexer os sectores nacionais fronte a países con salarios moito máis baixos.

c)

A igualdade de condicións, cando todos os países practican libre comercio sen restricións mutuas.

d)

A redución dos custos empresariais mediante a eliminación de barreiras aranceleiras.

4.

Cando se fala da débeda externa dos países en desenvolvemento faise referencia a:

a)

O conxunto de obrigas financeiras que un país ten cos seus propios cidadáns e empresas, expresadas en moeda nacional.

b)

Os préstamos e investimentos realizados por gobernos estranxeiros e organismos internacionais que non xeran obriga de devolución.

c)

O conxunto de obrigas financeiras contraídas con entidades e gobernos do exterior, normalmente expresadas en moeda estranxeira, derivadas da financiación de importacións, investimentos ou compromisos públicos.

d)

As reservas monetarias que os países acumulan para financiar o seu comercio exterior e estabilizar a súa moeda.

5.

O principal obxectivo dos Acordos de Bretton Woods, establecido no ano 1944 foi:

a)

Crear un sistema de tipos de cambio flexibles sustentado no ouro como referencia exclusiva das moedas nacionais.l.

b)

Reordenar a economía mundial mediante a creación dun sistema monetario internacional baseado en tipos de cambio fixos, cunha paridade indirecta co ouro a través do dólar estadounidense.

c)

Substituír o dólar pola libra esterlina como moeda de reserva internacional e eliminar o uso do ouro nas transaccións financeiras

d)

Promover a liberalización inmediata dos mercados de capitais e a libre convertibilidade das moedas nacionais. despois da Segunda Guerra Mundial.

6.

Da Conferencia de Bretton Woods xurdiron importantes institucións financeiras internacionais como:

a)

A Organización Mundial do Comercio e o Banco Central Europeo.

b)

O Fondo Monetario Internacional (FMI) e o Banco Internacional de Reconstrución e Fomento, coñecido máis tarde como Banco Mundial.

c)

O GATT e a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE).

d)

O Fondo Europeo de Estabilidade Financeira e o Banco Europeo de Investimentos.

7.

O Acordo Xeral sobre Aranceis Aduaneiros e Comercio (GATT) tiña como obxectivo principal:

a)

Aumentar a protección dos mercados nacionais fronte á competencia exterior.

b)

Reducir a protección dos mercados e evitar que as políticas proteccionistas dificultasen o comercio internacional.

c)

Substituír o dólar por outra moeda de referencia no comercio mundial.

d)

Eliminar totalmente os aranceis agrícolas e téxtiles dende o inicio do acordo.

8.

Un dos principios fundamentais do GATT é:

a)

O establecemento de barreiras comerciais non arancelarias para defender os sectores sensibles.

b)

A discriminación positiva entre países desenvolvidos.

c)

O principio de non discriminación, que garante o mesmo trato comercial entre todos os países asinantes.

d)

O dereito de cada país a modificar unilateralmente os seus aranceis sen negociación previa.

9.

A Rolda de Tokio (1973-1979) supuxo unha ampliación cualitativa do sistema GATT porque:

a)

Introduciu compromisos sobre obstáculos non arancelarios, códigos de conduta e normas sobre subsidios e compras públicas, consolidando un marco xurídico máis sofisticado.

b)

Se centrou unicamente na redución das tarifas industriais, excluíndo calquera referencia ás medidas de defensa comercial.

c)

Estableceu por primeira vez o principio de trato especial e diferenciado para os países desenvolvidos.

d)

Logrou a plena eliminación dos aranceis agrícolas e dos subsidios ás exportacións.

10.

A Rolda de Uruguai (1986-1994) constitúe un fito histórico porque:

a)

Supuxo a substitución definitiva do sistema Bretton Woods e o paso a un réxime de tipos de cambio flotantes.

b)

Estendeu o ámbito do GATT a novas áreas —como servizos, agricultura, propiedade intelectual e solución de diferenzas— e culminou coa creación da Organización Mundial do Comercio (OMC).

c)

Eliminou as normas antidumping e antisubsidios ao considerar que freaban a liberalización do comercio.

d)

Restrinxiu a participación de países en vías de desenvolvemento, rebaixando o principio de trato especial e diferenciado.

11.

De onde proceden maioritariamente as materias primas utilizadas polos países desenvolvidos?

a)

Dos seus propios recursos naturais

b)

Doutros países desenvolvidos

c)

De países en vías de desenvolvemento

d)

De organismos internacionais

12.

Que efecto produce a expansión dos mercados?

a)

Diminúe a competencia entre empresas

b)

Frea a innovación tecnolóxica

c)

Aumenta a especialización e a economía de escala

d)

Reduce a renda e o emprego

13.

Que reclaman os sectores que senten ameazados pola competencia exterior?

a)

Redución de salarios

b)

Aumento da produción

c)

Medidas proteccionistas por parte do goberno

d)

Maior apertura comercial

14.

Que acordo internacional establece o principio da “Nación máis favorecida”?

a)

OMC – Acordo Xeneral sobre Aranceis Aduaneiros e Comercio (GATT)

b)

Acordo de París

c)

Fondo Monetario Internacional

d)

Banco Mundial

15.

Que significa o concepto de “dumping social”?

a)

Venda de produtos a prezos inferiores ao custo

b)

Competencia desleal debido a salarios máis baixos en certos países

c)

Exceso de exportacións de bens primarios

d)

Degradación ambiental por exceso de produción

16.

Que reclaman os sectores que senten ameazados pola competencia exterior?

a)

Redución de salarios

b)

Aumento da produción

c)

Medidas proteccionistas por parte do goberno

d)

Maior apertura comercial

17.

Entre as institucións creadas no marco dos Acordos de Bretton Woods, destaca o papel do Fondo Monetario Internacional (FMI), cuxa función principal era:

a)

Financiaren proxectos de reconstrución a longo prazo nos países devastados pola guerra.

b)

Conceder préstamos a curto prazo para equilibrar as balanzas de pagos dos Estados membros e garantir a estabilidade dos tipos de cambio.

c)

Servir como banco central dos países aliados, emitindo moeda internacional para o comercio exterior.

d)

Substituír as funcións do Banco Mundial na promoción de investimentos privados e na cooperación ao desenvolvemento.

18.

O principio de Nación máis favorecida (NMF) implica que:

a)

Un país pode aplicar aranceis diferenciados segundo o nivel de desenvolvemento dos seus socios comerciais.

b)

Toda vantaxe comercial concedida a un país debe estenderse automaticamente a todos os Membros da OMC, salvo excepcións previstas.

c)

As reducións arancelarias deben limitarse aos países con acordos bilaterais previos.

d)

Só se aplica ao comercio de servizos, excluíndo mercancías e propiedade intelectual.

19.

Cal das seguintes excepcións ao principio de NMF está recollida expresamente nos acordos da OMC?

a)

As políticas cambiarias que limiten a convertibilidade das moedas nacionais.

b)

A imposición de sancións comerciais por razóns políticas internas.

c)

Os acordos de libre comercio rexional e os sistemas de preferencias xeneralizadas para países en desenvolvemento.

d)

A defensa da produción nacional fronte á inflación interna.

20.

O principio de NMF está incorporado a tres acordos fundamentais da OMC. Cal das opcións identifica correctamente a súa estrutura xurídica?

a)

GATT (art. I), AGCS (art. II) e ADPIC (art. 4).

b)

GATT (art. II), AGCS (art. 4) e ADPIC (art. 2).

c)

GATT (art. III), AGCS (art. 5) e ADPIC (art. 8).

d)

Só o GATT recolle o principio, sendo os outros dous meramente complementarios.

21.

O trato nacional no marco da OMC garante que:

a)

As importacións reciban un trato preferente fronte aos produtos nacionais.

b)

Os produtos importados están exentos de dereitos de aduana.

c)

O principio se aplica antes da entrada das mercancías ao territorio aduaneiro.

d)

Unha vez no mercado interior, os produtos ou servizos estranxeiros non poden ser discriminados respecto aos nacionais.

22.

En que momento se aplica o principio de trato nacional, segundo a normativa da OMC?

a)

Antes da expedición da mercancía no país exportador.

b)

Durante o tránsito internacional da mercancía.

c)

Só a partir do momento en que o produto, servizo ou dereito de propiedade intelectual entra no mercado interno.

d)

No momento da percepción dos dereitos de aduana.

23.

A liberalización progresiva do comercio promovida pola OMC baséase principalmente en:

a)

A negociación multilateral de redución de aranceis e a eliminación de restricións cuantitativas.

b)

O establecemento unilateral de dereitos de importación polo país máis poderoso.

c)

A intervención directa do FMI nas políticas de exportación.

d)

O uso de políticas cambiarias fixas para estabilizar o comercio.

24.

O Programa de Doha para o Desenvolvemento, lanzado en 2001, ten como principal obxectivo:

a)

Imponer sancións aos países que apliquen dumping comercial.

b)

Promover a liberalización comercial con especial atención ás necesidades dos países en desenvolvemento.

c)

Substituír o sistema de consolidación arancelaria por un modelo de comercio libre total.

d)

Centralizar a política comercial mundial baixo a autoridade do FMI.

25.

Por que se considera que o sistema da OMC promove unha liberalización “gradual”?

a)

Porque só se aplica aos países desenvolvidos.

b)

Porque permite introducir reducións arancelarias progresivas e prazos máis longos de adaptación para países en desenvolvemento.

c)

Porque non admite modificacións posteriores dos compromisos.

d)

Porque impón a mesma velocidade de apertura para todos os Membros.

26.

A “consolidación” dos compromisos arancelarios na OMC significa:

a)

Fixar límites máximos aos aranceis que un país pode aplicar ás importacións.

b)

Eliminar todos os dereitos de importación en sectores industriais.

c)

Establecer aranceis mínimos obrigatorios para protexer a produción nacional.

d)

Determinar o valor de referencia do tipo de cambio fronte ao dólar.

27.

A transparencia das políticas comerciais dentro da OMC garántese, entre outros mecanismos, mediante:

a)

O Mecanismo de Exame das Políticas Comerciais, que obriga os países a notificar e publicar as súas medidas.

b)

O control directo das políticas fiscais nacionais por parte do FMI.

c)

O establecemento de continxentes fixos anuais para todos os produtos.

d)

A reserva de confidencialidade das normas comerciais internas.

28.

Cando un país exporta un produto a un prezo inferior ao seu custo de produción, incorrendo en dumping, a OMC permite:

a)

A imposición de dereitos antidumping que compensen o dano causado á industria nacional.

b)

A expulsión automática do país do sistema multilateral de comercio.

c)

A fixación obrigatoria de prezos mínimos internacionais.

d)

A concesión de subvencións compensatorias sen límite temporal.

29.

En relación coas subvencións á exportación, a normativa da OMC considera que:

a)

Son prácticas aceptables sempre que fomenten o emprego.

b)

Só están prohibidas nos sectores agrícolas.

c)

Non se consideran medidas de competencia desleal.

d)

Constitúen distorsións da competencia e poden ser obxecto de medidas compensatorias.

30.

No marco da OMC, os países en desenvolvemento dispoñen de mecanismos de trato preferente que inclúen:

a)

Exención total das normas antidumping.

b)

Prazos máis longos para aplicar os acordos e acceso preferente aos mercados dos países desenvolvidos.

c)

Posibilidade de non consolidar os seus compromisos arancelarios.

d)

Dereito a aplicar aranceis sen límites aos produtos industrializados.

31.

Que principio inspirador da OMC resume o obxectivo de favorecer aos países menos adiantados mediante flexibilidade e asistencia técnica?

a)

O principio de reciprocidade.

b)

O principio de consolidación arancelaria.

c)

O principio de trato especial e diferenciado.

d)

O principio de dumping social.

32.

A Conferencia das Nacións Unidas sobre Comercio e Desenvolvemento (UNCTAD) foi creada en 1964 coa finalidade principal de:

a)

Promover a libre competencia entre os países desenvolvidos e eliminar os subsidios agrícolas.

b)

Integrar o comercio dos países en desenvolvemento na economía mundial de forma máis xusta e estable.

c)

Supervisar o cumprimento dos acordos arancelarios da OMC

d)

Fixar os prezos internacionais das materias primas e controlar os fluxos financeiros globais.

33.

Cal das seguintes opcións define mellor o papel da UNCTAD dentro do sistema económico internacional?

a)

É unha axencia financeira que concede préstamos a curto prazo aos países con déficit exterior.

b)

É un organismo da ONU que ofrece análise, consenso e asistencia técnica para un desenvolvemento inclusivo e sostible.

c)

É unha institución reguladora encargada de sancionar o dumping comercial.

d)

É unha organización rexional que substitúe ao Fondo Monetario Internacional nos países en desenvolvemento.

34.

Cales dos seguintes obxectivos reflicten a orientación actual da UNCTAD segundo a Axenda 2030?

a)

Imponer modelos uniformes de produción industrial en países desenvolvidos.

b)

Concentrar o investimento estranxeiro só en sectores extractivos.

c)

Favorecer a apertura comercial sen atender ao impacto ambiental.

d)

Promover o crecemento económico sostible, a transformación estrutural e a resiliencia fronte a crises.

35.

O Grupo dos Sete (G7) xorde como resposta a unha necesidade específica dos países máis industrializados. ¿Cal foi o contexto principal que motivou a súa creación en 1975?

a)

A necesidade de coordinar políticas ambientais trala Conferencia de Estocolmo.

b)

A busca dun acordo global para eliminar os aranceis industriais no marco do GATT.

c)

A vontade de coordinar respostas ás crises económicas e enerxéticas posteriores á crise do petróleo de 1973.

d)

A presión dos países en desenvolvemento para participar nas decisións do FMI e do Banco Mundial.

36.

Tras a entrada de Rusia no denominado G8 e a súa posterior exclusión en 2014, ¿cal das seguintes afirmacións explica mellor o motivo desta suspensión?

a)

A falta de cumprimento de Rusia cos compromisos de redución de emisións do Acordo de Kioto.

b)

A anexión de Crimea por parte de Rusia e o conseguinte deterioro das relacións coas principais potencias occidentais.

c)

A crise financeira global de 2008 e o descenso do PIB ruso durante esa década.

d)

As presións da OMC para limitar o número de membros con dereito a voto no G7.

37.

En comparación co G20, o G7 destaca pola súa composición e orientación. ¿Cal das seguintes opcións describe con maior precisión a principal diferenza estrutural e funcional entre ambos grupos?

a)

O G7 inclúe representación formal de países en desenvolvemento e emerxentes, mentres que o G20 está restrinxido ás economías máis avanzadas.

b)

O G7 funciona como unha organización con secretaría permanente e estatutos vinculantes, mentres que o G20 é un foro informal sen estrutura institucional.

c)

O G7 reúne un número reducido de economías avanzadas con visión política e estratéxica común, mentres que o G20 integra tamén economías emerxentes para coordinar políticas macroeconómicas a escala global.

d)

O G7 é o principal órgano executivo do FMI, mentres que o G20 exerce funcións lexislativas no seo da ONU en materia económica.

38.

Cal é a finalidade do Fondo Monetario Internacional (FMI) dentro do sistema económico internacional?


a)

Substituír os bancos centrais nacionais na emisión de moeda e no control das políticas fiscais.

b)

Promove medidas que non repercuten na creación de postos de traballo.

c)

Promover a estabilidade macroeconómica e financeira mundial.

d)

Apoiar directamente as políticas sociais e os programas de benestar nos países membros.

39.

Cales das seguintes é unha das características do FMI?

a)

Proporciona axuda para o fortalecimento das capacidades.

b)

Brinda asistencia aos países de ingreso alto.

c)

O FMI financia diversos proxectos.

d)

Non lle corresponde afianzar a solidez dos sistemas económicos dos países

40.

Cal foi un grave problema para os países en desenvolvemento a partir de 1982?

a)

Alta débeda externa

b)

Baixa débeda externa

c)

Baixa inflación

d)

Sistemas financeiros fortes

41.

A liberdade dos mercados financeiros non serviu nun principio para corrixir os desequilibrios comerciais entre:

a)

Francia, Canadá e México.

b)

Alemaña, España, Rusia e Australia.

c)

Estados Unidos, China, UE e o sueste asiático.

d)

Serbia, Italia, China e Malta.

42.

En que se centra o Banco Mundial?

a)

No desenvolvemento económico a longo prazo e na redución da pobreza.

b)

No aumento das barreiras arancelarias e non arancelarias..

c)

Estabilidade financeira e cuestións macroeconómicas.

d)

Na supresión dos aranceis

43.

Cal destas afirmacións NON é un compromiso común do Grupo Banco Mundial:

a)

Aumentar a prosperidade compartida

b)

Reducir a pobreza

c)

Aumentar a brecha das desigualdades entre países

d)

Promover o desenvolvemento sostible

44.

De que se encarga o Organismo Multilateral de Garantía de Investimentos? :

a)

Proporciona seguros contra riscos políticos para proxectos dunha gran variedade de sectores nos países membros en desenvolvemento

b)

Promove o desenvolvemento económico e mellora a vida das persoas alentando o crecemento do sector privado nos países en desenvolvemento

c)

Outorga doazóns e préstamos con baixas taxas de interese para axudar aos países

d)

Proporciona produtos financeiros e asesoramento sobre políticas para axudar aos países de ingreso mediano e os países de ingreso baixo

45.

O G-77 foi establecido en:

a)

15 de xullo de 1965

b)

17 de xullo de 1965

c)

15 de xuño de 1964

d)

7 de xuño de 1964

46.

A "Declaración Conxunta dos 77 países en desenvolvemento" foi emitida en:

a)

Ao comezo da primeira sesión da Conferencia da UNCTAD.

b)

Ao final da última sesión da Conferencia da UNCTAD.

c)

Ao final da primeira sesión da Conferencia da UNCTAD.

d)

Ao comezo da segunda sesión da Conferencia da UNCTAD.

47.

O G-77 é:

a)

A maior organización gobernamental de países en desenvolvemento.

b)

A maior organización non gobernamental de países en desenvolvemento.

c)

A maior organización intergubernamental de países en desenvolvemento.

d)

A maior organización non intergubernamental de países desenvolvidos.

48.

Cantas roldas tivo ata día de hoxe a GATT?

a)

-5.

b)

-8.

c)

-10.

d)

-25.

49.

En que ano se creou o GATT?

a)

-1915.

b)

-1933.

c)

-1947.

d)

-1981.

50.

Sobre qué campo traballa principalmente o GATT?

a)

-Temas arancelarios, aduanas etc.

b)

-Impacto sobre a pegada ecolóxica.

c)

-Relacións comerciais da UE con países latinoamericanos.

d)

-Transporte marítimo transoceánico

51.

Na OMC os países consolidan os seus compromisos cando abren os seus mercados. ACTUALMENTE qué porcentaxe representa os aranceis consolidados na agricultura?

a)

-100 por cento.

b)

-75 por cento.

c)

-50 por cento.

d)

-25 por cento.

52.

Que significan as siglas GATT (Siglas en inglés)

a)

- Acordo Xeral sobre Aranceis Aduaneiros e Comerciais.

b)

-Grupo de Amigos Tratando con Trump.

c)

-Grupo de Asociación de Temática Tenebrosa.

d)

-Grecia, Alemania, Turquía, Túnez.

53.

Cales destas afimacións son correctas, respecto dos países da OMC.

a)

-Moven o 98% do comercio mundial.

b)

-Teñen a súa sede central en Estambul.

c)

-Representan a 166 países.

d)

-A primeira e a terceira son correctas

54.

En canto a rolda celebrada en Uruguay, pódese afirmar que:

a)

-Non tivo valor vinculante.

b)

-Non experimentou incremento de ningún tipo.

c)

-Só foron vinculantes os compromisos ca UE.

d)

-Houbo un incremento de compromisos vinculantes.

55.

8) En moitos dos seus acordos, a OMS esixe que os gobernos divulguen públicamente as súas políticas e prácticas no país.

a)

-Verdadeiro

b)

-Falso